Esplà i Triay, Óscar
Compositor. Estudiou enxeñería e filosofía pero dedicouse dende moi novo á música. Ampliou os seus coñecementos musicais en Francia, Bélxica e Alemaña, e traballou a composición con C. Saint-Saëns e M. Reger. Presidiu a Junta Nacional de Música (1931-1936) e logo dirixiu o Conservatorio de Madrid. Residiu en Bruxelas dende 1939 ata 1951. En 1948 a UNESCO encargoulle un estudo para definir o diapasón único. A súa produción baséase en gran parte nunha escala ou escritura orixinal inspirada na música popular de Alacant. En 1956 a cidade de Alacant creou o Premio Internacional de Composición Óscar Esplà. Da súa produción destaca Suite Levantina (primeiro premio de composición no Concurso Internacional de Viena 1911), Sonata para violín e piano (1913), Canciones playeras (1930) e Sinfonía coral (1942). Así mesmo, foi autor de obras sobre estética musical. Foi membro estranxeiro do Institut de France e presidente da sección española da Sociedade Internacional de Musicoloxía (SIMC).
Cronoloxía
-
Nacemento
Lugar : Alacant -
Deceso
Lugar : Madrid