"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
PERSOEIRO
Enxeñeiro. Fillo de Louis Breguet, en 1875 inventou un anemómetro rexistrador eléctrico e no 1878 un teléfono de mercurio. Dirixiu as instalacións eléctricas da exposición de 1881 en París e, con Charles Richet, a Revue Scientifique.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Club Baloncesto Breogán.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Nome obsoleto de Brest.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado de paz asinado en Brest (na actual Bielorrusia) o 3 de marzo 1918, polo que o goberno bolxevique de Rusia, en cumprimento dunha das demandas populares que propiciou a súa chegada ao poder, acordou, á marxe dos seus aliados, poñer fin á guerra que mantiña con Alemaña, Austria-Hungría, Bulgaria e Turquía (Primeira Guerra Mundial). Os rusos renunciaban aos territorios de Polonia, Estonia, Letonia, Lituania, Bielorrusia occidental e ás súas posesións no Caúcaso, admitindo a independencia de Ucraína e Finlandia, e comprometéndose ao pago de indemnizacións. O tratado foi anulado en novembro de 1918 trala rendición alemana.
-
PERSOEIRO
Director de montaxe e realizador cinematográfico norteamericano. Filmou máis de cen películas, oito delas rodadas en 1943. Traballou cos actores William Boyd e Buck Jones. Entre as súas numerosas producións destacan: While London sleeps (Mentres Londres dorme, 1926), Heart of the West (Corazón do oeste, 1936), Riders of the Rio Grande (Os xinetes de Río Grande, 1943), The Story of Life (A historia da vida, 1948) e Night Raiders (Os invasores da noite, 1952).
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Relativo a Bretaña, aos seus habitantes ou á súa lingua.
-
Natural ou habitante de Bretaña.
-
Individuo dun pobo de orixe celta que, de mediados do s V a finais do s VI, emigrou de Gran Bretaña a Armórica, rexión denominada posteriormente Bretaña. A área do grupo coincide coas fronteiras políticas, que datan do s IX, pero non coas lingüísticas, máis reducidas. As actividades económicas tradicionais eran a agricultura, a pesca, o comercio marítimo e a industria téxtil. A poboación rural estaba espallada en pequenas explotacións. O seu folclore é moi rico e aínda segue vivo.
-
Lingua indoeuropea do grupo céltico da rama britónica, coñecida como brezhoneg en bretón. Pertence á familia britónica, xunto co córnico e co galés. Fálase na Baixa Bretaña, zona que ocupa o conxunto do departamento de Finistère e a parte occidental das Côtes d’Armor e de Morbihan. Era a lingua dos Britanni, que se asentaron na península armoricana despois de fuxir dos anglos e dos saxóns trala conquista das Illas Británicas. A partir do s XVI o Ducado de Bretaña anexionouse ao Reino de Francia, de tal xeito que se produciu un proceso de afrancesamento que se intensificou trala Revolución Francesa. A principios do s XX produciuse unha efervescencia cultural tanto coa produción de obras literarias coma co desenvolvemento e auxe de traducións ao bretón de clásicos universais. Malia que durante o s XX houbo un incremento de literatura en bretón, estase a producir un descenso no número de falantes. En canto á historia da lingua, cómpre dicir que antes do s XI se falaba o vello...
-
Arte desenvolvida polo pobo bretón. É esencialmente popular e relixiosa. Moitos dos monumentos antigos conmemoran as lendas populares e recordan os primeiros santos. As igrexas e os calvarios foron a miúdo construídos polo pobo. Cómpre destacar as igrexas e os anexos de Pleyben, Roscoff, Saint-Thégonnec, renacentistas, e de Saint-Gildas de Rhuis, románica. Os castelos non son moi grandiosos, pero amosan a habilidade técnica dos seus construtores, como se pode apreciar no castelo de Kerjen, Suscinio, etc. Algúns destes castelos foron prazas fortes; entre eles destacan o de Tonkedeg, Suscinio e Foujera. Os monumentos bretóns máis típicos consérvanse na Baixa Bretaña, xa que foi esta rexión a que recibiu menores achegas estranxeiras e a que conservou máis as tradicións. Os motivos decorativos da moblaxe, a ourivería, o vestido, etc, son numerosos e primitivos: o sol, as follas, as etapas da vida. Distínguense pola escaseza das superficies núas. As liñas curvas son só utilizadas na decoración,...
-
Nome co que tamén se coñece a materia de Bretaña.
-
As primeiras mostras literarias en lingua bretoa datan dos ss XV e XVI e son obras de piedade, misterios e, sobre todo, o Catholicon, dicionario bretón-francés-latino. Os misterios -vidas de santos- en verso, ofrecen rimas internas características da métrica bretona. Ata o s XIX apareceron unicamente obras de Lingüística, pero dende aquela iniciouse o renacemento literario, do que Ar Gonideg (1775-1838) foi o principal promotor. Entre outras obras destaca o Barzhaz-Breizh, colección de baladas históricas e de cantos populares, de T. Hersart ag Kervarker (1815-1895). A verdadeira renovación produciuse ao comezo do s XX, ligada aos movementos políticos que buscaron o recoñecemento da nación bretona. Así, os lexicógrafos Fañch Valle (1860-1949) e Emil Ernod (1851-1939) publicaron dicionarios, mentres que Meven Mordiern (1879-1949) publicou Istor ar bed (Historia do mundo) e Notennoú diwar benn ar Gelted Kozh (Notas sobre os antigos celtas). Comezou así un...
-
Arte musical desenvolvida no país bretón. A música tradicional bretoa posúe diversas e variadas formas musicais. Destacan os distintos tipos de baile: a gavotte, que se baila por parellas e que ten un ritmo moi parecido ao da muiñeira galega; a sabotière, que toma o nome dos sabots, tipo de calzóns que utilizan os danzantes no baile; a ridè, composta por grupos mixtos de bailadores que forman círculos; a derobèe, que forman oito parellas desenvolvendo seis figuras, precedidas cada unha delas por un desfile de dezaseis tempos, e o rond, baile no que homes e mulleres danzan collidos das mans e formando un círculo. Todos estes bailes son interpretados polo dúo tradicional bretón que se compón do biniou, ou gaita bretona, e a bombarde, unha especie de dulzaina. Adoitan ser ritmos rápidos cunha melodía bastante repetitiva. Polig Montjarret, estudoso do folclore bretón, pensou na posibilidade de unir máis cantidade de biniou e bombardas para crear unha banda, e así foi como naceron os...
-
-
Raza de cabalos do tipo irlandés (concavilíneos e brevilíneos), que ten dúas variantes: o cabalo de tiro pesado, que está moi estendido, e o de tiro lixeiro.
-
...
-
-
-
PERSOEIRO
Poeta e dramaturgo. Nas súas obras reflectiu os tipos e a linguaxe da pequena burguesía madrileña. Foi excelente sobre todo nas comedias costumistas de tradición moratiniana. Entre outras obras publicou: Elena (1835), Muérete y verás (1837) e Marcela o cuál de las tres? (1831).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Compositor e director de orquestra. Realizou estudios musicais en Madrid da man de Emilio Arrieta e, posteriormente, dirixiu a Ópera del Teatro Real e a Ópera de la Unión Artística Musical, e foi director do Conservatorio de Madrid. A súa produción comprende óperas (La Dolores, Guzmán el Bueno), gran número de zarzuelas (La verbena de la Paloma, La bien plantá, El clavel rojo), un oratorio e diversas obras de música sinfónica, de cámara e vocal.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Escritor. De tendencia surrealista, publicou en 1919 a primeira recompilación de poemas titulada Mont de piété (Monte de piedade) e fundou xunto con Louis Aragon e Philippe Soupault a revista Littérature, órgano do dadaísmo, onde publicou Les champs magnétiques (Os campos magnéticos). En 1924 dirixiu a revista La révolution surréaliste e publicou Manifeste du surréalisme (Manifesto do surrealismo). As obras Légitime défense (Lexítima defensa, 1926) e Second manifeste du surréalisme (Segundo manifesto do surrealismo, 1930), foron a reacción fronte á tendencia inicial a unha socialización do surrealismo e ao control marxista en poesía, reacción que en 1935 lle fixo romper co partido comunista francés. En 1941 ante a prohibición de Anthologie de l’humour noir (Antoloxía do humor negro, 1940), marchou a América. Volveu a Francia en 1946, combateu contra o realismo socialista e contra Albert Camus, e fundou diversas revistas...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
betónica.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello da Pastoriza baixo a advocación de santa María.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe toponímica. O nome de lugar pertence ao concello da Pastoriza.
-
Liñaxe procedente do lugar homónimo, na Pastoriza. As súas armas levan escudo cortado por unha faixa de azul: primeira partición, en campo de prata, con nove armiños de sable, postos en tres paos, de tres cada un, e segunda partición, en campo de ouro, con cinco flores de lis, postas en aspa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mosteiro que puido estar situado en Santa María de Bretoña (A Pastoriza) ou ben en San Martiño de Mondoñedo (Foz). Coñecido tamén como monasterium Maximi, remóntase á época sueva, e aparece citado na Divisio Theodomiri do s VI. O nome de Maximi, probablemente sexa unha latinización de Mailoc, nome do bispo da sé de Britonia, pois en bretón mael ten o significado de ‘grande’.
-
-
Relativo ou pertencente a Bretoña ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de Bretoña.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
betónica.
-
PERSOEIRO
Médico francés. Entre os seus traballos son fundamentais a descrición que fixo da anxina diftérica (1826), da primeira traqueotomía por crup diftérico (1825) e a individualización da febre tifoidea, separándoa das outras febres intestinais (1829).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Conferencia monetaria e financeira das Nacións Unidas que se celebrou entre o 1 e o 22 de xullo de 1944 en Bretton Woods, New Hampshire (EE UU), e na que participaron delegacións oficiais de 44 estados. Deu nacemento a dúas institucións de carácter internacional: o Banco Internacional de Reconstrución e Desenvolvemento (ou Banco Mundial) e o Fondo Monetario Internacional, para financiar a curto prazo os desequilibrios no comercio internacional. O obxecto esencial desta conferencia foi o de evitar os desaxustes monetarios que precederon á Segunda Guerra Mundial e favorecer a volta ao multilateralismo dos pagos. Presentáronse dous plans: un patrocinado pola delegación do Reino Unido, coñecido por plan Keynes, e outro norteamericano, o plan White, que finalmente foi o que se aprobou. O plan White proclamaba a volta indirecta ao patrón ouro e a constitución dun banco internacional que respectase a autonomía das políticas monetarias dos estados. A “orde de Bretton Woods” funcionou...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Libro no que se inclúen, entre outros, relatos da predicación do apóstolo Santiago na Hispania. Téñense referencias del dende o s VII.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Vaclav Ignác Jebavý.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Pequeno mosteiro que estivo situado en Portas e que se converteu en priorado.