"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • (Halberstadt, Magdeburg 1932) Realizador cinematográfico e escritor alemán. Impulsou o “novo cine” alemán e os seus filmes posúen un estilo frío e intelectual. Das súas películas destacan Abschied von Gestern (Adeus ao onte, 1966), Gelegenheitsarbeit einer Sklavin (O traballo ocasional dunha escrava, 1973), Die Patriotin (A patriota, 1979), Die Maht der Gefühle (O poder dos sentimentos, 1983) e Vermischte Nachrischten (Informacións mesturadas, 1987).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Moscova 1902 - París 1968) Filósofo. Discípulo de K. Jaspers, foi unha das figuras fundamentais do pensamento contemporáneo sen ter realizado obra onde sostivera teses propias. Os seus cursos, recollidos en Introdution à la Lecture de Hegel (1947), retornaron a Hegel a un primeiro plano da actualidade. O seu maxisterio constituíu a formulación máis triunfante dunha doutrina historicista.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CIDADES

    Cidade da oblast’ de Fergana, Uzbekistán (192.500 h [1999]). A súa economía baséase na industria química.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Peterburgo 1872 - Moscova 1952) Revolucionaria rusa. Tralo triunfo da Revolución de Outubro foi comisaria do pobo para a Asistencia Pública, cargo desde o que desenvolveu un traballo en prol de reformas sociais e institucionais, especialmente no que respecta á situación social e familiar da muller. Membro do Comité Central do PCUS (1918), foi apartada da política activa en 1924 por reclamar a democratización interna do partido e unha maior participación dos traballadores. Desde aquela dedicouse a exercer funcións de embaixadora no estranxeiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Tambov 1903 - Moscova 1988) Matemático ruso. Foi profesor na Universidade de Moscova. Fixo importantes investigacións sobre a teoría das funcións reais, sobre a teoría da medida e sobre lóxica intuicionista. Propuxo a axiomática da teoría matemática moderna da probabilidade, coñecida co nome de axiomática de Kolmogorov.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Esmirna 1748 - París 1833) Filólogo e escritor turco. Estudiou en Amsterdam, Montpellier e París. Investigou e editou a maioría dos autores gregos antigos. Interveu tamén na denominada “cuestión da lingua”.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sándor Laszlo Korda

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Turkeve, Jasz-Na-gykun-Szolnok 1893 - Londres 1956) Produtor e director cinematográfico húngaro. Coñecido como Alexander Korda, fundou as produtoras London Film (1932), en Londres, e Alexander Korda Film (1941), en Hollywood. Dirixiu The Private Life of Henry VIII (1933), Rembrandt (1936), The Hamilton Woman (1941), Perfect Strangers (1945) e An Ideal Husband (1947).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Kide 1925) Realizador cinematográfico húngaro. A súa obra afronta a problemática intelectual socialista en obras como Nehéz emberek (Os intratables, 1964), Falak (Os muros, 1968), Oktoberi vasárnap (Un domingo de outubro, 1979) e A vörös grófnö (A condesa vermella, 1985).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Daugavpils 1840 - Peterburgo 1901) Embriólogo letón. Introduciu o darwinismo en Rusia e desenvolveu a primeira hipótese aceptable da relación entre os vertebrados e os invertebrados. Fixo investigacións sobre a embrioloxía dos vermes, os artrópodos, os braquiópodos e os celentéreos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Taganrog 1892 - París 1964) Filósofo ruso. Foi un dos introdutores do pensamento de E. Husserl en Francia. Destacou polos seus estudios sobre a historia da filosofía e da ciencia, campos nos que foi un dos precursores das nocións de paradigma e de estrutura epistemolóxicos desenvolvidos posteriormente por T. Kuhn. Da súa produción destacan os estudios sobre Anselmo, Descartes e Platón, e Études Galiléennes (1940), From the Closed World to the Infinitive Universe (1957), Études d’histoire de la pensée philosophique (1961), Nextonian Studies (1965) e Études d’histoire de la penseé scientifique (1973).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Podveskij 1896 - Moscova 1926) Microbiólogo. Estudioso da microbioloxía do solo, foi o primeiro en identificar os actinomicetos como bacterias e desenvolveu en 1941 un sistema de clasificación bacteriana. En 1938 foi o iniciador na URSS dos estudios sobre os antibióticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Los Angeles 1912 - Connecticut 3.10.1996) Historiador da arte estadounidense. Profesor da Yale University (1938-1983), especializouse en arquitectura moderna española. Publicou, entre outras obras, Arquitectura de los siglos XVII e XVIII, na colección Ars Hispaniae, Art and Architecture in Spain and Portugal and their American Dominions, 1500-1800 (1959), con Martín S. Soria, Studies in Classic Maya Iconography (1962) e Building the Escorial (1982).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Narovcat, Penza 1870 - Moscova 1938) Escritor ruso. Denunciou a miseria do pobo en Čudeznyj doktor (Un médico marabilloso, 1897) e o triste destino do soldado en Nočnaja smena (O torno de noite, 1899). Protestou contra a explotación obreira en Molokh (1896) e contrapuxo a civilización corrupta da cidade burguesa á vida pura da natureza en Olesja (1898). É tamén autor das novelas Pojedinok (O duelo, 1905), Granatovyj braslet (O brazalete ilustre), Sulamit’ (Sulamita, 1908) e Jama (A esterqueira, 1909-1915).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo bantustán da República Sudafricana situado no centro de Transvaal. Habitado principalmente polos ndebeles, acadou o status de bantustán autónomo en 1977 dentro da antiga provincia de Transvaal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome bantú do río   Cuando.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • (Bialogard, Koszalin 15.11.1954) Político polaco. En 1978 integrouse no Polska Zjednoczona Partia Robotnicza (Partido Obreiro Unificado de Polonia, PZPR) e foi ministro de Deportes (1984) baixo a presidencia de Jaruzelski. En 1990 contribuíu á conversión do PZPR en Sojuszu Lewicy Demokratycznej (Alianza de Esquerda Democrática, SLD), do que foi nomeado o seu secretario xeral. En 1995 gañou as eleccións presidenciais e sucedeu a Lech Waéęsa (1996) como presidente da República, cargo no que foi reelixido en 2000 e desde o que impulsou o proceso de integración de Polonia nas estruturas políticas e económicas de Europa occidental.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Biólogo. Doutor en Ciencias Biolóxicas E investigador do CSIC desde 1972, foi secretario (1979-1983) e director (1990-1994) do Instituto de Investigacións Mariñas do CSIC en Vigo. É membro do Seminario de Estudios Galegos e do Consello da Cultura Galega (1991-1993). Estudiou principalmente a pesca nas costas galegas e publicou artigos de prensa, informes e libros, como A pesca galega e a súa investigación (1978) e A Galicia mariñeira. Foi deputado do Parlamento galego na IV lexislatura (1993-1997) polo PSdeG-PSOE.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Militar e escritor. Foi guía de Napoleón nas guerras da independencia española (1808) e austríaca (1809). Deputado por París (1822), interveu na insurrección que obrigou a Carlos X a exiliarse (1830) e foi axudante de campo do rei Luís Filipe I de Francia. Home dunha gran cultura, escribiu máis de trinta obras, das que destacan Voyage pittoresque et historique de l’Espagne (1807-1818), ilustrada con gravados, algúns deles debuxados por el mesmo, e L’itinéraire descriptif de l’ Espagne (1808).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos lacandóns ou á súa lingua.

    2. Individuo da tribo lacandona.

    3. Tribo indíxena de América Central da familia maia, que habita no NO de Guatemala e no L do estado mexicano de Chiapas, na rexión montañosa do alto río Usamacinta. Os seus antepasados establecéronse, posiblemente, nesta rexión fuxindo do dominio dos españois durante o s XVII. Vivían en pequenos clans independentes dispersos pola selva tropical, feito que os illou dos outros grupos maias e lles permitiu conservar moitos dos costumes e ritos.

    4. Lingua maia falada polos lacandóns.

    VER O DETALLE DO TERMO