"AND" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3994.

  • PERSOEIRO

    Novelista ucraíno. Coñecido como Mark Aldanov, escribiu novelas históricas en ruso influídas sobre todo por L. N. Tolstoj. Destaca a tetraloxía Myslitel, sobre a Revolución Francesa e o primeiro imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico alemán. Investigou a teoría cuántica e a estrutura atómica. En 1918 deduciu, xunto con Max Born, unha expresión para calcular teoricamente as enerxías de rede na formación dos compostos iónicos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Cociente entre o momento magnético dun electrón, dun nucleón ou dun átomo, expresados en magnetóns de Bohr, e o seu momento angular, expresado en constantes de Plack e dividido por 2ð.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Negreira baixo a advocación de santo Estevo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Pintor. Formouse co seu avó, o pintor Filipe Bolaño, e traballou como policromador con Xosé Ferreiro. Destacou no dominio do debuxo. Entre as súas obras destacan as pinturas das portas da antesancristía de San Martiño Pinario, nas que representou as armas da Congregación de Valladolid e as alegorías da temperanza e a Igrexa triunfante, inspiradas en modelos italianos. Realizou tamén Xesús camiño do Calvario e Erección da cruz, situados no retablo maior da capela de San Froitoso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Escultor. Formouse na Real Sociedad Económica de Amigos del País de Santiago de Compostela e na Escuela Superior de Bellas Artes de Madrid. Foi profesor na Escola de Belas Artes de Santiago de Compostela e director da de Baeza, e escultor anatómico da facultade de Medicina da universidade compostelá. Realizou, entre outras obras, o mausoleo de Rosalía de Castro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Xornalista e escritor. Comezou a súa andaina profesional en La Noche (1946-1951) e foi correspondente do diario Madrid e de La Vanguardia no estranxeiro. Ao seu regreso, exerceu como xefe de redacción, subdirector e director de Faro de Vigo (1964-1979). Colaborador da revista Grial, exerceu tamén como xefe de prensa do Tribunal Constitucional. Escribiu, ademais de diversos ensaios sobre Guimarães Rosa, Fernando Pessoa e Lima Barreto, Elucidario de Camões (1963), Dicionario del Quijote (1965), Dos devanceiros ao dezaoito (1975) e Federico García Lorca y Galicia (1986). Realizou tamén unha tradución ao galego da obra A barca do inferno (1970), de Gil Vicente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado na parroquia de Prado (Vilar de Barrio). O seu cumio acada os 800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Piso en desuso do Paleoceno, equivalente aproximado do Tanetiano, que definiu A. Dumont en 1893 en Landen (SL de Lovaina, Bélxica).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao Landeniano.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento francés de Aquitania, situado en Occitania (9.242 km2; 327.334 h [1999]). A capital é Mont de Marsan (29.489 h [1999]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión da costa atlántica de Aquitania, Occitania, que se estende desde o esteiro do Garonne ao N ata o río Ador no S. Forma unha ampla chaira duns 14.000 km2, atravesada no NO por vales encaixados, escavados polo río Leyre e polos tributarios do Ador. A drenaxe vese dificultada pola pendente débil e a existencia dunha capa impermeable e pouco profunda, que contribúe a converter a rexión nunha ampla área pantanosa, apta só para o pasto de ovellas. A desecación e posterior plantación de piñeiros durante o s XIX cambiou o aspecto e a economía da rexión, orientada na explotación forestal e cara ás industrias transformadoras da madeira. Ten explotacións de lignito en Arjuzanx e extraccións petrolíferas en Parentis-en-Born. Tamén posúe estacións termais.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Cargo ou título do Sacro Imperio. Desde o s XII era o funcionario que estaba á cabeza dunha demarcación territorial. Foi instituído polos señores de Alsacia, Hesse e Turinxia e desde a territorialización dos cargos no s XIII foron os xefes dun landgraviato ou reforzaron o poder imperial ao lado dos duques.

    2. Maxistrado que exercía a xustiza en nome do emperador xermánico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao landgrave ou ao landgraviato.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Dignidade dun landgrave.

    2. Territorio da xurisdición do landgrave. Recibiron este nome gran parte dos territorios do Sacro Imperio en que non había ducados. Case todos os landgraviatos acadaron categorías superiores (ducado, electorado). O derradeiro landgraviato soberano foi o de Hessen-Homburg, que durou ata 1866.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Muller ou filla do landgrave.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Foi autor de diversos madrigais, arias, misas, salmos a diferentes voces e diversas obras escénicas, como Il Sant’Alessio (1634).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e militar. Foi doutor en dereito pola Universidad de Madrid (1974), ingresou no corpo xurídico da Armada e foi coronel auditor (1966). Foi secretario e vogal do Tribunal de Defensa da Competencia, dirixiu o semanario Litoral (1954-1955) e foi subdirector da Revista General de Marina. Escribiu Vida y viajes de Pedro Sarmiento de Gamboa (1945), Manual de Derecho Penal y Procedimientos Militares (1947) e Mourelle de la Rúa, explorador del Pacífico (1971). Foi membro correspondente da Real Academia Galega e da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Avogado e xornalista. Colaborador de Faro de Vigo e ABC, foi director da revista Litoral, delegado provincial do ministerio de Información e Turismo e gobernador civil de Araba (1976). Escribiu Pontevedra de aquélla (1986).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Biólogo. Licenciado en Ciencias pola Universidade Complutense de Madrid, en 1972 incorporouse ao Plan de Explotación Marisqueira de Galicia, onde traballou como asesor das confrarías de pescadores e investigador. En 1976 foi nomeado encargado da ría de Pontevedra, cargo en que continuou as súas investigacións sobre moluscos bivalvos. En 1980 foi nomeado director do Centro Experimental de Vilaxoán e en 1981 xefe do departamento de Crustáceos. En 1994 asumiu a delegación territorial en Pontevedra da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura da Xunta de Galicia e en 1995 tomou posesión como director xeral de Marisqueo e Acuicultura. En decembro de 1997 pasou a ser conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, cargo onde permaneceu ata setembro de 2001, cando presentou a súa dimisión para dirixir o Centro Tecnológico del Mar.

    VER O DETALLE DO TERMO