Santos Xusto e Pastor, romaría dos
Santos Xusto e Pastor, romaría dos
Romaría celebrada en San Xurxo de Sacos (Cotobade), en honor aos nenos mártires. Tradicionalmente os romeiros asistían a misa e a unha procesión na ermida de Nosa Señora dos Remedios, nos montes de Fentáns, onde tamén se realizaba unha caza salvaxe. Tamén se facía unha danza de espadas, na carballeira. Celebrábase os días 4, 5 e 6 de agosto.