"Ea" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3634.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeiro concilio ecuménico, convocado en 325 polo Emperador Constantino I e ratificado por Silvestre (314-335), coa finalidade de combater o arianismo. Condenou a tese de Ario, insistiu no concepto teolóxico do homoousios, segundo o que o Fillo é consubstancial co Pai, e fixou a data de Pascua no domingo seguinte ao primeiro plenilunio de primavera. Durante a súa celebración aprobouse a declaración de fe coñecida como Símbolo Niceno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sétimo concilio ecuménico, convocado pola Emperatriz Irene en 787 por iniciativa do patriarca de Constantinopla. Reuniuse en Constantinopla pero foi disolto polos soldados e volveuse reunir en Nicea. Rematou coa controversia iconoclasta.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Imperio fundado polo Emperador Teodoro I Láscaris en 1204 na cidade de Nicea. Intentou representar a continuidade e a lexitimidade do Imperio Bizantino tras a conquista de Constantinopla pola Cuarta Cruzada (1201), así como chegar a facerse cos territorios de Lidia, Bitinia, parte de Frixia e algunhas illas do Exeo. Foi gobernada por cinco emperadores: Teodoro I Láscaris (1204-1222), Xoán III Ducas Vatatzes de Bizancio (1222-1254), Teodoro II Ducas Láscaris (1254-1258), Xoán IV Ducas Láscaris de Bizancio (1258-1261) e Miguel VIII Paleólogo (1259-1261). A loita destes contra os usurpadores latinos foi constante e, por medio de sucesivos pactos e alianzas con outras potencias, conseguiron expulsalos de Constantinopla en 1261, restaurándose deste xeito o Imperio Bizantino.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Empresa editorial fundada en Vigo en 1998 coa vontade de recuperar a memoria galega a través de libros coidados e ilustrados. Con Gonzalo Allegue Otero como director, a súa liña editorial centrouse no ensaio, o turismo, a historia e a etnografía. Destacan as coleccións “Retrato de Galicia”, “Andaina”, “Libros da Brétema” e “Colección Maior”.
-
VER O DETALLE DO TERMO
ara branca.
-
-
Relativo ou pertencente ás ninfeáceas.
-
Planta da familia das ninfeáceas.
-
Familia de plantas acuáticas ou palustres, que presentan follas peltadas ou cordiformes, flores trimétricas ou polimétricas, grosas e solitarias, e froitos xeralmente baciformes. Habitan en augas doces.
-
-
-
Relativo ou pertencente ás ninfeais.
-
Planta da orde das ninfeais.
-
Orde de plantas herbáceas, anuais ou perennes, moitas delas rizomatosas, que presentan follas alternas con longos pecíolos ou dimorfas, dispostas en verticilos. As flores son solitarias e unisexuais ou hermafroditas. Son plantas acuáticas, e moitas delas empréganse como ornamentais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía de teatro creada en 1987 en Cangas por integrantes do Grupo Mua e da sección viguesa da Escola Dramática Galega. Nunha primeira etapa realizaron os espectáculos E vostede, como se chama? (1985), sobre textos de varios autores e dirección de Manuel F. Vieites, Zeussión continua (1986), sobre un texto de Woody Allen e dirección de Manuel F. Vieites, e Ácido Sulfúrico (1987), sobre un texto de Alfonso Vallejo con dirección de Celso Parada. En 1989 produciron o seu primeiro espectáculo profesional, Ubú Rei, de A. Jarry, con dirección de Etelvino Vázquez, responsable igualmente da dirección de María Soliña (1990), de Xosé Manuel Pazos, Tic-tac (1995), de Suso de Toro, Sempre Ubú (1997), de A. Jarry, ou Fausto, de C. Marlowe (2001). Forma parte do padroado organizador da Mostra Internacional de Teatro Cómico e Festivo de Cangas. Recibiu o Premio Xiria (1995).
-
PERSOEIRO
Físico francés. Coñecido como abbé Nollet, descubriu o fenómeno da osmose dos líquidos (1748) e foi o primeiro en demostrar que o son se propaga dentro da auga. Inventou o primeiro electroscopio (1747) e está considerado o fundador da electroterapia empírica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
nomeable.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que se pode nomear.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Sobrenome que se lle pon a unha persoa ou a unha familia.
-
-
de nomear.
-
Que ten por nome.
-
Que foi designado para un cargo.
-
Que ten sona.
-
-
-
Acción e efecto de nomear.
-
Escrito ou documento en que se indica a alguén que foi designado para un cargo ou oficio.
-
-
-
Dicir o nome de alguén ou dalgunha cousa.
-
Elixir a alguén para un cargo ou unha función.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Característica dun sistema cuxo comportamento non se pode representar por ecuacións diferenciais lineares. Nos sistemas sometidos as non-linearidades clasifícanse en dous grupos, esenciais e accidentais, segundo sexan introducidas deliberadamente ou non. Das primeiras destaca a denominada todo ou nada, e das segundas a curvatura, o limiar, a saturación e a histérese. A miúdo aparecen combinacións de diversos tipos de non-linearidade.
-
-
Relativo ou pertencente á República Democrática Popular de Corea ou aos seus habitantes.
-
Natural ou habitante de República Democrática Popular de Corea.
-
-
-
Tomar unha embarcación rumbo cara ao nordés.
-
Declinar a agulla náutica cara ao nordés.
-
Soprar o vento do nordés.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Compañía profesional de teatro creada en 1987 coa denominación de Producións do Noroeste. Coordinada por Luma Gómez e dirixida por Eduardo Alonso, presentou, entre outros, os espectáculos Medea (1987) de Eduardo Alonso e Manuel Guede, Rei Lear (1990) de Shakespeare, Tagen Ata (1990), a partir do relato de Xosé Luís Méndez Ferrín, A grande noite de Fiz (1992) de Miguel Anxo Murado, Galileo Galilei (1993) de Bertolt Brecht, As vodas de Fígaro (1994) de Caron de Beaumarchais, A gaiola (1996) de Alfredo Conde, Unha rosa é unha rosa (1997) de Suso de Toro, Feirantes (1999), sobre textos de Álvaro Cunqueiro, A Celestina (2000) ou As damas de Ferrol (2002) de Eduardo Alonso. En 1998 coproduciu, co Teatro do Noroeste de Viana do Castelo, o espectáculo Estación Mahagonny, con dirección de Jorge Castro Guedes. Á parte desta actividade tamén publicou diversos materiais didácticos e sete números...
-
-
Tomar unha embarcación rumbo cara ao noroeste.
-
Declinar a agulla náutica cara ao noroeste.
-
Soprar o vento do noroeste.
-