"car" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3676.

  • Termo do latín dos chafoutas, ou xerga dos albaneis, e tamén do verbo dos daordes, ou xerga dos telleiros, que corresponde ás voces ‘romper’ e ‘desfacer’.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Observar atentamente algo ou alguén.

    2. Buscar datos para descubrir algunha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Padecer diarrea.

    2. Desfacerse unha cousa.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Quitar a punta ou a parte superior a unha cousa.

      2. Cortar as pólas dunha árbore.

    1. Quitar ou cortar os cornos a un animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Desprender muxicas ou faíscas unha cousa ao arder.

      2. Emitir luz de forma intermitente.

    1. Mover rápida e repetidamente as pálpebras abrindo e pechando os ollos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Químico. Doutorouse en Ciencias Químicas na Universidade de Santiago de Compostela e en Química Aplicada na de Manchester. Primeiro reitor (1989-1994) e catedrático de Enxeñería Química na Universidade de Vigo. Desenvolveu o seu labor investigador como director de proxectos sobre temas medioambientais. Publicou un centenar de traballos de investigación en revistas internacionais e varios libros, entre os que cómpre destacar Elementos para el diseño de una universidad (1993), La Universidad de Vigo. Antecedentes y etapa constituyente. (1995) e Hacia donde va la Universidad? (1999). En 2002 foi nomeado valedor do cidadán do Concello de Vigo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escultora. Formouse no eido da cerámica na Escuela de La Moncloa e no eido dos metais na Escuela de Artes Aplicadas Mestre Mateo. Especializouse no traballo en esmaltes sobre metal. Profesora da Escuela de Artes Aplicadas y Oficios Artísticos Mestre Mateo de Santiago de Compostela dende 1978. Participou, entre outras mostras, na Bienal Internacional da Arte do Esmalte (Limoges, 1976), Artesanía galega (Canadá, 1984), Email-Kunst (Deidesheim, 1985), I Bienal Internacional El món de l’Esmalt (Salou, 1989), The Japan Shippo Conference (Toquio, 1993) e na Homenaxe de artistas galegos ao Che no 30 aniversario da súa morte (1998). Realizou exposicións en Santiago de Compostela e Vigo. Entre outros galardóns recibiu as medallas de prata e bronce no V e VI Concurso Exposición Mestre Mateo, respectivamente.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Determinar ou precisar algo con exactitude.

    2. Explicar algo polo miúdo e con detalle. O texto especifica as características que teñen que ter todos os participantes. OBS: Nalgunhas construcións omítese o complemento e adquire valor absoluto.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Quitar a pelica a.

    2. Quitar a pel a un animal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Estudiou enxeñería e filosofía pero dedicouse dende moi novo á música. Ampliou os seus coñecementos musicais en Francia, Bélxica e Alemaña, e traballou a composición con C. Saint-Saëns e M. Reger. Presidiu a Junta Nacional de Música (1931-1936) e logo dirixiu o Conservatorio de Madrid. Residiu en Bruxelas dende 1939 ata 1951. En 1948 a UNESCO encargoulle un estudo para definir o diapasón único. A súa produción baséase en gran parte nunha escala ou escritura orixinal inspirada na música popular de Alacant. En 1956 a cidade de Alacant creou o Premio Internacional de Composición Óscar Esplà. Da súa produción destaca Suite Levantina (primeiro premio de composición no Concurso Internacional de Viena 1911), Sonata para violín e piano (1913), Canciones playeras (1930) e Sinfonía coral (1942). Así mesmo, foi autor de obras sobre estética musical. Foi membro estranxeiro do Institut de France e presidente da sección española da Sociedade Internacional...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Receptáculo que contén esporanxios nos fungos mixomicotas de ciclo vital sinxelo.

    2. Conxunto de filamentos esporóxenos que constitúen o carposporófito das rodofíceas.

    3. Carpóforo dos fungos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e economista. Foi asesor da Agencia Internacional del Desarrollo e do Banco Nacional Panameño. Tras ocupar a vicepresidencia da República, foi presidente entre 1982 e 1984.

    VER O DETALLE DO TERMO