Sánchez Bermúdez, Francisco Javier

Sánchez Bermúdez, Francisco Javier

Actor e director cinematográfico. Comezou no cine afeccionado e en 16 mm a finais da década de 1970, e exerceu a crítica cinematográfica en diversas publicacións e emisoras de radio, como no suplemento “La Esfera” do xornal El Mundo e mais na revista Archipiélago. Así mesmo, foi redactor xefe de La Tarde de Madrid. A súa primeira incursión cinematográfica tivo lugar en 1978 coa curtametraxe La maté porque era mía, á que seguiron outras como La hija del anarquista (1980) ou Canción de cuna (1990). Participou na longametraxe Luz negra (1992), un traballo que tivo boa acollida en festivais como os de Alcalá de Henares e Gijón de 1993. Posteriormente a súa actividade abrangueu outras facetas da industria, como o guión de Retrato de mujer con hombre al fondo (1996) e de diversas reportaxes do programa de TVE Quién sabe dónde?, e en 1997 dirixiu o seu segundo filme, Nena, unha adaptación do relato Y así pasó el amor, de I. Turgueniev, e producida pola empresa coruñesa Xamalú Filme, estreouse na segunda edición do Festival de Cine Independiente de Ourense.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ourense