Angulema

Angulema

Capital do departamento francés de Charente (42.876 h [1990]), á beira do Charente. Angulema é un centro administrativo, comercial e industrial (fundicións, celulosas e outras industrias). A Catedral de San Pedro, do s XII, é un exemplo típico das igrexas románicas de influencia bizantina e coas cúpulas propias do SO francés. A casa do concello (1858-1868) é de estilo medieval. Ten un museo de etnografía africana e oceánica. Antiga capital do Angoumois, no 850, Carlos o Calvo erixiuna en condado e doouna a Vulgrin I. No 1515, Francisco I anexionou o condado e elevouno a ducado.