"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
-
Que ou quen manifesta pouca intelixencia e disposición.
-
Que ou quen resulta inoportuno ou indiscreto.
-
-
-
Calidade de sandeu.
-
Feito ou dito propio dun sandeu.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fenómeno fonolóxico polo que os extremos das palabras, máis ca no caso interior, se modifican por influencia doutras palabras veciñas no texto. Por exemplo, en sardo, o c de cosa, sonorizou, por estar na frase, a miúdo, en situación intervocálica: una gosa. En galego, ocorren modificacións deste tipo en determinadas combinacións fonéticas, en que aparecen variantes combinatorias e fenómenos como a sinalefa. OBS: Tamén se denomina fonética sintáctica.
-
LOCALIDADES
Localidade de Berkshire, Inglaterra (6.400 h [1981]). É sede da Royal Military Academy, fundada en 1802, co nome de Royal Military College, inicialmente academia de infantaría e de cabalaría e ampliada en 1947, ao fusionarse coa Royal Military Academy de Woolwich (1741), á artillaría e a enxeñaría.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proclama pronunciada polo príncipe Afonso de Borbón (futuro Afonso XII) desde a academia militar de Sandhurst o 1 de decembro de 1874. Redactada por A. Cánovas del Castillo na súa campaña por restaurar a monarquía, incluía a promesa do príncipe de instaurar un modelo de monarquía constitucional.
-
-
Planta herbácea anual, con talos prostrados, longos e pilosos, de follas lobuladas, flores amarelas e froitos en pepónide comestibles. É oriúnda de Asia meridional e ou seu cultivo é moi antigo.
-
Froito da planta do mesmo nome. É de gran tamaño, redondo, de pel lisa, zumarento, de polpa vermella e con moitas pebidas negras. O seu valor nutritivo é baixo, excepto polas súas vitaminas.
-
-
PRAIAS
Praia situada na ribeira dereita da ría de Camariñas, na parroquia de Xaviña (Camariñas).
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta da ribeira dereita da ría de Camariñas, situada na parroquia de Xaviña (Camariñas).
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia baixo a advocación de santo Estevo que dá nome ao concello de Sandiás, onde se atopa a capital municipal.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Concello da comarca da Limia, situado na provincia de Ourense no SL da Comunidade Autónoma de Galicia, a 42° 06’ 50” de latitude N e 7° 46’ de lonxitude O. Limita ao N con Allariz e Xunqueira de Ambía (ambos os dous na comarca de Allariz-Maceda), ao L e ao S con Xinzo de Limia (comarca da Limia), e ao O con Vilar de Santos (comarca da Limia). Abrangue unha superficie de 52,8 km 2 cunha poboación de 1.680 h (2007), distribuída nas parroquias de Couso de Limia, Piñeira de Arcos e Sandiás. A súa capital está no lugar de Sandiás, na parroquia homónima, a 137 km de Santiago de Compostela e a 32 km de Ourense. Está adscrito á diocese de Ourense e ao partido xudicial de Xinzo de Limia.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
O relevo, claramente condicionado polos abondosos depósitos sedimentarios cuaternarios, é extremadamente simple. O 80% do territorio correspóndese coa depresión da Limia, e tan só o seu extremo NL conta con illadas elevacións. A maior parte do territorio caracterízase... -
LIÑAXES
Liñaxe de orixe galega que trae por armas, escudo partido: 1, de prata, con tres bandas de sinople; 2, de goles, con dúas caldeiras de sable, colocadas en pau. Outra trae, en campo de goles, unha cruz de ouro, nos cantóns con catro flores de catro follas, de ouro, unha en cada cantón.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antiga fortaleza situada en Sandiás. Sufriu os ataques das tropas inglesas do duque de Lancaster e dos irmandiños (1471). Só se conserva a torre. Pertenceu aos señores de Maceda, ao conde de Benavente, ao marqués de Viana e á casa Santana e Monterrei. Foi declarada BIC en 1994.
-
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Sandiás. Construída polo mestre Bertomeu de Nosendo no s XVI, en estilo gótico tardío, anuncia as formas renacentistas. Ten unha soa nave e capela maior de planta cadrada, cuberta cunha bóveda de cruzaría. Conserva un retablo manierista de Francisco de Moure. No exterior destaca a portada de estilo manuelino, formada por dúas arcadas, a interior de arco rebaixado e quebrado, e a exterior de arco rebaixado liso. A torre é de planta cadrada.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Movemento político revolucionario nicaraguano iniciado por Augusto César Sandino. Á morte deste (1934), o movemento mantívose arraigado no pobo e cristalizou cara a 1960 no Frente Sandinista de Liberación Nacional (FSNL), que tomou o poder en 1979, ao derrocar a ditadura de A. Somoza, e en 1986 introduciu a primeira constitución do período. Foi derrotado en 1990 pola Unión Nacional Opositora (UNO) encabezada por Violeta Chamorro.
-
-
Relativo ou pertencente ao sandinismo.
-
Partidario ou seguidor do sandinismo.
-
-
PERSOEIRO
Político nicaraguano. Dirixiu desde 1927 as guerrillas nacionalistas contra o goberno de Chamorro, dirixido por EE UU, que interveu para detelo. Ao acceder á presidencia Juan Bautista Sacasa, pactou co goberno e depuxo as armas (1933), pero o xefe da garda nacional, Anastasio Somoza, fíxoo asasinar.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Reacción de haloxenación de compostos aromáticos, introducida en 1884, que se leva a cabo mediante a adición dunha solución dun sal de diazonio a unha disolución dun haloxenuro cuproso, agás o fluoruro, no hidrácido correspondente. Pode empregarse tamén na preparación de benzonitrilos, mediante a acción do cianuro cuproso.
-
GALICIA
Escritor. Foi xefe dos servizos de cultura da Deputación da Coruña. Colaborador del Instituto de Estudios Coruñeses José Cornide e de diversas publicacións, escribiu Una guía de Galicia: el arzobispo Rajoy y la vida local compostelana: siglo XVIII (1956), Siluetas y paisajes (1959), Ensayo sobre Finisterre: del atrio de Vilar de Donas a la cima del monte Nerio (1967) e La Coruña en seis rutas (1975). Académico da Real Academia de Bellas Artes Nuestra Señora del Rosario e correspondente da Real Academia Galega, recibiu a Encomienda de la Orden de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Familia nobre de Castela que tomou o seu nome do señorío de Sandoval, preto de Burgos. Dos seus membros destacaron Diego Gómez de Sandoval y Rojas (?-1454), primeiro conde de Castrojeriz e adiantado maior de Castela; Francisco Gómez de Sandoval y Rojas (1553-1625), valido de Filipe III, primeiro duque de Lerma; e Cristóbal Gómez de Sandoval y de la Cerda (?-1624), valido de Filipe III e primeiro duque de Uceda. O seu escudo trae por armas, en campo de ouro, unha banda de sable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cristóbal Gómez de Sandoval Rojas y de la Cerda.