"To" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 13838.
-
-
Relativo ou pertencente a Bretoña.
-
Natural ou habitante de Bretoña.
-
-
GALICIA
Pintor e gravador. Iniciouse na arte do gravado da man do seu irmán Isidoro Brocos con quen estudiou na Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago de Compostela. En 1871 trasladouse a Bos Aires, onde colaborou como gravador en diferentes publicacións. En 1872 instalouse en Rio de Janeiro onde ampliou estudios na Academia de Belas Artes. Colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, onde realizou un gravado que despois realizou o seu irmán en xeso: Os últimos momentos de Herodes. En 1877 trasladouse por primeira vez a París para estudar na Escola Nacional de Belas Artes xunto a Lekman. Entre 1879 e 1881 estudiou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando de Madrid baixo a tutela de Federico de Madrazo. Regresou a París e foi discípulo de Hebert. Interesado pola obra de Ingres, gustou do debuxo e fixo da beleza un ideal. En 1883 por Rebeca dando de beber a Elizer, obtivo unha bolsa da Deputación da Coruña para estudar en Roma durante catro anos...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Físico francés. Príncipe de Broglie e, á morte do seu irmán Maurice, duque de Broglie. Foi profesor de física teórica na Universidade de París (1928). Na súa tese doutoral La Théorie des Quanta (1924) propuxo unha solución aos problemas formulados polas hipóteses de Planck e de Einstein ao suxerir que, así como a luz parece ter unha dobre natureza porque se comporta unhas veces como onda e outras como corpúsculo (teoría corpuscular), podería suceder o mesmo coas partículas elementais en movemento; o desenvolvemento desta idea por parte de Heisenberg, Schrödinger e outros, así como tamén a experiencia de difracción dos electróns por medio dunha lámina cristalina, realizada en 1927 por Germer e Davisson, confirmaron a natureza ondulatoria do electrón e deron lugar ao nacemento da mecánica ondulatoria. No 1926 Schrödinger determinou a ecuación da onda asociada de De Broglie coñecida como ecuación de Schrödinger. Autor de traballos de divulgación científica, entre...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal do ácido brómico. Os bromatos empréganse para mellorar as condicións das fariñas empregadas na panificación e en análise química.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega empregada na composición de palabras, que significa ‘alimento’. Ex: bromatoloxía, bromatometría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especialista en bromatoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ciencia que estudia todo o relativo aos alimentos. Trátase dunha disciplina químico-biolóxica, con vertentes tecnolóxicas e sanitarias, aplicada aos alimentos e aos seus ingredientes, que utiliza moitas ciencias fundamentais (bioloxía, bioquímica, física, microbioloxía, química) e participa na problemática da tecnoloxía aplicada (bioenxeñería, enxeñería química, técnica de envasado, etc). Ocúpase do estudo da composición e as propiedades dos alimentos e os seus ingredientes; dos procesos de fabricación e almacenaxe de alimentos; de colaborar coa nutrición no coñecemento da relación das propiedades dos alimentos co seu papel no organismo; de promover normas e disposicións lexislativas que permitan garantir o correcto estado sanitario e a calidade dos alimentos, reprimir os fraudes e contribuír a unha información axeitada ao consumidor en cuestións alimentarias; e dos aspectos económicos e antropolóxicos da produción e o consumo de alimentos. A preocupación do ser humano pola calidade dos...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á bromatoloxía.
-
ENTRADA LARGA
Parte da volumetría que inclúe os métodos de análise nos que o reactivo valorante é unha solución de bromato de potasio. Aprovéitanse analiticamente as propiedades oxidantes deste composto de dúas maneiras diferentes: para valorar directamente substancias redutoras ou para xerar cantidades controladas de bromo elemental para efectuar a bromación de substancias orgánicas. No primeiro caso a semirreacción de redución do bromato é a seguinte:
FORMULA
que serve para valorar redutores como o arsénico (III), o antimonio (III), o estaño (II), o cobre (I), o ferro (II), o nitrito, o selenito, o ioduro e moitos outros. Recoñécese o punto final pola aparición de bromo elemental, que provoca a decoloración de determinados indicadores, como o vermello de metilo, que se destrúen polo bromo. No segundo tipo de aplicacións da solución valorada de bromato, faise reaccionar en medio ácido cun exceso de ión bromuro para producir bromo elemental, segundo a reacción:
FORMULA2
que...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente á bromatometría.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sal que resulta da reacción do ácido bromhídrico cunha base orgánica nitroxenada.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Calquera sal do ácido bromoso, no que o bromo actúa co número de oxidación 3.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Líquido que solidifica a -36,5°C e ferve a 137°C, obtido por bromación da acetona; é soluble en alcohol e en auga. É lacrimóxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Solución a base de cocaína, morfina e antieméticos utilizada como analxésico e euforizante en pacientes con cancro.
-
-
Que contrae os bronquios.
-
Nome xenérico dos axentes capaces de causar contracción na musculatura lisa dos bronquios e, xa que logo, de reducir a luz bronquial. Poden actuar bloqueando os receptores adrenérxicos ou mediante unha acción colinérxica.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Cálculo nos bronquios que pode provocar a súa obstrución, total ou parcial.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na composición de palabras científicas co significado de ‘trono’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da meteoroloxía que estudia as tempestades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Aparello para medir a intensidade de electricidade atmosférica durante as tempestades.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Denominación común que reciben os dinosauros do xénero dos Brontosaurus.