"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Sindicalista. Foi un dos fundadores do grupo anarquista Ni Dios ni Amo, director de El Corsario (1893-1896), membro de La Antorcha Galaica del Librepensamiento (1897) e do Centro de Estudios Sociales Germinal (1902) e participou na Sociedad de Sastres y Sastras La Fraternidad (1901). Durante a Guerra Civil Española, foi internado no penal da Illa de San Simón. Colaborou en Revista Blanca, e escribiu Aclaraciones (1905), Abnegación (1925), El Hereje (1925) e El nudo gordiano (1931).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo hindú. Os seus comentarios aos Brahma-sūtra de Bādarāyana, aos principais Upaniad e ao Bhagavad-Gītā fano o principal representante do Vedānta e da filosofía advaita.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do cantón de Sankt Gallen, Suíza (69.800 h [2001]), situada na ribeira do Steinbach, tributario do lago Constanza. Ten industria téxtil. A cidade xurdiu (s X) ao redor do mosteiro de Sankt Gallen, de principios do s VII e centro principal da cultura alemá dos ss VIII ao XI. Subtraído á xurisdición eclesiástica de Constanza (818), pasou a mans de Federico I Barbarrubia (1180). Coa invasión francesa (1798) suprimíronse os mosteiros e o principado. Despois das destrucións do s XVI, a igrexa foi reedificada en estilo barroco por Peter Thumb (1681-1766). A biblioteca ten 1.700 incunables e 2.000 manuscritos xurdidos do mesmo escritorio (ss VIII-XI).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CANTÓNS

    Cantón do NL de Suíza, que se estende entre o lago de Constanza e os Prealpes (2.026 km2; 453.200 h [2000]). A súa capital é Sankt Gallen. O N é unha rexión de outeiros tallados polos vales glaciarios; e o S, ocupado polos Prealpes é máis abrupto e accidentado. A industria téxtil, que ten a súa orixe na Idade Media, ten unha grande importancia. A poboación fala o alemán.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade do land de Salzburgo, Austria, situada no curso medio do Salzach (72.200 h [1991]). É un lugar de veraneo e de deportes de inverno nos Alpes, co desfiladeiro e as fervenzas de Liechtensteinklamm.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do land Baixa Austria, Austria, situada ao O de Viena (49.272 h [2001]). Posúe industrias de maquinaria, plásticos e papel. Mosteiro beneditino en 760, foi desde 1700-1780 un dos principais centros do barroco, estilo en que se construíu a catedral.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CAPITAIS

    Capital do il homónimo, situada na parte asiática de Turquía (410.762 h [1997]). Corresponde á antiga cidade de Edessa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Il de Anatolia Sudoriental, Turquía (19.271 km2; 1.311.334 h [1997]). A súa capital é Şanliurfa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Cádiz, Andalucía (60.254 h [2001]). Ademais de centro turístico, na súa economía destaca a pesca, a industria alimentaria e as salinas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Sevilla, Andalucía, situado ao SO da cidade de Sevilla e regado polo río Guadiamar (10.858 h [2001]). É un centro comarcal agrícola e gandeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Guitarrista e compositor. De nome Manuel Muñoz Alcón, aos 17 anos gravou o seu primeiro disco. Da súa discografía destaca a triloxía Mundo y Forma de la Guitarra Flamenca (1971-1972), a ópera flamenca Evangelio gitano (1981) e Locura de brisa y tino (1998), en homenaxe a F. García Lorca.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a San Marino ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de San Marino.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Comezou a súa formación como carpinteiro e estudou debuxo ata que ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. En 1859 regresou a Santiago de Compostela onde foi profesor de debuxo na Real Sociedad Económica Amigos del País e en 1888 profesor de modelaxe e baleirado da Escola de Artes e Oficios. Foi escultor anatómico da facultade de Medicina e realizou dúas viaxes de formación a Roma (1864-1865; 1871-1872). A súa obra encádrase na ruptura co neoclasicismo e na busca do realismo. Destacan, entre outras, a estatua do padre Feijoo (1858); os medallóns de Maximino Teijeiro e a súa dona da Real Sociedad Económica Amigos del País de Santiago; a Santa Cea do convento de San Francisco; os monumentos a Méndez Núñez da alameda compostelá, Filipe de Castro en Noia e os tres a Cristovo Colón para o ministerio de Ultramar, do que se conserva unha copia en Pontevedra; o Senado e o Arsenal de Cartagena; e as imaxes de San Francisco de Sales e San Vicente...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista. Licenciado en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela, pertence ao consello de administración do Banco Pastor. Deputado no Congreso por UCD (1979-1982), foi conselleiro de Interior e Administración Local (1978-1982) e un dos asinantes, como representante do UCD, do Pacto do Hostal (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Filóloga. Doutora en Filoloxía Galego-portuguesa (2001), é profesora titular desta especialidade na Universidade da Coruña desde 2003, membro do consello de redacción da Revista Galega de Filoloxía e da Comisión Técnica do Centro de Documentación Sociolingüística de Galicia, e directora   do Servizo de Normalización Lingüística da Universidade da Coruña (2004). Publicou O teatro de Xan da Cova (La Galiciana e María Pita) (2002), Lendo nas marxes. Lingua e compromiso nos paratextos (1863-1936) (2002), Os (pre)textos galegos (1863-1936) (2002) e, en colaboración, A lingua literaria galega no século XIX (2005). Tamén editou, xunto con Manuel Ferreiro, A Virxe do Cristal. Lenda de Curros Enríquez axeitada para ópera (2002), de Ramón Cabanillas. Recibiu, en colaboración, o XVIII Premio Ánxel Fole polo traballo “Nicomedes Pastor Díaz. Unha existencia exemplar”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Debuxante. Coñecido como Suso Sanmartín, licenciouse en Belas Artes pola Universidad de Salamanca. Creador de historias cargadas de ironía, o seu estilo achégase á caricatura. Colaborador do semanario A Nosa Terra e da revista de humor Xo!, Tempos Novos e Novas da Galiza, participou no álbum colectivo H2Oil coa historia “Lapamán”. Gañador do III Concurso Galego para Caricaturistas Noveis (1996) e do XV Concurso Galego de Banda Deseñada Xuventude’99 (1999), recibiu o Premio Ourense ao mellor autor novel (2000).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xesús Sanmartín Xuncal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Peixe teleósteo, que apenas acada os 50 cm. Presenta forma de disco cunha grande aleta dorsal de radios afastados e espiñentos, cunha mancha escura, orlada en amarelo por detrás das gaias e por debaixo da liña lateral que se ve curvada. É gris verdoso, con reflexos prateados. Xeralmente, vive solitario en fondos pouco profundos. OBS: Tamén se denomina peixe de san Martiño.

    2. Peixe teleósteo, que apenas acada os 30 cm. Presenta forma de disco, coa cara prolongada, e amosa o perfil da cabeza cóncavo, cunha grande aleta dorsal de radios afastados e espiñentos e a liña lateral curvada. Ten reflexos prateados. Xeralmente, vive solitario en fondos pouco profundos. OBS: Tamén se denomina peixe de san Martiño prateado.

    3. Peixe teleósteo, que apenas acada os 30 cm. Presenta forma de disco, ten sobre os ollos unha ponte ósea con pequenas serraduras, unha grande aleta dorsal de radios afastados e espiñentos e a liña lateral curvada. Presenta os costados rosados ou avermellados. Xeralmente, vive solitario en fondos pouco profundos. OBS: Tamén se denomina peixe de san Martiño rosado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Método de exploración que se fai mediante a diagnose dos procesos abdominais agudos. Cunha man pálpase a parede abdominal, mentres que coa outra efectúase a dilatación forzada do ano. Nos casos de peritonite, a dor e a contractura abdominal non se modifican.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia de Burkina Faso (9.213 km2; 460.684 h [estim 1997]). A súa capital é Kaya (25.779 h [1985]).

    VER O DETALLE DO TERMO