"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

  • GALICIA

    Xurista e político. Estudou dereito na Universidade de Santiago de Compostela. Foi vicepresidente da Cámara de Comercio, alcalde de Vigo (1903-1904) e presidente do Partido Liberal vigués. Fundou o xornal Heraldo de Vigo (1912-1914) e foi deputado polo distrito de Muros (1916-1919) e pola provincia de Toledo (1923).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Sindicalista. De ideoloxía republicano-federal, colaborou na organización da Federación Local de Sociedades Obreras de Santiago de Compostela, durante a década de 1920. Amante do teatro e da poesía social, participou na fundación do grupo teatral Brisas Futuras estreando a obra de X. San Luis Romero, O Fidalgo (1918). Colaborou na prensa obreira e progresista compostelá, particularmente en La Lucha Social. Ocupou a secretaría do Centro Republicano Federal de Izquierda Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é posterior a un período glacial.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Capacidade, facultade ou forza para facer algunha cousa ou producir un efecto.

      2. Poder ou capacidade que unha cousa ten para producir un cambio noutra ou para actuar sobre ela.

      3. Capacidade que un ser ten para pasar dun estado a outro, para cambiar e converterse en algo novo. Contraponse ao acto. Partindo deste concepto, en Aristóteles, tentouse identificar a potencia coa materia e o acto coa forma; así, a materia primeira foi tamén denominada potencia pura. A escolástica distinguiu dous tipos: a potencia lóxica, ou potencia obxectiva, e a potencia real, potencia propiamente dita ou potencia subxectiva.

      4. potencia sexual

        Capacidade de efectuar o acto sexual.

      1. Forza para impor a autoridade.

      2. Capacidade global dun estado. En 1890 Alfred Thayer Mahan aplicou o concepto aos estados marítimos que cría destinados a imporse sobre os estados continentais (navalismo). A partir da Segunda Guerra Mundial, o termo utilizouse como sinónimo dos catro aliados, EE UU, a URSS, Reino Unido e Francia, aos que se engadiu China. Co tempo, este termo foi sinónimo de estado ou nación, en tanto que se considera en función do seu papel económico, político e militar respecto dos outros estados.

    1. Enerxía emitida na unidade de tempo por un corpo ao facer vibrar as moléculas do medio material que o envolve.

    2. Grosor que posúe un estrato. É a extensión dun corpo de rocha tabular, xeralmente dun estrato, medido en sentido normal nos planos de estratificación inferior e superior. Hai establecida unha serie de potencias, que ten como grao ínfimo 1 cm, por debaixo do que se fala de laminación.

    3. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de potenciar.

    2. Operación que consiste en multiplicar un número (denominado base) por el mesmo tantas veces como indica outro número (denominado expoñente). O número a n é a potencia n-ésima de a.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que ou quen potencia ou serve para potenciar.

    2. Substancia que ten un sabor e un cheiro débiles, pero que acentúa a intensidade e a calidade dos aromas e dos gustos naturais dun alimento.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á potencia.

    2. Que existe en potencia, que pode suceder ou existir.

      1. Capacidade de obrar ou de actuar.

      2. Conxunto de posibilidades ou medios que ten algo ou alguén.

      3. potencial bélico

        Capacidade ofensiva e defensiva dun estado para facer a guerra.

      1. Función escalar da que deriva un campo de forzas potencial segundo a expresión -6V = F, sendo 6 o operador gradiente. A diferenza de potencial entre dous puntos A e B é o traballo realizado polas forzas do campo para trasladar unha unidade de masa (ou de carga) de A a B.

      2. potenciais de Lienard-Wiechert

        Funcións que dan o potencial escalar e o potencial vectorial do campo magnético creado por unha carga puntual dotada dun movemento arbitrario.

      3. po-tenciais retardados /

        Funcións que determinan os potenciais escalar e vectorial dun campo electromagnético variable e, polo tanto, o valor nun punto, nun instante dado depende do que sucedeu noutro punto, anteriormente, despois de que a perturbación se propagase cunha velocidade finita.

      4. ...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de potencial.

    2. Posibilidade de que algo ocorra ou exista.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Facer algo máis potente.

    2. Facer que algo mellore ou vaia a máis.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Alianza formada por Alemaña e o Imperio Austro-húngaro durante a Primeira Guerra Mundial. Recibiu este nome porque estaban rodeadas polo seus adversarios: Rusia polo L e Reino Unido, Francia e Bélxica polo O. Adóitase incluír baixo este nome aos seus aliados, o Imperio Otomán e Bulgaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conferencia internacional celebrada polos aliados en Potsdam entre o 17 de xullo e o 2 de agosto de 1945, para tratar os problemas de paz tras a Segunda Guerra Mundial. Participaron nela os representantes de EE UU (Truman e Byrnes), a URSS (Stalin e Molotov) e Reino Unido (Churchill e Eden). Acordouse o futuro de Alemaña coa elaboración dos tratados de paz, a división de Alemaña e Berlín en catro zonas de ocupación militar (estadounidense ao SO, francesa ao O, británica ao NO e soviética ao L), o desarmamento e a desmilitarización do Terceiro Reich e a división de Prusia Oriental entre a URSS e Polonia, establecendo a liña do Oder-Neisse.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Investigador de cinematografía. Vinculado ao mundo da fotografía e do cine, realizou estudos de arquitectura e, desde a década de 1970, colabora con diversas publicacións nacionais e internacionais de cinematografía. Entre 1976 e 1987 foi responsable da programación na Filmoteca Española, centro que dirixe desde 1988. Responsable do establecemento de sedes especializadas para as distintas funcións deste centro, a exhibición no cine Doré, a conservación na Ciudad de la Imagen e a administración e documentación no Palacio de Pelares, tamén colabora cos equipos directivos de diversos certames cinematográficos.
    En 2015 recibiu o premio Fénix pola Contribución á Cultura Cinematográfica de Iberoamérica. 

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Prioridade dunha cousa respecto doutra no tempo ou no espazo.

    2. Superioridade ou importancia dunha cousa sobre outra.

    3. Preferencia honorífica que ten alguén no lugar e asento dalgúns actos oficiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Calidade de predominante.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de preeminente.

    2. Preferencia ou privilexio concedido a alguén sobre outro por mor dos seus méritos especiais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Feito de preexistir.

    2. Existencia da alma con anterioridade á súa unión co corpo, en certas relixións antigas e en diversas doutrinas filosóficas como o pitagorismo, platonismo, orixenismo e priscilianismo. A preexistencia das almas pode ser entendida como a ordenada desde un principio a unha futura encarnación ou como a existencia orixinariamente espiritual e pura que se ve degradada despois, por unha culpa, nunha existencia incorporada.

    3. Existencia eterna de Xesús Cristo previa á súa manifestación histórica na persoa de Xesús de Nazaret, en tanto que foi por el, como Verbo de Deus feito home, que Deus creou o mundo con vista á futura salvación. OBS: A grafía <x> representa o son [ks].

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Acción de preferir.

      2. Cousa que se escolle dentro dun grupo.

    1. Prioridade, vantaxe ou favor que se ten sobre algo ou alguén.

    2. Lugar preferente nunha sala de espectáculos ou nun estadio deportivo.

    3. Dereito concedido nunha compravenda a un dos compradores para adquirir unha cousa moble, sempre que non tomase posesión antes ca os outros compradores.

      1. Motivo que fai que o suxeito dunha decisión económica se incline pola adquisición ou conservación dun ben determinado comparando a súa utilidade coa doutros. A preferencia temporal fai referencia á elección duns bens determinados, independentemente do seu prezo. A preferencia revelada explica o comportamento da demanda e baséase na racionalidade do consumidor individual e na posibilidade de ordenar obxectivamente as súas preferencias.

      2. sistema xeneralizado de preferencias

        Réxime aduaneiro multilateral integrado na UNCTAC en 1970 polos estados desenvolvidos en favor dos produtos manufacturados importados dos países en vías de desenvolvemento, polo que se reducen ou mesmo suprimen os aranceis, pero con posibles restricións cuantitativas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que é anterior a un período glacial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Tendencia dunha estrutura perceptiva que prevalece sobre outra, segundo a escola da psicoloxía da forma. Como regra xeral, as estruturas simples e regulares prevalecen sobre as asimétricas e incompletas.

    VER O DETALLE DO TERMO