"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Revista editada en Ourense a partir de 1888. O seu único redactor foi Xoán de la Coba Gómez, quen asinaba os seus artigos co pseudónimo de Perito Agrimensor. Todas as colaboracións escribiunas en “trampitán”, unha lingua inventada por el mesmo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Execución ou sucesión de algo en graos pasando por todas as etapas, fases ou estados intermedios.

      1. Serie de cousas ordenada por graos.

      2. Grao de contraste nunha imaxe, no que as imaxes que posúen un baixo contraste defínense como suaves, e as que teñen un alto contraste denomínanse duras.

    2. Posibilidade que ten o adxectivo de recibir a atribución de diversos graos de significación (comparativo e superlativo).

    3. Figura retórica que consiste nunha sucesión de expresións ou palabras, en grao crecente ou decrecente, de xeito que van acentuando o seu significado.

    4. Clasificación dos grans polo grosor progresivo nos sedimentos detríticos. Pode ser lateral (diminución do gran dunha capa no sentido da corrente de auga) ou vertical (diminución do grosor da base que sostén unha capa).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en San Miguel de Oia (Vigo). Está moi remodelada. Conserva un muro de peche con ameas e capela unida polo interior que presenta escudos, entre eles un alusivo á Inquisición.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de graduar ou graduarse.

    2. Número de graos que ten algo, especialmente as bebidas alcohólicas.

    3. Método educativo que agrupa os alumnos en seccións máis ou menos homoxéneas para que todos os seus compoñentes sexan capaces de asimilar as mesmas ensinanzas. Aparece dunha maneira clara no s XIX coa escola graduada. Hai que sinalar que múltiples investigacións pedagóxicas teñen posto de relevo as limitacións deste proceso metodolóxico, e por isto hoxe téndese a matizar esta metodoloxía facendo valer o principio da individualización didáctica.

    4. Categoría dun militar no exército ao que pertence.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de grafitar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Descomposición da cementita en grafito e ferro, segundo a reacción Fe3C S C + 3Fe, que se pode desprazar á dereita polo arrefriamento lento do metal ou por medio de elementos grafitizadores. Coa grafitización aumenta a mecanizabilidade e a tenacidade da aliaxe e diminúe a dureza.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nun espazo vectorial de dimensión finita n e dotado dun produto interno <,>, proceso que permite obter unha base ortogonal {w1,...,wn} a partir dunha base calquera {v1,...,vn} do espacio. O proceso que determina esta base denomínase ortonormalización de Gram-Schmidt.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso polo que unha palabra ou expresión se converte en simple instrumento gramatical coa perda do seu contido significativo inicial.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • gramaticalización.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Conxunto de procesos mediante os que unha rocha se transforma ata adquirir a estrutura e a composición do granito.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de granular ou granularse.

    2. Aspecto que presenta a fotosfera solar que, vista a través dun telescopio, está constituída por unha multitude de pequenas celas que se denominan gránulos. Suponse que estes gránulos ou grans de arroz, son o extremo superior das correntes convectivas que se xeran nas rexións opacas do Sol. Tamén recibe o nome de granulación fotosférica.

    3. Operación de obtención dun granulado. Denomínase granulación seca cando a masa do medicamento se esmiúza mecanicamente e se pasa pola criba, e granulación húmida cando esta masa de consistencia semisólida se deixa secar despois de a pasar pola criba.

      1. Lesión que consiste na formación de pequenas nodosidades (desde 2 ou 3 mm ata 20 mm) duras e transparentes ao principio e despois opacas, que están constituídas por aglomeracións de folículos tuberculosos.

      2. Eminencia formada polos folículos da conxuntiva cando se hipertrofian.

    4. Operación de granular un metal escuro ou unha substancia pulverulenta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Disposición dos grans dentro dunha capa.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de gratificar.

    2. Cantidade independente do salario que, con carácter individual e non periódico, recibe o traballador como estímulo ou recompensa por uns servicios determinados, extraordinarios ou non.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de gratular ou gratularse.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de gravar sons ou imaxes nun soporte magnético.

    2. Cinta ou disco gravado.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de gravitar.

    2. In-teracción gravitacional. A gravitación é unha das catro interaccións fundamentais; experiméntana todas as partículas, con enerxía, e a partícula mediadora é o gravitón. Desde o punto de vista da mecánica clásica (newtoniana), os corpos atráense polo feito de ter masa, máis concretamente masa gravitacional. Pódese visualizar esta atracción gravitacional mediante un campo vectorial. Este campo gravitacional é un campo conservativo que deriva do potencial gravitacional. A forza gravitacional que experimenta unha masa puntual m’ para situarse nun punto r do campo gravitacional enxendrada pola masa m é F =m’ g ( r ). Esta forza é conservativa; deriva da enerxía potencial gravitacional. A expresión desta forza coñécese como lei da gravitación universal ou da atracción universal. Desde o punto de vista da relatividade xeral, o campo gravitacional é a curvatura do espacio-tempo...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á gravitación.

    2. Imaxe predita por Einstein, pola que a luz que procede dunha galaxia que se sitúa detrás dun cúmulo queda distorsionada pola atracción gravitatoria desta. Un caso particular é o anel de Einstein.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Funcións que serven para resolver ecuacións diferenciais cando determinadas condicións de contorno se impoñen. O emprego destas funcións permite reducir a resolución dunha ecuación diferencial non homoxénea á dunha ecuación diferencial case homoxénea. A solución desta ecuación é a función de Green.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de adición nucleofílica do carbanión R- sobre un átomo positivo ou un enlace polar. Prodúcese mediante a acción do reactivo de Grignard, e pódense obter ácidos carboxílicos, alcois, aldehidos e outros compostos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Huig van Groot.

    VER O DETALLE DO TERMO