"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Praia situada na Punta de Santa Marta, zona de gran presión urbanística.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 210 metros ANCHURA MEDIA: 3 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Urbana PASEO MARÍTIMO: Si
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Dourada CONDICIÓNS BAÑO: Ondada moderada / Ventosa ZONA DE FONDEO: Si NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Non ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Si SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital Xeral-Cíes DIRECCIÓN: C/ Pizarro, nº 22. Vigo TELÉFONO: 986 81 60 00 DISTANCIA APROXIMADA A PRAIA:...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Bergondo baixo a advocación de santa Marta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado por Afonso XIII en 1924 a Alfredo Moreno e Osorio, Moscoso de Altamira e Chacón . Sucedeuno o seu fillo José Moreno Torres , II conde de Santa Marta de Babío (?-Madrid 1983), alcalde de Madrid (1946-1952), sucedido polo seu fillo Rafael Moreno Benjumea . Trae por armas as de Moreno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Lugo baixo a advocación de santa Marta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Riotorto baixo a advocación de santa Marta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello do Pereiro de Aguiar baixo a advocación de santa Marta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada no Pereiro de Aguiar. De orixe románica, ten elementos góticos dos ss XIII e XIV e fachada barroca do s XVIII. Ten planta de nave única rectangular con capela maior rectangular, ambas as dúas decoradas con pinturas, e sancristía pegada. A porta principal é dunha soa arquivolta de arco apuntado enmarcado cunha orla decorada con zigzags, apoiada sobre columnas acobadeladas. Sobre a porta ábrese unha ventá e sobre esta unha espadana de tres corpos decrecentes. No muro sur ábrese unha porta con dúas arquivoltas apoiadas en columnas acobadeladas con capiteis vexetais. Ao seu redor celébrase a romaría dos Gozos, os dous domingos seguintes ao de Pascua.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Título outorgado en 1442 por Xoán II a Diego Pérez Sarmiento, señor de Santa Marta de Ortigueira, Ribadavia e outros lugares, adiantado maior de Galicia. O II conde de Santa Marta de Ortigueira foi o seu neto Francisco Sarmiento de Zúñiga , que preiteou co seu tío Bernardiño Sarmiento, I conde de Ribadavia. A III condesa de Santa Marta de Ortigueira foi Isabel Sarmiento de Zúñiga , que casou con Álvaro Pérez Osorio, polo que o condado quedou unido ao condado de Trastámara e ao marquesado de Astorga. A XIII condesa de Santa Marta de Ortigueira, Ana Nicolasa de Guzmán Dávila Osorio , casou en 1707 con Antonio Gaspar Osorio de Moscoso e Aragón, VIII conde de Altamira e os títulos permaneceron unidos ata que á morte do XIX conde de Santa Marta de Ortigueira, Vicente Pío Osorio de Moscoso e Ponce de León , o título reverteu na coroa. Restituíuno en 1915 o tataraneto deste, Fernando Osorio de Moscoso...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Salamanca, Castela e León, situado ao SL da cidade de Salamanca e delimitado polo río Tormes (12.090 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Esgos baixo a advocación de santa Olaia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Toledo, Castela-A Mancha, situado no val do río Alberche (2.597 h [2001]). A base da súa economía é a agricultura e as industrias derivadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Huelva, Andalucía, situado en Sierra Morena, delimitado ao N pola provincia de Badajoz (2.192 h [2001]). A súa economía baséase nas actividades agropecuarias e nas minas de ferro e cobre.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Losón (Lalín). O seu cumio acada os 590 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Tarragona, Catalunya (2.261 h [2001]). A agricultura é a base da súa economía, xunto coa industria agropecuaria e de derivados do cemento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (20.479 h [2001]). As principais industrias correspóndense ao sector do metal, de materiais plásticos, de papel, de téxtil, do químico e da construción.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MUNICIPIOS

    Municipio da provincia de Alacant, Comunitat Valenciana (19.782 h [2001]). O regadío está ocupado por cítricos e hortalizas. Destaca tamén a actividade pesqueira.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Sabadelle (Chantada). O seu cumio acada os 586 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Santa Comba baixo a advocación de san Xulián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Denominación dada primitivamente a todas as igrexas fundadas polos apóstolos, e reservada actualmente á de Roma, que comprende, desde un punto de vista xurídico, o papa e os órganos de goberno (curia romana) que axudan no goberno da Igrexa Católica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Zas baixo a advocación de santa Sía.

    VER O DETALLE DO TERMO