"eo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3592.

  • Óso petrificado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Rama da anatomía que estuda a estrutura dos ósos, tanto a normal como a patolóxica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente á osteoloxía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Tumor óseo benigno, que se localiza sobre todo na rexión craniofacial e nas omoplatas.

    2. Tumor óseo, benigno, que adoita formarse nas diáfises dos ósos longos e que afecta sobre todo aos homes entre 10 e 20 anos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Amolecemento do tecido óseo, provocado por unha deficiente calcificación da substancia ósea fundamental, que se manifesta pola fraxilidade, flexibilidade e deformidade dos ósos e por dores que se exacerban cos movementos. Ten como causas máis frecuentes a hipovitaminose D, as excesivas perdas renais de calcio e a resistencia idiopática á vitamina D. A variedade infantil denomínase raquitismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Parte da antropometría que mide os ósos do esqueleto humano.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á osteometría.

    2. Calquera dos puntos que serven de referencia para facer medidas do esqueleto.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Infección do óso e da medula ósea producida por microorganismos diversos. As osteomielites agudas (causadas xeralmente por estafilococos) poden orixinarse por inoculación directa (fracturas abertas ou intervencións cirúrxicas do óso), por infección das partes brandas veciñas (uñeiros, abscesos dentais) ou por vía hemática, a partir doutros focos infecciosos do organismo. As osteomielites crónicas acostuman ser consecuencia de osteomielites agudas mal tratadas ou ben de infeccións como a tuberculose, a micose ou a rickettsiose.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Morte das células dunha parte ou de todo un óso. OBS: Tamén se denomina necrose ósea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome xenérico de todas as enfermidades óseas. Segundo a dirección cara a onde se decanta o necesario equilibrio entre a formación e a reabsorción do óso, as osteopatías pódense dividir en dous grandes grupos: as que van acompañadas dun aumento da calcificación ósea e as que representan unha diminución de calcificación ósea.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección ósea conxénita e hereditaria, non moi frecuente, que consiste nun aumento do tecido óseo compacto en detrimento do tecido esponxoso a consecuencia dunha alteración da reabsorción osteoclástica fisiolóxica. Caracterízase por unha gran fraxilidade ósea que ocasiona fracturas espontáneas. OBS: Tamén se denomina enfermidade de Albers-Schönberg e enfermidade marmórea dos ósos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cirurxía que ten por finalidade a restauración dun óso con fragmentos doutros ósos ou con materiais de procedencia diversa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cavidade oca, recuberta de substancia ósea, que contén un osteocito. Relaciónase cos osteoplastos veciños por medio dos canalículos óseos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Afección que se caracteriza por un adelgazamento das trabéculas e da membrana cortical dos ósos, con ensanchamento dos espazos medulares. Consiste nun desequilibrio dos procesos de formación-reabsorción da substancia fundamental do óso (escasa formación ou excesiva reabsorción). Radioloxicamente, maniféstase nunha diminución da densidade ósea. Asígnanselle múltiples causas. A osteoporose senil (en individuos de máis de 65 anos) considérase como un proceso de involución normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • osteoxénese imperfecta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tumor maligno que se produce no tecido óseo e que se orixina nos osteoblastos da cuberta externa do óso. Afecta con maior frecuencia a nenos e adolescentes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lesión que consiste nun engrosamento do óso e nun aumento da súa densidade, coa conseguinte diminución dos espazos medulares. Distínguense as osteoscleroses de carácter conxénito das secundarias, que poden ser debidas a intoxicacións por flúor, enfermidades renais crónicas ou procesos neoplásticos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Unión cirúrxica de fragmentos dun óso mediante parafusos, placas, cravos ou arames.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos osteostráceos.

    2. Peixe fósil da orde dos osteostráceos.

    3. Orde de peixes fósiles, da clase dos ciclóstomos, que presentaban o corpo de 6 cm de lonxitude, coa cabeza e unha parte do tronco recubertas por un escudo cefálico, semellante a unha cuberta ríxida, con escamas poligonais. Habitaron desde o Silúrico Superior ata o Devónico en Europa, Asia e América do Norte.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sección cirúrxica dun óso.

    VER O DETALLE DO TERMO