"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Castro situado no monte Santa Águeda na confluencia entre os concellos de Vilamarín, A Peroxa e Coles. Está formado por dous recintos que non seguen a forma concéntrica, xa que o recinto interior se atopa nun extremo da zona amurallada. Está defendido por unha muralla e un foso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tratado asinado en París o 26 de setembro de 1815 por Federico Guillermo III de Prusia, Francisco I de Austria e Alexandre I de Rusia. Adheríronse os demais soberanos europeos agás Xurxo III de Inglaterra, o Papa Pío VII e o sultán de Constantinopla. Foi unha acción concertada das potencias vencedoras de Napoleón I Bonaparte para manter a orde europea que resultou da súa vitoria. Iniciada co Tratado de Chaumont (1814) que estableceu a Cuádrupla Alianza, concretouse nos acordos do Congreso de Aquisgrán (1818), onde xa foi admitida a Francia da Restauración. Baseouse na celebración de congresos periódicos e na aplicación do principio de intervención, restrinxido primeiramente ao caso dunha eventual revolución en Francia e ampliado en 1820 aos outros países da Alianza ou a calquera outro que fixera perigar a estabilidade destes. Así, interveu contra o réxime constitucional español coa invasión dos Cen Mil Fillos de San Luís (1823). Foi inoperante e as potencias absolutistas non interviñeron...
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Badajoz, Extremadura, regado polo Guadiana e situado na chaira de Serena (4.339 h [2001]).
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia de Oímbra, no concello homónimo. O seu cumio acada os 642 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de California, EE UU, situada ao SL da cidade de Los Angeles e na área metropolitana de Anaheim (337.977 h [2000]). Situada no fértil val homónimo, produce sobre todo cítricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
CAPITAIS
Capital do departamento de Santa Ana, El Salvador (139.389 h [1992]), situada nunha conca entre montañas, a 16 km ao NL do volcán do mesmo nome (2.381 m). É a segunda cidade do país e o centro industrial do café. Ten industria téxtil algodoeira, de mobles, de calzado e de coiro.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de El Salvador (2.023 km2; 522.139 h [estim 1997]). A súa capital é Santa Ana.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Carballedo baixo a advocación de santa Baia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Coristanco baixo a advocación de santa Baia.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Tarragona, Catalunya (3.398 h [2001]). Ten cultivos de regadío. Destaca a fabricación de botóns e tamén ten fábricas de mobles.
VER O DETALLE DO TERMO -
DEPARTAMENTOS
Departamento de Honduras (5.115 km2; 291.000 h [estim 1991]). A súa capital é Santa Bárbara (10.503 h [1988]).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fábrica de armas creada na Coruña en 1937 no transcurso da Guerra Civil Española. Instalouse provisionalmente no edificio de Correos ata que se trasladou a tres talleres situados nas escolas Da Guarda, no colexio Curros Enríquez e noutro situado preto da torre de Hércules. Especializouse na produción do mosquetón máuser e doutras armas, así como das máquinas que as facían. Despois da Guerra Civil Española abriu un cuarto taller. Viviu unha época de esplendor ata a década de 1960 coa fabricación do subfusil automático metrallador, coñecido como naranjero. En 1958 inauguráronse as novas instalacións en Pedralonga (Elviña) e, coa entrada en vigor do Plan de Estabilización (1959), integrouse na Empresa Nacional Santa Bárbara, dependente do INI, que posteriormente tomou o nome de Santa Bárbara Sistemas. A crise de 1966 solucionouse cunha regulación de emprego e cunha diversificación da produción e así, ademais de fabricar para o exército (fusil de asalto Cetme), abriuse a mercados non...
-
MUNICIPIOS
Municipio da provincia de Las Palmas, situado no sector N da illa de Gran Canaria, Canarias (17.598 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura de cereais e cítricos.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lugar e capital do concello de Santa Comba situado na parroquia homónima.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Estado da rexión Sul de Brasil (95.443 km2; 5.356.360 h [2000]). A súa capital é Florianópolis. A rexión marítima é unha chaira baixa, anegable, con algunhas lagoas. A Serra do Mar forma a divisoria entre a rexión marítima e a do interior. Todos os ríos da rexión interior son tributarios do Uruguay, mentres que os ríos da rexión marítima desembocan no Océano Atlántico. Cultívase té, algodón, cana de azucre, trigo e tabaco e críase gando bovino e caprino.
-
PARROQUIA
Parroquia do concello de Ferrol baixo a advocación de santa Cecilia.
VER O DETALLE DO TERMO