Sánchez
Sánchez
-
[ONOM]
Apelido de orixe patronímica que procede do nome persoal de orixe latina Sancho + o sufixo patronímico -ez (‘fillo de’).
-
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe que trae por armas, en campo de goles, unha banda de sinople fileteada de ouro, engolada en dragantes do mesmo, atravesada no medio por unha espada de prata gornecida de ouro, posta en barra, coa punta cara a abaixo. Outro trae, en campo de azul, unha torre de ouro, e saínte da fiestra esquerda, cara ao flanco sinistro, un brazo armado mantendo unha bandeira de prata. Outro, en campo de prata, catro bandas de azul.