Santos e Meigas
Santos e Meigas
Semanario publicado en La Habana a partir do 9 de agosto de 1908. Subtitulado “Revista Semanal Ilustrada”, saíu os domingos baixo a dirección de Ricardo Carballal. De carácter literario, incluíu noticias de Galicia e da emigración.