"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Palas de Rei. Construída en estilo románico foi reconstruída no s XIII e reformada no XVIII. Ten nave e presbiterio de planta rectangular, a este uníuselle unha sancristía de planta cadrada. No interior destaca a pía de auga bendita, erixida sobre un piar, de forma rectangular e que presenta na parte inferior unhas molduras lisas, agás na cara frontal, en que se esculpiron unhas bólas.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Barreiros baixo a advocación de san Xusto.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Construción situada sobre o río Lérez en San Xusto de Sacos (Cotobade). Foi construída en cantaría no s XVIII, e ten un arco de medio punto lixeiramente alombado e apoiado en rochas. Atópase no antigo camiño de Cutián a Lixó.
-
-
Que está en bo estado de saúde.
-
Que é beneficioso para a saúde.
-
Que carece de vicios, malicia ou elementos prexudiciais.
-
Que non presenta alteracións ou danos.
-
-
-
Enfado violento con que se fai dano a algo ou a alguén.
-
Ímpeto ou forza con que se acomete ou loita.
-
-
REXIÓNS
Rexión de Somalia (54.000 km2; 216.500 h [estim 1980]). A súa capital é Erigavo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Parque Natural situado no NO da provincia de Zamora, moi cerca do límite coa provincia de Ourense. Trátase dunha área de montaña con abundantes vales e lagoas de orixe glaciaria. Conta cunha extensión de 5.027 ha, das que 368 corresponden ao lago de Sanabria, o maior de orixe glaciaria de España. A depresión que se asenta sobre materias precámbricos pechouse debido á formación dunha morena. Está percorrido polo río Tera, que nace na vertente S de Pena Trevinca, a 2.127 m de altitude nun antigo glaciar. Predominan os prados alpinos, os bosques de ribeira e de carballos cerquiños, acivros e teixos, e a matogueira de queiroas que configuran un conxunto no que hai unhas 1.500 especies vexetais. Da fauna destacan o corzo, o lobo, o xabaril, a londra, a aguia real, o falcón, a lagarta galega, a víbora de Seoane, a troita e o barbo.
-
RIOS
Río de África occidental, situado en Camerún. Nace nas montañas de Adamana e desemboca no Atlántico na baía de Biafra, tras 1.100 km de percorrido.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
CAPITAIS
Capital do ostan de Kurdistán, Irán, situada na vertente setentrional da cordilleira de Zagros (277.808 h [1996]).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico italiano. Profesor de hixiene en Roma, especializouse en bacterioloxía e descubriu o bacilo que leva o seu nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Establecemento situado en lugares adecuados que posúe unhas condicións climáticas determinadas, onde os enfermos son sometidos a un réxime de curación especial ou de convalecencia. Utilizábase sobre todo para designar os centros antituberculosos.
-
PERSOEIRO
Poeta árabe. Foi o primeiro en compoñer muwaxahas en Oriente, e é autor dunha preceptiva deste xénero.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Navarra, filla do Rei Afonso VII e da súa primeira muller Berenguela de Barcelona. Como consecuencia das paces de Soria (1153) entre Castela e Navarra, casou co Rei Sancho VI de Navarra.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Aragón, filla do Rei Afonso VII. Casou en Zaragoza (1174) co Rei Afonso I de Aragón, á morte do cal exerceu a titoría do seu fillo Pedro I ata que este cumpriu vinte anos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de Nápoles, filla do Rei Sancho I. Casou en 1304 co Rei Roberto I de Nápoles. Ao quedar viúva (1343), axudou ao seu sobriño Xaime III de Mallorca contra Pedro IV de Aragón.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de León e de Galicia e condesa de Araba e de Castela, filla do Rei Sancho I e de Toda Aznar. Casou (924) co Rei Ordoño II e ao enviuvar ese mesmo ano, casou co conde de Araba, Álvaro Herramélliz, e en 932 co conde Fernando González de Castela.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de León, Galicia e Asturias (1037-1065) e condesa e raíña de Castela, filla do Rei Afonso V e de Elvira Meléndez. Como consecuencia das paces entre León e Pamplona casou (1032?) co conde Fernando I de Castela, rei desde 1035. Ao morrer o seu irmán Vermudo III foi coroada raíña, co seu home, en León (1037). Desde aquela os reinos de Castela e León quedaron unidos.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Impresor. Coñecido pola elegancia dos tipos e pola calidade do papel e das tintas que empregaba, das súas obras como editor destacan Parnaso español. Colección de poesías escogidas de los más célebres poetas castellanos (1768-1771); e como impresor Las Eróticas (1774) de Manuel de Villegas; o Quijote (1777), en catro tomos, prologado por G. Maians, con láminas de Camarón e gravados de Monfort; a Conquista de México (1783-1784), de Solís; e as obras completas (1790-1794) de Francisco de Quevedo.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Apelido de orixe patronímica que procede do nome persoal de orixe latina Sancho + o sufixo patronímico -ez (‘fillo de’).
-
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, unha banda de sinople fileteada de ouro, engolada en dragantes do mesmo, atravesada no medio por unha espada de prata gornecida de ouro, posta en barra, coa punta cara a abaixo. Outro trae, en campo de azul, unha torre de ouro, e saínte da fiestra esquerda, cara ao flanco sinistro, un brazo armado mantendo unha bandeira de prata. Outro, en campo de prata, catro bandas de azul.
-