1 granular
1 granular
(
-
adx
Que presenta gránulos ou granulacións.
Ex: Estrutura granular.
-
adx
Que ten a forma dun gránulo.
-
adx
[XEOL]
Aplícase á microestrutura holocristalina na que os cristais son visibles ao ollo e ten medidas similares, xeralmente entre un milímetro e un centímetro. É característica das rochas plutónicas.
-
efecto granular
[FÍS]
Fenómeno propio dos tubos electrónicos, que consiste na aparición de flutuacións da corrente de saída, que se debe á emisión discontinua do cátodo e ás flutuacións instantáneas na distribución dos electróns entre os electrodos. Tamén recibe o nome de efecto de granalla.