"RC" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2791.

  • GALICIA

    Médico. Doutor en Medicina pola Universidade de Santiago de Compostela, especializouse en microbioloxía e parasitoloxía. Catedrático e xefe do servizo de Microbioloxía do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago, ten numerosas publicacións no eido da microbioloxía. Académico numerario da Real Academia de Medicina y Cirugía de Galicia, recibiu, entre outros, o Premio Barrié de la Maza (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Último imperio alemán (1933-1945), que se identifica co nazismo. A designación de Hitler como chanceler o 30 de xaneiro de 1933 significou a transformación do estado de acordo coas doutrinas do nazismo; entre outras, a fin do parlamentarismo, a suspensión de garantías, a atribución ao poder executivo de facultades ilimitadas e a conversión do Partido Nazi en partido único. O novo estado estivo dotado dun poderoso exército e lanzouse á conquista de materias primas e de mercados, o que levou ao estoupido da Segunda Guerra Mundial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de reinserir ou reinserirse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e caricaturista francés. Foi colaborador habitual das revistas Hara Kiri e Charlie Hebdo. Baseándose na experiencia cotiá, desenvolveu un sentido do humor directo e corrosivo, potenciado por un debuxo de trazo libre e dinámico.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Marcar de novo.

    2. Insistir en algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor e crítico literario. Profesor de literatura española na Universidade de Santiago de Compostela e fundador da primeira Sociedad Filarmónica Compostelana, participou en diversos parladoiros literarios, como o do Café Español. Influído polo modernismo e polas lecturas de Góngora, Lope de Vega, Garcilaso de la Vega e Quevedo, foi autor de numerosas poesías e artigos de crítica musical e teatral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de reparcelar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Agrupar propiedades comprendidas nun polígono ou unha unidade de actuación, para dividilas de acordo coas previsións dun proxecto de urbanismo e adxudicar as parcelas resultantes aos interesados, en proporción aos seus respectivos dereitos iniciais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de repercutir.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Ter determinados efectos ou consecuencias unha persoa ou unha cousa sobre outra.

    2. Producir eco o son.

    3. Causar, polo medio adecuado, a subsidencia dun humor, un abceso ou dunha lesión.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Período da historia de Francia que vai desde o 4 de setembro de 1870 ao 10 de xullo de 1940. A consecuencia da derrota francesa na Guerra Franco-prusiana (1870-1871) e da axitación popular que culminou na Comuna de París (1871), caeu o Imperio, e foi promulgada a Constitución de 1875, que precedeu o triunfo electoral dos republicanos. Superada a crise do programa de Georges-Ernest Boulanger e do caso Dreyfus, os radicais accederon ao goberno. Durante este período a expansión colonial recibiu un forte pulo, e Francia participou na Primeira Guerra Mundial (1914-1918). Rematada esta, gobernou a dereita nacionalista e conservadora, pero a crise de 1929 provocou unha radicalización do país, que permitiu o triunfo da Fronte Popular de Léon Blum en 1936. Fracasado este ao non poder superar a crise, foi substituído por unha coalición de radicais e moderados. A política de claudicación adoptada ante o expansionismo de Adolft Hitler (1938) non puido evitar a Segunda Guerra Mundial (1939-1945), que...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que pode ser resarcido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de resarcir ou de resarcirse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Compensar a alguén dalgunha maneira por un dano ou prexuízo sufrido.

    2. Obter unha compensación por un prexuízo ou dano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta e cronista portugués. Ao servizo dos reis D. João II, do que foi secretario privado, D. Manuel, a quen acompañou a Castela, e de D. João III, foi un dos personaxes máis notables do Renacemento no seu país e destacou nos campos da literatura, da arquitectura, da música e da historia. Recompilou o Cancioneiro Geral (1516), a súa achega máis importante, unha escolma que recolle a obra de 286 poetas da segunda metade do s XV e principios do s XVI. Tamén escribiu unha Miscelânea (1554), versificada, en que recolle algúns dos acontecementos históricos máis importantes da época; as Trovas à morte de D. Inês de Castro, en que eloxia por primeira vez a figura histórica da nobre galega; Vida e Feitos de D. João II, un panexírico do monarca; e outros documentos máis breves como a Entrada del-Rei D. Manuel em Castela, Ida da Infanta D. Beatriz para Saboia e Tresladação do Corpo del-Rei D. João II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenol dihidroxílico derivado do benceno. Emprégase na manufactura de colorantes, na industria dos plásticos e do caucho e, en medicina, como antiséptico, ceratoplástico e funxicida, con baixa toxicidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de resorber.

    2. Absorción por un tecido orgánico ou polo torrente circulatorio dun humor natural ou patolóxico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor de carácter maligno que se forma a partir das células do sistema reticuloendotelial. Considérase que é un linfoma distinto do da enfermidade de Hodgkin.

    VER O DETALLE DO TERMO