"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • PERSOEIRO

    Escritor e xornalista. Emigrou a Puerto Rico (1895) e instalouse en México en 1901. Foi profesor de lingua e literatura castelá na Universidad Central de México. Colaborou en El Imparcial, Blanco y Negro e outros xornais, e fundou a editorial El Libro Español SA e a revista Tricolor. Escribiu Azulejos: poesías (1914), Las abejas del Rosal: cuentos de la Galicia pintoresca y de la complicada y primitiva raza de los celtas (1928) e Alboradas: o libriño da i-alma (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte sólida de material en suspensión, obtida por filtración ou sedimentación da auga mariña ou continental e na que se distinguen o plancton, parte viva constituída por organismos, e o tripton, fracción sen vida e formada por detritos e partículas minerais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Grupo de sete estrelas visibles que pertencen ás Pléiades, na constelación de Touro.

    2. Osa Maior

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Nome co que se coñece o pintor que traballou nas igrexas de Santa María de Seteventos e Santa María de Marrube, ambas as dúas no Saviñao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • igo 31.1.1942 - Pontevedra 31.7.1994) Pintor, fillo de Ánxel Sevillano García. Iniciou a súa formación na Escola de Artes e Oficios onde tivo como mestre a Luís Torras e estudou belas artes en València e Madrid. Foi bolseiro da Deputación de Pontevedra e tivo unha bolsa de paisaxe en El Paular. Profesor de debuxo de ensino medio, instalouse en Vigo ata que na década de 1980 se trasladou a Venezuela e, ao seu regreso, instalouse en Vilagarcía de Arousa. Nos seus inicios cultivou a paisaxe de raíz expresionista, en que dominaban os verdes e negros, para despois realizar unha figuración con cadros protagonizados por unha multitude de personaxes en escenas da vida cotiá. Empregou a liña grosa que marca os contornos e unha paleta de cores cálidas que, despois da estancia en América, volveuse máis intensa ao tempo que incorporou unha tipoloxía autóctona. Nas súas últimas obras introduciu os ouros e as pratas. Realizou tamén bodegóns, en que empregou gamas de terras, ocres e azuis, e mobles aos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mariño e explorador irlandés. En 1901, co barco Discovery, participou na expedición da Antártida de R. F. Scott. Escribiu The Heart of the Antarctic.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • CORDILLEIRAS

    Cordilleira do SL de Cuba que se estende desde o cabo Cruz ata a baía de Guantánamo, ao longo duns 250 km. É unha rexión moi abrupta, á beira do mar, con altitudes que oscilan entre os 1.000 e os 1.500 m, e acadan a máxima no pico Turquino (2.005 m). Foi base do foco guerrilleiro dirixido por Fidel Castro durante a Revolución Cubana.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que se cría de forma natural nos bosques ou nos campos.

    2. Que vive en liberdade na natureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do latín Siluester, a partir do adxectivo silvester ‘boscoso’, ‘habitante dos bosques’ e de aí ‘salvaxe, rústico’, derivado de silva ‘selva’. Aparece testemuñado como nome só en época cristiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (314-335). Confesor da fe na última persecución, foi o primeiro papa despois do Edito de Milán (313). Segundo a tradición bautizou a Constantino. Viste de pontifical, con palio e tiara e cunha pía bautismal como atributo persoal. A súa festividade celébrase o 31 de decembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (999-1003). De nome Xeberto de Orlhac, foi arcebispo de Reims (989). Desamigouse co Rei Roberto II (996) e tivo que refuxiarse na corte do Emperador Odón III, de quen foi mestre e conselleiro e quen o fixo arcebispo de Rávena (989). Como papa esforzouse na restauración do Imperio Romano en mans dos xermánicos. Isto valeulle a inimizade dos Crescenzi de Roma que provocaron a súa fuxida da cidade xunto a Odón III (1001). Introduciu o uso do cero na Europa cristiá.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Papa (1045). De nome Giovanni Crescenzi, foi bispo de Sabina. Foi elixido papa grazas a Gerardo di Sasso, quen destronou a Benedito IX. O retorno ao solio de Benedito IX, tamén pola forza das armas, obrigouno a refuxiarse en Sabina. Deposto polo Sínodo de Sutri (1046), xunto aos seus rivais Benedito IX e Gregorio VI, pasou os seus derradeiros días encerrado nun mosteiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Antipapa (1105-1111). Foi elixido papa polo pobo romano durante o pontificado de Pascual II.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escritor. Comprometeuse coa lingua a través da escrita de diversos poemas e a colaboración en publicacións, como Follas Novas, A Gaita Gallega, Galicia Humorística, A Monteira e O Tío Marcos d’a Portela. Na súa obra aparecen nomeados moitos dos escritores galegos da época, algúns deles amigos seus. Licenciouse en Dereito na Universidade de Santiago de Compostela e exerceu como rexistrador da propiedade en diferentes localidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos silvestrinos.

    2. Monxe da congregación monástica de San Bieito de Montefano (Macerata), Italia, fundada por san Silvestre Guzzolini en 1231. A congregación adoptou a regra beneditina e foi aprobada polo Papa Inocencio IV en 1248. Tivo unha rama feminina que se extinguiu en 1822.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Comezou a súa penitencia de estilita aos sete anos, sobre unha columna situada nunha montaña coñecida co nome de Monte Admirable, preto de Antioquía. A súa festividade celébrase o 3 de setembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Asceta sirio. Anacoreta nun convento abandonado de Antioquía e finalmente viviu durante corenta anos sobre unha columna, da que lle veu o sobrenome, e na que non se podía sentar nin deitarse. Con sona de taumaturgo, exerceu unha considerable influencia na causa da ortodoxia de Calcedonia. Representouse como un vello demacrado, esfarrapado e colocado de pé sobre o capitel dunha columna. A súa festividade celébrase o 5 de xaneiro para os latinos e o 2 de setembro para os orientais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Sensación nunha parte, asociada ou secundaria á que se produce noutra parte.

    2. Experiencia sensorial que experimentan certos individuos que consiste na asociación de diversos sentidos mediante a que a percepción nun sector sensorial acompáñase, por correspondencia ou resonancia, de percepcións noutro ou noutros sectores sensoriais. Un exemplo típico é a audición coloreada ou sinopsia, na que existe unha asociación entre unha cor e un son.

    3. Figura retórica que consiste en asociar dúas palabras que pertencen a percepcións sensoriais diferentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Brazo de mar que separa Singapur do arquipélago de Riau (Malaisia) e comunica o estreito de Malacca co mar da China Meridional.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Grupo de Rock creado en Vigo en 1981. Composto inicialmente por Alberto Torrado, Julián Hernández e Miguel Costas, en 1988 converteuse nun quinteto coa inclusión de Segundo Grandío e Ángel González. En 1982 sacaron o seu primeiro disco Ayudando a los enfermos, e a finais de ese ano o primeiro disco de longa duración Cuando se come aquí?. Compartiron escenario, compoñentes e proxectos musicais con Golpes Bajos e Os Resentidos, entre outros. En 1991 crearon Loquilandia, unha produtora para xestionar os produtos do grupo. Da súa discografía destacan Menos mal que nos queda Portugal (1984), Bailare sobre tu tumba (1985), Me gusta como andas (1988), Made in Japan (1993), Sesión vermú (1997), La historia del Blues (2000), Qienes somos? De dónde venimos? Adónde vamos? (2002) e Popular, democrático e científico (2005). Tamén incluíron algún tema na banda sonora de filmes como El día de la bestia...

    VER O DETALLE DO TERMO