Sapporo

Sapporo

Capital da illa e do ken de Hokkaidō, en Xapón (1.822.368 h [2000]). Situada na chaira de Ishikari, ao pé da serra volcánica de Hokkaidō, é un centro turístico. Foi sede dos Xogos Olímpicos de inverno de 1972.