"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Cantabria situado na ría homónima (11.053 h [2001]). Na súa economía sobresae a pesca, a gandaría e as industrias derivadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Cuarto estado do Cretáceo Superior situado sobre o Coniaciano e baixo o Campaniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Santoniano.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente aos santóns.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Lactona que se atopa en diversas especies do xénero Artemisia. Obtense das súas fontes naturais e emprégase en medicina como antihelmíntico. É, en cambio, tóxica e produce a miúdo xantopsia e trastornos gastrointestinais.
-
-
Libro que contén vidas de santos.
-
-
Lista de santos venerados na Igrexa.
-
Libro litúrxico que contén os textos propios das festas dos santos.
-
Parte do ano litúrxico que comprende as celebracións dos santos, en contraposición ao temporal.
-
-
-
ILLAS
Illa grega do Mar Exeo, a máis meridional das Cícladas (75 km2; 7.750 h [estim 1982]). Coas illas menores Thirasia, Apronisi, Pelea e Nea Kaimeni, constitúe a cova dun antigo cráter volcánico. O centro máis importante é Thēra, situada no cumio dunha das altas paredes que caen verticalmente sobre o mar. A poboación vive do turismo e da exportación de viño. Desenvolvida polos romanos foi, máis tarde, sede episcopal e pertenceu aos bizantinos, aos venecianos e ao ducado de Naxos. Ocupada polos turcos (1537), volveu novamente a Grecia na época da independencia.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Médico italiano. Discípulo de Malphigi, especializouse en anatomía e describiu diversas cartilaxes, plexos e condutos. É un dos creadores da obstetricia.
VER O DETALLE DO TERMO -
MONTES
Monte situado na parroquia do Tameirón (A Gudiña). O seu cumio acada 1.061 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
CIDADES
Cidade do estado de São Paulo, Brasil, situada na costa atlántica, a 70 km da capital (412.243 h [1996]). É o porto do estado de São Paulo e o primeiro exportador do mundo de café.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do plural de santo, do latín sanctus, participio do verbo sancio, termo da linguaxe relixiosa e política que significa ‘facer sagrado ou inviolable, establecer solemnemente’, e de aí ‘ratificar, sancionar’. Coa chegada do cristianismo sanctus pasou de ‘consagrado a deus, venerable’ a ‘home que pola súa perfección participa de certas prerrogativas divinas e que algunhas igrexas cristiás elevan ao culto dos altares’, isto é, ‘santo’. Curiosamente este nome funciona en singular, aínda que o seu significado alude á colectividade dos santos anónimos. Tamén aparece rexistrado como apelido.
-
PERSOEIRO
Músico. Foi director da Banda de Música do Concello de Santiago de Compostela, da de Luarca, da Banda e Orquestra da Coruña e director da Coral Severo Ochoa. Membro do Colegio Nacional de Directores, das súas composicións destacan Libredón, Tambre-Antealtares, As nosas cousas, Xiradela, Rapsodias e Anduriña. Recibiu o Premio Nacional de Composición do Conservatorio Superior de Bilbao.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Economista. Foi subdirector da Escola Universitaria de Empresariais da Universidade de Vigo, dirixiu a publicación semestral Cooperativismo y Economía Social e presidiu a Asociación para la Economía Social. Publicou Un modelo teórico dinámico de comportamento do capitalismo (1986) e Historia da pesca e salgazón nos ríos de Baixos, dende as ordenanzas xerais da Armada de 1748 ao desestanque efectivo do sal de 1870 (1990).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Šem Ṭ ob ben I ṣḥ aq ibn Ardutiel.
-
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Badajoz, Extremadura (7.931 h [2001]). A súa economía baséase na agricultura, a gandaría e a industria de cemento.
VER O DETALLE DO TERMO -
SEMANARIOS
Semanario publicado en La Habana a partir do 9 de agosto de 1908. Subtitulado “Revista Semanal Ilustrada”, saíu os domingos baixo a dirección de Ricardo Carballal. De carácter literario, incluíu noticias de Galicia e da emigración.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Historiador. Comezou os estudos de xeografía e historia na Universidade de Santiago de Compostela, e especializouse no estudo da prensa galega e dos medios de comunicación do Estado. Destacou pola publicación dos volumes Historia de la prensa gallega: 1800-1986 (1990) e Historia de la prensa gallega: 1800-1993 (1995), que recolle máis de tres mil publicacións galegas, ademais do Dicionario de seudónimos y apodos gallegos (2003). Tamén publicou Índice general de la prensa gallega A Coruña 2007. Colaborador de El Correo Gallego e La Opinión de A Coruña, foi responsable de dúas mostras: “Exposición sobre caligrafía” (1990) e “El Humor y la guerra del Golfo” (1992) realizadas na Sala del Ateneo da Coruña.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Xurista. Axente oficial do Registro Español de Patentes y Marcas, foi secretario do Consello Social da Universidade de Santiago de Compostela (1987-1989). Fundador da revista Malapata, publicou Los hijos de los conquistadores.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Pedagogo. Doutor en Filosofía e Ciencias da Educación (1985) pola Universidade de Santiago de Compostela e catedrático de universidade desde 2002, ampliou estudos na Cambridge University e foi investigador e profesor visitante na Florida International University, así como na University of Illinois at Urbana-Champaign e Johns Hopkins University. Foi director da UNED na Coruña, vicerreitor de profesorado da USC (1994-1998) e, desde 1998, director do Instituto de Ciencias da Educación. As súas liñas de investigación son inmigración e educación, educación intercultural, teoría de procesos educativos, política educativa, educación e sociedade civil e pedagoxía da motivación. Das súas obras destacan Teoría y práctica de la educación intercultural (1994), Inmigración e acción educativa en Galicia (2003) e Estudios sobre flujos migratorios en perspectiva educativa y cultural (2005). Dirixiu a obra La investigación educativa en Galicia (1989-2001) (2004). Membro...
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Dinamizador cultural. Licenciado en Matemáticas e Enxeñaría Xeográfica pola Universidade de Coimbra (1951), participou nos movementos reivindicativos dos estudantes e en diversas actividades académicas como o Teatro de Estudantes. En 1946 tivo un papel activo no Movimento de Unidade Democrática Juvenil. En 1957 trasladouse a Guimarães para dar clases de matemáticas na Escola Industrial e Comercial onde promoveu a creación de diversas asociacións culturais como o Cineclube de Guimarães, o Teatro de Ensaio Raul Brandão, a editorial O Povo de Guimarães ou o Cercigui. A partir de 1963 militou na oposición democrática de Braga. En 1986 foi nomeado membro do senado da Universidade do Minho e, desde 1990, presidiu a Sociedade Martins Sarmento. Debido á súa orientación política de esquerda, foi detido en 1968 e afastado da función pública ata despois da Revolução dos Cravos. Participou na creación do Partido Movimento Democrático Português, integrando os órganos directivos nacionais e foi un dos...
VER O DETALLE DO TERMO