gradación

gradación

(

  1. s f

    Execución ou sucesión de algo en graos pasando por todas as etapas, fases ou estados intermedios.

    Ex: Unha gradación crecente. Unha gradación descendente.

  2. s f
    1. Serie de cousas ordenada por graos.

      Ex: O lenzo presenta unha gradación de cores escuras.

    2. [IND/ARTE]

      Grao de contraste nunha imaxe, no que as imaxes que posúen un baixo contraste defínense como suaves, e as que teñen un alto contraste denomínanse duras.

  3. s f [LING]

    Posibilidade que ten o adxectivo de recibir a atribución de diversos graos de significación (comparativo e superlativo).

  4. s f [LIT]

    Figura retórica que consiste nunha sucesión de expresións ou palabras, en grao crecente ou decrecente, de xeito que van acentuando o seu significado.

  5. gradación sedimentaria [XEOL]

    Clasificación dos grans polo grosor progresivo nos sedimentos detríticos. Pode ser lateral (diminución do gran dunha capa no sentido da corrente de auga) ou vertical (diminución do grosor da base que sostén unha capa).

Palabras veciñas

Gracq, Julien | Grada | Grada, A Cruz da | gradación | gradadura | Gradaille, pazo de | gradar