granulación

granulación

(< 2 granular)

  1. s f

    Acción e efecto de granular ou granularse.

  2. s f [ASTRON]

    Aspecto que presenta a fotosfera solar que, vista a través dun telescopio, está constituída por unha multitude de pequenas celas que se denominan gránulos. Suponse que estes gránulos ou grans de arroz, son o extremo superior das correntes convectivas que se xeran nas rexións opacas do Sol. Tamén recibe o nome de granulación fotosférica.

  3. s f [MED]

    Operación de obtención dun granulado. Denomínase granulación seca cando a masa do medicamento se esmiúza mecanicamente e se pasa pola criba, e granulación húmida cando esta masa de consistencia semisólida se deixa secar despois de a pasar pola criba.

  4. s f [PAT]
    1. Lesión que consiste na formación de pequenas nodosidades (desde 2 ou 3 mm ata 20 mm) duras e transparentes ao principio e despois opacas, que están constituídas por aglomeracións de folículos tuberculosos.

    2. Eminencia formada polos folículos da conxuntiva cando se hipertrofian.

  5. s f [TECNOL]

    Operación de granular un metal escuro ou unha substancia pulverulenta.