San Miguel de Escalada

San Miguel de Escalada

Igrexa situada no municipio de Gradelfes, na provincia de León, unha das máis representativas da arte mozárabe. Construída no s X, pertenceu a un antigo mosteiro. Ten planta basilical, con tres naves e tres ábsidas con planta de ferradura, e unha nave no transepto. Ten un pórtico lateral formado por doce arcos de ferradura, con columnas e capiteis doutros edificios.