"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
CAPITAIS
Capital do departamento francés de Charente (42.876 h [1990]), á beira do Charente. Angulema é un centro administrativo, comercial e industrial (fundicións, celulosas e outras industrias). A Catedral de San Pedro, do s XII, é un exemplo típico das igrexas románicas de influencia bizantina e coas cúpulas propias do SO francés. A casa do concello (1858-1868) é de estilo medieval. Ten un museo de etnografía africana e oceánica. Antiga capital do Angoumois, no 850, Carlos o Calvo erixiuna en condado e doouna a Vulgrin I. No 1515, Francisco I anexionou o condado e elevouno a ducado.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Luis Antonio de Borbón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise das follas nas que os nervios laterais forman un ángulo agudo co principal.
-
VER O DETALLE DO TERMO
-
Rexión do plano limitada por dúas semirrectas de orixe común. Para medir ángulos utilízanse diversas unidades: o ángulo recto, o grao sesaxesimal, o grao centesimal e o radián. O grao sesaxesimal obtense dividindo o ángulo recto en 90 partes iguais; divídese en 60 minutos e o minuto en 60 segundos. As abreviaturas utilizadas son: °, ’, ”. O grao centesimal (g) é a centésima parte do ángulo recto; divídese en 100 minutos e o minuto en 100 segundos. O radián é o ángulo determinado por dous radios dunha circunferencia que comprenden un arco da mesma lonxitude ca o radio.
-
ángulo agudo
Ángulo menor ca o recto.
-
ángulo cóncavo
O que comprende a prolongación dos lados de dúas semirrectas que parten dun mesmo punto. Ocupa tres rexións angulares.
-
ángulo convexo
O que non comprende a prolongación dos lados de dúas semirrectas que parten dun mesmo punto. Ocupa unha ou dúas rexións angulares.
-
ángulo curvilíneo
Ángulo que ten como lados dous segmentos de curva. O seu valor é o das tanxentes ás dúas curvas no vértice.
-
ángulo diedro
Rexión do espazo obtida como intersección de dous semiespacios.
-
ángulo do centro
Ángulo que ten o vértice no centro dunha circunferencia e ten como lados dous radios. Vale igual ca o arco que subtende.
-
ángulo esférico
Ángulo formado pola intersección de dous círculos máximos nunha superficie esférica. En astronomía os ángulos esféricos mídense polo arco percorrido por un punto ou un astro, en graos sesaxesimais ou ben polo tempo en horas, minutos e segundos que transcorren dende o seu paso por un punto ata outro.
-
ángulo exterior a un círculo
Ángulo que ten o vértice exterior na circunferencia e ten como lados dúas secantes. Vale a metade da diferenza dos dous arcos subtendidos.
-
...
-
-
PERSOEIRO
Historiador da arte. Catedrático da universidade de Madrid e director do Museo del Prado (1968) e do Instituto Diego Velázquez. Especialista en pintura castelá, sobre todo dos ss XVI e XVII ( Pintura del siglo XVI, colección Ars Hispaniae, 1955). É autor de traballos para a revista Archivo Español de Arte, da que foi director. No ano 1981, publicou a obra Murillo, pola que lle foi outorgado o Premio Elie Fauve (1982).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calidade de anguloso.
-
-
Que ten ángulos ou esquinas.
-
Que presenta unhas faccións moi marcadas.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Título feudal escocés pertencente á familia dos Stuart de Bonkyl. A liñaxe titular, de orixe celta, extinguiuse a mediados do s XIII. O título foi tomado de novo en 1389 por George Douglas (morto en 1403), fillo natural de William Douglas e de Margaret Stewart de Angus. Ao morrer o décimo terceiro conde (1761), o título pasou a James Douglas, sétimo duque de Hamilton.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe latina que se emprega na composición de palabras co significado de ‘estreito, puntiagudo’.
-
-
Estado de aquel que está angustiado ou abatido a causa dun desgusto ou da opresión da atmosfera.
-
Malestar profundo, físico e psíquico, determinado pola impresión dun perigo inminente ou indeterminado, ou polo temor dun acontecemento desagradable ante o que o home se amosa impotente. Pódese manifestar en forma de crise ou como un estado permanente. Comporta trastornos do sono, irritabilidade, astenia, diminución do desexo sexual e trastornos neurovexetativos diversos. A situación vívese como un pesadelo obsesionante, o que dá lugar a unha inquietude constante que pode converterse en pánico. Os síntomas somáticos poden predominar, e entón o aspecto psíquico pasa a un segundo termo. Caracteriza a neurose de angustia, pero tamén se pode atopar en afeccións orgánicas, sen que haxa vestixios de conflito ou predisposición intrapsíquica. Psicoloxicamente, cómpre distinguir entre a angustia obxectiva e a angustia interna. A primeira dáse principalmente nas fases primitivas da evolución da personalidade, e prodúcese polo conflito entre un impulso e unha causa externa á propia...
-
-
Inquietude metafísica e moral que se manifesta na conciencia de ser un individuo separado do todo universal, o que produce dor. Tamén expresa a loita entre a realización dun destino persoal baixo o signo da liberdade e a ameaza da nada. O filósofo romanés E. M. Cioran puxo en relación este concepto coa palabra ennui do francés e coa saudade do galego e do portugués, palabras que para el son intraducibles.
-
Estado anímico, característico do home, que lle revela a nulidade da súa existencia. Segundo Kierkegaard, a angustia é existencial porque revela a finitude humana. Heidegger designa con este concepto aquela situación na que a nada revélaselle ao home como o fundamento da existencia.
-
-
Teoría elaborada por Harold Blomm (The Ansiety of Influence, 1973) que interpreta en clave edípica o conflito que viven os autores do presente con respecto aos do pasado. Segundo o crítico, o escritor novo teme a carga opresora e influenciadora da tradición, e resiste a angustia da influencia mediante o misreading ou malinterpretación dos textos dos precursores.
-
-
-
de angustiar.
-
Que ten angustia.
-
-
-
Producir angustia, xeralmente nunha persoa que atravesa unha serie de problemas ou a consecuencia dun estado físico ou psíquico débil.
-
Poñerse angustiado por un problema físico ou psíquico, un malestar, etc.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
O antropónimo feminino Angustias procede, etimoloxicamente, do substantivo común latino angustia ‘angustia, aflición’ e este, á súa vez, do latín angustus ‘angosto, estreito’. O xermolo deste nome está na advocación granadina da Virxe, a Nosa Señora das Angustias. A súa festividade celébrase o 15 de setembro, agás en Boiro, onde se conmemora o 25 de maio.
-
VER O DETALLE DO TERMO
De folla estreita.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que causa ou produce angustia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Dise do ovario ou do froito que ten unha terminación estreita en relación co ancho máximo. Aplícase principalmente a algunhas silículas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alcaloide do peiote que forma cristais solubles en auga quente e nos ácidos, que se funden a 189-191°C.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antigo territorio de Alemaña central que se estendía, dividida en diferentes fragmentos, en dirección NL-SO dende Fläming ata o baixo Harz. A capital era Dessau. Actualmente forma parte do land alemán de Saxonia-Anhalt. Creada como un principado do Sacro Imperio, o primeiro príncipe foi Enrique I o Vello (1170-1252) no ano 1212, co título de conde. Dividiuse en varias ramas ata que a liña dos príncipes de Anhalt-Dessau reuniu as posesións das outras liñas e, en 1807, todo o territorio converteuse no Ducado de Anhalt. En 1866 adheriuse á Confederación de Alemaña do Norte e despois ao Imperio alemán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Falto ou carente de harmonía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Perda de afectividade caracterizada pola incapacidade de experimentar pracer.