granulación
(< 2 granular)
-
s
f
Acción e efecto de granular ou granularse.
-
s
f
[ASTRON]
Aspecto que presenta a fotosfera solar que, vista a través dun telescopio, está constituída por unha multitude de pequenas celas que se denominan gránulos. Suponse que estes gránulos ou grans de arroz, son o extremo superior das correntes convectivas que se xeran nas rexións opacas do Sol. Tamén recibe o nome de granulación fotosférica.
-
s
f
[MED]
Operación de obtención dun granulado. Denomínase granulación seca cando a masa do medicamento se esmiúza mecanicamente e se pasa pola criba, e granulación húmida cando esta masa de consistencia semisólida se deixa secar despois de a pasar pola criba.
-
s
f
[PAT]
-
Lesión que consiste na formación de pequenas nodosidades (desde 2 ou 3 mm ata 20 mm) duras e transparentes ao principio e despois opacas, que están constituídas por aglomeracións de folículos tuberculosos.
-
Eminencia formada polos folículos da conxuntiva cando se hipertrofian.
-
-
s
f
[TECNOL]
Operación de granular un metal escuro ou unha substancia pulverulenta.