"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Conxunto de funcionarios.
-
-
Persoa que exerce unha función pública.
-
Persoa que presta os seus servicios de maneira permanente nunha organización internacional integrándose no seu aparato executivo ou administrativo. Conservan a nacionalidade dun estado membro da organización pero non representan os seus intereses nin admiten instrucións do mesmo. A natureza da relación xurídica co organismo é nalgúns casos de índole contractual e noutros de carácter estatutario ou regulamentado pola lei e os regulamentos propios de funcionarios. Os seus dereitos e obrigas derivan, entre outras fontes, dos tratados constitutivos da organización internacional, dos estatutos de persoal e dos contratos subscritos entre o funcionario e a organización. Os altos funcionarios das organizacións internacionais adoitan gozar de inmunidade e outras prerrogativas acordadas en función do dereito internacional.
-
Persona incorporada á Administración por unha relación de servicios profesionais e retributivos, regulada polo dereito administrativo. A súa situación está regulamentada e legalizada polo denominado estatuto do funcionario. Como consecuencia da relación de servicios, ten unha serie de dereitos e deberes regulados por diversas leis. Despois de superar os procesos de selección para o ingreso no corpo de funcionarios (oposición, concurso, concurso-oposición), prodúcese o nomeamento pola autoridade competente e a toma de posesión. A perda da condición de funcionario prodúcese por renuncia, perda da nacionalidade española, sanción disciplinaria de separación de servicio, pena principal ou accesoria de inhabilitación e nos casos de xubilación forzosa ou obrigada. A provisión de postos de traballo realízase mediante o concurso de méritos, a libre designación e a reasignación e redistribución de efectivos. Os funcionarios poden atoparse en diversas situacións administrativas: servizo activo, servicios...
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Asociación que se creou oficialmente en 1984 coa intención de promover o uso do galego nas administracións públicas. Os seus membros fundacionais foron Xosé González Martínez, Xoaquín Monteagudo Romero, Xermán García Cancela e Carlos Díaz Abraira. En 1984 a AFNLG propúxolle a Xerardo Estévez, a convocatoria dunha xuntanza de rexedores municipais galegos para orientar a política lingüística nos concellos galegos. Posteriormente a AFNLG asinou con colectivos pertencentes ao ámbito do dereito convenios de colaboración para normalizar e estender o uso do galego. Coa Dirección Xeral de Política Lingüística editáronse por primeira vez textos xurídicos en lingua galega e creáronse gabinetes de asesoramento lingüístico nas audiencias provincias e no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Como consecuencia disto, maxistrados como Daniel García Ramos, Pablo Sande, Orencio Pérez González, Benito Montero, Carlos Varela, Xosé Xoán Barreiro Prado e Fernando Leiceaga, moitos xulgados e tribunais de...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación creada polo pintor Antoni Tàpies en 1984 para o estudo da arte contemporánea. En 1990 inaugurouse a súa sede no edificio da antiga editorial Montaner i Simon de Barcelona. As súas actividades céntranse na investigación artística e na organización de exposicións, seminarios, conferencias, concertos e actividades culturais de arte contemporánea. A biblioteca está especializada en arte de culturas non occidentais e arte do s XX e ten un arquivo exhaustivo sobre o pintor Tàpies.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación creada en 1972 en Puerto Rico por Pau Casals. Os seus obxectivos principais son organizar e conservar a Casa-Museu Pau Casals de San Salvador del Vendrell (aberta na súa totalidade en 1976) e promover, protexer e difundir entre o pobo o estudo e o coñecemento da música clásica. Entre outras actividades destacan as axudas concedidas a estudiantes, a iniciativa e a xestión da construción do Auditorio Pau Casals e a organización de diversos concertos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Entidade sen ánimo de lucro creada en 1990 coa finalidade de promocionar un mecenado social e cultural. Estrutúrase en catro grandes programas: o educativo, cun programa de investigación e bolsas; o cultural, co patrocinio de diferentes actividades; o social, con actividades de mellora da calidade de vida dos cidadáns; e o desenvolvemento rural e do medio ambiente. Dispón de diversos equipamentos, como o Museu de la Ciència en Barcelona, de centros culturais e dunha gran rede de salas de exposicións e outra de bibliotecas.
-
-
Acción de fundar.
-
Establecemento ou institución de carácter benéfico, piadoso ou cultural, que se funda e se mantén con bens dun particular.
-
-
Organización constituída sen finalidade lucrativa que, por vontade dos seus creadores, os fundadores, teñen afectado de modo duradeiro o seus patrimonio á realización de obxectivos de interese xeral. Ten personalidade xurídica propia. En España está regulamentada pola Lei de Fundacións de 24 de novemmbro de 1994. Poden constituír fundacións persoas físicas e xurídicas, tanto públicas como privadas. Réxense pola vontade do fundador e polos estatutos que forman parte do documento constitutivo da fundación. O padroado é o seu órgano de goberno e de representación, entre as súas funcións, atópanse cumprir os fins fundacionais e administrar os bens e dereitos que integran o seu patrimonio. Extínguense cando expira o prazo para o que se constituíron, ao realizar integramente o seu fin fundacional, en caso de imposibilidade da realización do seu fin, ao fusionarse con outra fundación, ao concorrer calquera causa prevista no acto constitutivo ou nos estatutos, ou cando concorra outra causa establecida...
-
Patrimonio deixado a unha persoa moral eclesiástica a cambio de celebrar misas ou outras funcións eclesiásticas cos seus intereses.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro creada co obxectivo de custodiar e promover o arquivo do patrimonio histórico de CC OO de Galicia e impulsar actividades culturais, de investigación, divulgación, estudo e reflexión sobre os temas que interesan aos traballadores e ao Sindicato Nacional de CC OO de Galicia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Revista editada en Pontevedra a partir de abril de 1993. Exerceu como voceiro informativo da devandita entidade e contaba co apoio da Consellería de Cultura. No seu consello editorial figuraban Guillermo Campos, Xosé Mª García, Ramón Latas e Xosé Castro, quen se encargaba da coordinación e deseño. Ademais de datos culturais, centraba os seus artigos en aspectos biográficos do político ourensán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro constituída por Amancio Ortega, presidente do grupo Inditex, cun capital inicial de 10.000 millóns de pesetas o 10 de xullo do 2001. Entre os seus obxectivos destacan o desenvolvemento e modernización dos procesos de ensino e aprendizaxe mediante a incorporación de tecnoloxías avanzadas nos centros escolares. Os seus proxectos comezaron co apoio á educación primaria e infantil no Centro de Ensino Infantil e Primaria Ponte dos Brozos, de Arteixo (A Coruña). Está prevista a súa extensión aos campos da educación, da cultura, da investigación e da ciencia.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu o 9 de agosto de 1999 trala firma dun protocolo entre o conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, o alcalde de Santiago de Compostela e Antonio Fraguas Fraguas. Ten como espazo e referencia o Museo do Pobo Galego e o seu patrimonio está constituído polas achegas dos patróns e socios do Museo. Entre os seus obxectivos inclúense a conservación e dinamización do legado patrimonial que Antonio Fraguas reuniu ao longo da súa carreira, para incrementar a investigación, a divulgación e a conservación dos lugares da memoria de Galicia, así como asegurar que o Museo do Pobo Galego poida cumprir adecuadamente os seus fins.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro creada en 1989 por Caixa Galicia coa finalidade de promover as actividades culturais en calquera das súas posibles manifestacións. Ten a súa sede principal na Coruña. Centrouse no eido da investigación, das belas artes e da promoción cultural e na concesión de bolsas. Convoca diversas actividades de índole cultural. O interese polas artes plásticas deu lugar á creación da Colección Caixa Galicia (1996), con sede na Coruña, constituída por fondos xa existentes e enmarcada nunca política de novas adquisicións que ten en conta as achegas da arte máis nova en Galicia. Pintura, escultura, instalacións e fotografía constitúen os fondos da colección. Posúe varias salas de exposicións e participa así mesmo, en mostras de arte contemporánea. Conta cun servizo pedagóxico para estudiantes e realiza talleres para os mais novos. Dende o curso 1997-1998 concede diversas bolsas de estudios no estranxeiro.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro constituída o 9 de setembro do 2002. Entre os seus obxectivos destacan a difunsión da obra do escritor Carlos Casares e o desenvolvemento de actividades relacionadas coa súa idea de promoción da cultura, da lingua e do galeguismo, e o fomento de actividades culturais e científicas de carácter xeral relacionadas cos campos de traballo e as inquedanzas do escritor. O seu padroado está constituído por vinte e un membros, entre os que se encontran diversas institucións como a Consellería de Cultura, o Concello de Vigo, o Concello de Ourense, o Consello da Cultura Galega, a Real Academia Galega e a Fundación Penzol. No padroado están presentes empresas como Caixagalicia, Caixanova, La Voz de Galicia e Editorial Galaxia. Son membros do padroado con carácter vitalicio Kristina Berg, Xavier Casares Mouriño, Mercedes Casares Mouriño, H<kan Olof Roi Casares Berg e Lars Christian Casares Berg. O consello rexedor está integrado por Darío Villanueva, Manuel Rivas, Manuel...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro creada en 1996 polo Real Club Celta de Vigo coa colaboración de diversas empresas e persoas individuais. O seu obxectivo principal é fomentar o desenvolvemento deportivo e cultural dos máis novos, promovendo a práctica do deporte. Concede bolsas deportivas a mozos e axudas aos atletas e a actividades deportivas como o alpinismo, o ciclismo e o hóckey. Entre as actividades que organiza destaca a celebración de campus de fútbol destinados aos rapaces no verán. Dende as Aulas de Formación imparte cursos de diversa índole e, xunto coas universidades de Vigo e Santiago de Compostela, organiza un máster en xestión e administración de entidades deportivas, cursos de posgrao para licenciados sobre psicoloxía aplicada ao deporte e á actividade física, e cursos validables con créditos de libre elección. En 1999 creou o Museo Deportivo del Real Club Celta de Vigo, que mostra a historia do club, e o Museo de Arte Deportivo, primeiro en temática deportiva de Galicia e un...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro con sede en Betanzos creada en 1997 coa finalidade de promover e difundir as artes plásticas, en xeral, e a arte gráfica, en particular. A súa orixe está nos Cursos Internacionales de Gráfica, organizados dende 1985 polo artista Jesús Núñez, presidente da fundación. Ten a súa sede na casa Núñez, edificio modernista situado no centro histórico da vila que ofrece amplos espacios dedicados ás artes gráficas e que está concibido como un lugar de exposición, de traballo, de ensino e de encontro. Organiza cursos prácticos e teóricos sobre técnicas tradicionais, como o gravado calcográfico, a litografía, a xilografía e a serigrafía, e sobre novas tecnoloxías artísticas e industriais aplicadas á estampa. Conta cunha biblioteca e cunha colección de gravados coa que se formou en 2002 o Museo de la Estampa Contemporánea.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro creada polo Concello da Estrada no 1994 coa intención de apoiar unha serie de iniciativas culturais e facilitar a súa consolidación e espallamento. Entre as actividades que promove destacan Radio Estrada, o Museo Manuel Reimóndez Portela, a Coral Polifonica da Estrada, o Grupo de Baile e Música Tradicional Tequexeteldere e o Grupo de Teatro Os Tirinautas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro crada en 2002 en Artes (Ribeira). Naceu coa finalidade de xestionar e organizar as actividades do Museo do Gravado e da Estampa Dixital de Artes. O seu presidente fundador é o promotor do museo, Javier Expósito. Na súa creación participaron, entre outras institucións, a Consellería de Cultura, a Deputación da Coruña, o concello de Ribeira, o Museo del Prado, a Calcografía Nacional e a Universidade de Santiago de Compostela. Entre as súas actividades está a organización de exposicións e outros actos arredor da arte gráfica.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro constituída en Ribadavia durante os días 4 e 5 de maio de 1998 por acordo da Asociación Coordinadora Festa da Istoria. Entre os seus obxectivos destacan a contribución á dinamización cultural e social e á expansión económica do seu contorno; colaborar na mellora e fomento das zonas monumentais, así como na recuperación histórica de monumentos e edificios, e contribuír á promoción turística con actividades que promovan o interese pola comarca. Despois da aprobación dos estatutos polo Concello de Ribadavia o 28 de maio de 1998, estableceuse un padroado como órgano de goberno e representación formado por un mínimo de 10 membros baixo a presidencia do alcalde de Ribadavia. Os vocais distribúense entre os representantes da asociación coordinadora Festa da Istoria, que contan con dous tercios, e ás entidades, asociacións e empresas que se integren na fundación que se reparten o terzo restante. O padroado elixe entre os seus membros o vicepresidente, o secretario e...
-
VER O DETALLE DO TERMO
[FOESGA] Fundación sen ánimo de lucro que se constituíu o 23 de abril de 1997. Entre os seus obxectivos inclúense a organización de actividades docentes de caracter universitario, profesionais, sociais ou culturais, relacionadas con aspectos estratéxicos do desenvolvemento de Galicia, para a organización de todo tipo de prácticas docentes.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro constituída por iniciativa de Fermín Fernández Penzol-Labandera en Vigo o 7 de abril de 1963, co apoio da editorial Galaxia e aconsellado por Ramón Piñeiro e Francisco Fernández del Riego. Entre os seus obxectivos destaca a conservación da colección Penzol, formada por publicacións periódicas, libros, documentos, folletos impresos, papeis manuscritos, álbums fotográficos, mapas e planos. Preténdense que a Biblioteca Penzol se consolide como un centro ao servizo da investigación de todos os aspectos relacionados con Galicia mediante a preservación, a organización e a difusión do seu patrimonio bibliográfico. O seu padroado integraba a Fernández Penzol-Labandera, mentres Fernández del Riego dirixía a biblioteca. Trala morte de Penzol as entidades públicas, as editoriais e os particulares colaboran no incremento dos fondos da biblioteca.