"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Manzaneda baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Palas de Rei baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. De estilo románico, construíuse no s XII. Ten unha soa nave e capela rectangular. Destaca o arco triunfal con triplo arco abucinado, pero só o intermedio descansa sobre columnas, que teñen bases áticas e capiteis historiados. No capitel esquerdo atópanse tres figuras barbadas, con túnicas e aureolas arredor da cabeza; a do medio sostén un libro aberto diante do seu peito, agarrándoo coas dúas mans; e no dereito aparecen catro figuras humanas de características semellantes, pero unha está sentada e coas mans apoiadas sobre os xeonllos. Os cimacios están decorados con elementos fitomorfos moi estilizados. A porta principal ten dobre arquivolta de medio punto moldurada por medio de boceis e medias canas e rodeadas por unha chambrana de tacos. Están sostidas por catro columnas acobadadas que presentan capiteis de decoración vexetal.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa situada no municipio de Gradelfes, na provincia de León, unha das máis representativas da arte mozárabe. Construída no s X, pertenceu a un antigo mosteiro. Ten planta basilical, con tres naves e tres ábsidas con planta de ferradura, e unha nave no transepto. Ten un pórtico lateral formado por doce arcos de ferradura, con columnas e capiteis doutros edificios.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Xeólogo. Doutor en Ciencias Naturais pola Universidad de Madrid, en 1911 foi nomeado catedrático de Xeografía Física e Xeoloxía Dinámica da Universitat de Barcelona. En 1942 trasladouse a Madrid, onde foi catedrático de Petrografía e Estratigrafía. Director do Museo Nacional de Ciencias Naturales (1956-1961), fundou e dirixiu o Instituto Lucas Mallada do CSIC. Escribiu Las clasificaciones mineralógicas cualitativas y cuantitativas (1941) e Estudia de los minerales petrográficos (1945).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Baralla. Construída sobre un castro aproveitando unha fortaleza medieval, conserva a ábsida románica, a bóveda de canón e capiteis historiados. Foi declarada BIC en 1996.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada en Penas (Monterroso). Ten forma de L, formado pola torre da homenaxe dun antigo castelo e o pazo propiamente dito. A torre ten planta rectangular, con tres pisos e soto, con seteiras e ventás nos muros. O pazo ten unha soa planta e patín. Está pechada por un muro cunha porta de acceso arquitrabada, flanqueada por escudos que fan referencia aos Ribadeneira e aos Taboada.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Forcarei baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
CAPITAIS
Capital da provincia de Tucumán, Arxentina, situada na rexión do Norte (527.607 h [2001]). Está situada na beira do río Salí, afluente do Dulce, e ao pé da cordilleira preandina. Ten industrias alimentarias, de materiais da construción e de calzado.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
LOCALIDADES
Localidade do municipio de Valverde de la Virgen, provincia de León, Castela e León, situada á beira do Camiño Francés de peregrinación a Santiago. Conserva os restos dun hospital de peregrinos do s XII.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade da provincia de La Habana, Cuba (134.730 h [estim 1981]). Coa expansión de La Habana chegou a ser parte da área metropolitana da capital.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Castroverde baixo a advocación de san Miguel.
VER O DETALLE DO TERMO