"AP" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2743.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que é da natureza do xabón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas, da familia das carofiliáceas, ao que pertence o albitorno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que produce xabón.
-
VER O DETALLE DO TERMO
saponificable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode saponificar.
-
-
Acción de saponificar.
-
Procedemento que consiste en tratar un éster cun alcalino acuoso, como o hidróxido sódico, para conducir á formación dun alcohol e do sal alcalino do ácido.
-
Número de miligramos de hidróxido potásico necesarios para saponificar un gramo dunha mostra dun éster dunha mestura que os conteña.
-
-
-
Converter unha substancia graxa en xabón.
-
Descompoñer un éster, por calquera procedemento de hidrólise alcalina, para formar un ácido e un alcohol.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Glicósido vexetal que posúen diversas plantas, particularmente na Saponaria officinalis.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mineral de composición variable. Basicamente é un silicato de aluminio e magnesio hidratado. É compacto, uniforme, graxo e untuoso ao tacto. Ten unha dureza de 1,5 e unha densidade de 2,3. OBS: Tamén se denomina pedra de xabón.
-
PERSOEIRO
Rei sasánida de Persia (241-272), fillo de Ardašīr, fundador da dinastía sasánida. Loitou en diversas ocasións contra Roma e capturou o Emperador Valeriano (260), a quen tivo prisioneiro ata a súa morte. Atribúeselle a fundación de Gondēšāpūr, cidade famosa polo cultivo da ciencia médica e a filosofía helenístico-oriental.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Rei sasánida de Persia (310-379), fillo de Ormazd II. Defendeu o mazdeísmo e loitou contra os romanos durante 26 anos. Asinou un tratado de paz co Emperador Xoviano (363) e obtivo Nísibis e os territorios romanos do Tigris.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo ou pertencente ás sapotáceas.
-
Planta da familia das sapotáceas.
-
Familia de plantas da orde das ebenais, constituída por plantas leñosas lactíferas, de follas simples, enteiras e habitualmente alternas, de flores regulares e xeralmente hermafroditas, a miúdo agrupadas en inflorescencias ramificadas, e de froitos en vaíña. Son especies tropicais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Derivado que se obtén como produto da hidrólise das saponinas.
-
PERSOEIRO
Xeógrafo alemán. Gran coñecedor da xeografía física e humana de América Central, realizou estudos de vulcanoloxía e visitou a área mediterránea e Canarias. Escribiu Grundiss der physikalischen Geographie von Guatemala (Resumo da xeografía física de Guatemala, 1894), Wirtschaftsgeographie von Mexico (Xeografía económica de México, 1908) e Die Tropen (Os trópicos, 1927).
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital da illa e do ken de Hokkaidō, en Xapón (1.822.368 h [2000]). Situada na chaira de Ishikari, ao pé da serra volcánica de Hokkaidō, é un centro turístico. Foi sede dos Xogos Olímpicos de inverno de 1972.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘apodrecido, podre’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Septicemia que se cría que era debida a unha intoxicación producida polo paso no sangue de produtos tóxicos procedentes de tecidos gangrenosos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
sapr(o).
-
-
Que se desenvolve sobre un ser orgánico morto ou sobre substancias orgánicas.
-
Organismo que se desenvolve nos medios acuáticos continentais caracterizados pola presenza dunha cantidade, máis ou menos grande, de materia orgánica. Na práctica, a presenza destes organismos considérase como un sistema indicador dos diferentes graos de polución da auga. Segundo a cantidade de materia orgánica, fálase de organismo oligosaprobio, mesosaprobio e polisaprobio.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Condición dos organismos saprobios.