"An" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 28709.
-
GALICIA
Xeógrafo. Director do Centro de Estudios Turísticos (CETUR) desde 2005, destacou como investigador en diferentes aspectos da xeografía social, da crise das comunidades pesqueiras, do turismo e dos impactos xerados nas comunidades rurais e pesqueiras. Publicou Municipios y parroquias de Galicia (1989), Bibliografía de xeografía de Galicia (1990) con Pazo Labrador, O Declive demográfico da parroquia rural galega: o caso da provincia de A Coruña (1994) e Poboación e Territorio (1995).
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
(Asados, Rianxo 28.9.1936) Mestre e poeta. Pertencente á Xeración dos 50, colaborou en La Noche con diferentes composicións poéticas que, posteriormente, incluíu nalgún dos seus libros. Participou en diversas iniciativas culturais, como o Ateneo do Ullán, o Pedrón de Ouro, o Patronato Rosalía de Castro ou o Cadro Artístico Airiños de Asados, onde desenvolveu o seu labor como actor en diversas obras, como A venganza (1959) e Mal ollo (1985). Ademais, formou parte do parladoiro do Café español e colaborou en diversos programas televisivos. Das súas obras destacan Balada do vento na ría (1987), en que recolle parte da súa produción poética; a obra teatral A fraga (des)animada (1993), de carácter ecoloxista; Biografía de Arcos Moldes: Rianxo, apuntes dunha vila mariñeira (1994), Os amigos de Martiño (1999), en forma de obra teatral dirixida aos máis pequenos; e Un ronsel de estrelas: teatro e correspondencia inédita: homenaxe...
-
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría celebrada en San Xurxo de Sacos (Cotobade), en honor aos nenos mártires. Tradicionalmente os romeiros asistían a misa e a unha procesión na ermida de Nosa Señora dos Remedios, nos montes de Fentáns, onde tamén se realizaba unha caza salvaxe. Tamén se facía unha danza de espadas, na carballeira. Celebrábase os días 4, 5 e 6 de agosto.
-
PERSOEIRO
Arquitecto portugués. Elaborou os planos para a reconstrución de Lisboa. Da súa obra destaca o trazado xeométrico da “baixada pombalina”, o Terreiro do Paço ou a Praça do Comércio, en Lisboa.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Político angolano. Vinculado desde 1961 ao Movemento Popular de Liberación de Angola (MPLA), coa proclamación de independencia da República Popular de Angola (1975) converteuse en presidente do MPLA e en ministro de Asuntos Exteriores. Tras a morte de A. Neto (1979) chegou a presidente do país e conduciu o establecemento dunha democracia pluripartidista. Foi reelixido en 2003.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Provincia de Panamá (3.806 km2; 83.120 h [2000]). A súa capital é Las Tablas (7.958 h [2000]).
-
PERSOEIRO
Xeógrafo. Realizou estudos sobre xeografía urbana, xeografía do subdesenvolvemento e pensamento xeográfico. Destacan Le métier de la géographie en pays sousdeveloppé (1963) e Por uma Geografia Nova (1981).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Historiador da arte e médico portugués. Iniciou técnicas de cirurxía vascular. Foi un estudoso da arte portuguesa e dirixiu as Academias de Ciencias e de Belas Artes de Lisboa. Publicou Arte portugués.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Aeronauta e inventor brasileiro. Fixo numerosas experiencias sobre navegación aérea en Francia, con globo aerostático (1898) e con avión. Construíu diversos aparatos e en 1906 conseguiu facer o primeiro voo europeo dun deles, máis pesado ca o aire, polo que foi considerado un dos pioneiros da navegación aérea.
VER O DETALLE DO TERMO -
MUNICIPIOS
Municipio situado na provincia de Barcelona, Catalunya (5.492 h [2001]). A industria está diversificada.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
-
Capela, igrexa ou lugar que adquiriu carácter sagrado a causa dunha revelación da divindade, da Virxe ou dalgún santo, ou ben que conserva reliquias ou imaxes e que chegou a ser centro de devoción e peregrinación. Existen en todas as relixións. Os primeiros santuarios cristiáns foron capelas edificadas sobre as tumbas de mártires ou de santos famosos; máis tarde, templos que conservaron imaxes milagreiras ou conmemorativas de aparicións.
-
Presbiterio separado da nave polo iconostasio, nas igrexas orientais.
-
sancta sanctorum.
-
-
Lugar íntimo e reservado que cómpre respectar.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Termo da xerga dos cesteiros de Mondariz que corresponde á voz ‘cadeira’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín publicado en Santurtzi a partir de 1987. De carácter informativo, foi promovido pola Casa de Galicia nesa cidade. Incluíu notas sobre as actividades que desenvolvía esta asociación de emigrantes en Euskadi. En 1989 cambiou a súa cabeceira por Nova Andaina.
-
MUNICIPIOS
Municipio de Bizkaia, Euskadi, situado na ría do Nerbión (47.173 h [2001]). Forma parte da área metropolitana de Bilbao. Posúe unha industria moi diversificada e unha central térmica.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Fortificación situada na beira esquerda do Tíber en Roma, fronte á ponte homónima e preto do Vaticano. Foi construído (135-139) como Hadrianaeum ou Mausoleo de Adriano e da familia imperial ata Setimio Severo. En tempos de Aureliano (271) converteuse en fortificación pola súa situación estratéxica. Cambiou a miúdo de posuidores, sobre todo durante a Idade Media, pero mantivo sempre a función de defensa e refuxio. Cárcere e cuartel pontificio e tamén de Italia ata 1901, foi restaurado e convertido no Museo Artistico e Militare.
-
ILLAS
Illa do Mediterráneo, situada ao SO de Sardeña (108 km2; 14.827 h [1991]). Está unida por unha faixa de terra de 5 km composta de sedimentos mariños. O núcleo principal é Sant’Antioco.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Arquitecto italiano. Influído pola escola vienesa de Otto Wagner, participou na primeira exposición do grupo Nuove Tendenze (1914) co proxecto da Città Nuova. Lanzou o chamado manifesto futurista para a arquitectura, onde reclamaba cambios e enxalzaba os medios artificiosos da sociedade de consumo.
VER O DETALLE DO TERMO -
GOLFOS
Golfo de Calabria, no Mar Tirreno, situado entre os cabos Vaticano e Suvero.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Que actúa dominado pola ira e o rancor.
-
MONTES
Monte situado na parroquia de Catasós (Lalín). O seu cumio acada os 625 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO