"CIA" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3047.

    1. Condición de ser o máis importante ou o primeiro.

    2. antaxe dunha persoa ou cousa respecto doutra da mesma clase.

    3. Dignidade de primado.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ao primado ou á primacía.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Primeiros froitos de algo, especialmente unha colleita. OBS: Adoita empregarse en plural.

    2. Dereito de recibir os primeiros froitos da terra ou do gando que os fieis ofrecían a Deus na persoa dos ministros da Igrexa. A diferenza do décimo, non tiña cantidade fixa e só se satisfacía unha vez ao ano. Foi suprimida por lei en 1837. OBS: Adoita empregarse en plural.

    3. Noticia ou feito que se ofrece ou se sabe por primeira vez e que constitúe unha novidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Relativo ou pertencente ás primicias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático latino. Viviu en Bizancio e ensinou lingua latina durante o reinado do emperador Anastasio, ao que lle dedicou un Panexírico. Escribiu a máis importante das gramáticas latinas da antigüidade, a Institutio de arte grammatica. Na idade media adquiriu unha gran fama, e a súa gramática figura en moitas bibliotecas da época, entre elas a do mosteiro de Ripoll.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en La Habana a partir do 1 de agosto de 1912. Cesou en 1913 (nº4). Subtitulada “Revista Mensual Ilustrada”, editábana os colectivos La Unión Mañonesa, Sociedad Ferrol y su Comarca, Sociedad Viveiro e El Progreso de Coles, que integraban a Federación Galaica. Baixo esta cabeceira agrupáronse os boletíns de cada sociedade. Foi substituída por Labor Gallega.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Orixe ou lugar de onde procede algo ou alguén.

    2. Calidade do que se axusta á razón, á xustiza ou ás normas.

    3. Fundamento legal e oportunidade dunha demanda, dun recurso ou dunha petición.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Prolapso, caída ou saída dunha parte ou dun órgano, especialmente do cordón umbilical e do colo da matriz.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Predición dunha cousa futura por inspiración divina. Orixinariamente indicaba a interpretación dun oráculo e a mesma palabra inspirada polo profeta. En Israel indicaba toda predición dun profeta.

      2. Espírito ou inspiración profética.

      3. Escrito en que consta a palabra dun profeta.

      4. profecías de Malaquías

        Documento presuntamente profético, escrito seguramente en 1590 e atribuído erroneamente ao monxe Malaquías de Armagh (1094-1148). Contén unha lista de epítetos aplicados aos papas desde Celestino II (1143-1144). As súas profecías foron moi veneradas e incluso os últimos papas adoitaron ser descritos nos seus termos, sobre todo Pío XII (pastor angelicus).

    1. Predición de algo futuro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Poemario de Bernardino Graña editado en 1966, composto por 19 poemas de diferente extensión e con ilustracións de Virxilio. Concibido, á marxe das influencias da Escola da Tebra, como un gran conxunto de profecías, de tipoloxía épica, a conexión entre as primeiras composicións e os últimos textos, titulados “Apocalipse” e “Final”, ofrecen ao lector unha idea máis concreta do que o autor quere lograr cos seus versos. De feito, as súas primeiras palabras levan á temática do poder creador e destrutor da morte, onde a resurrección natural e o morrer para vivir, nunha clara visión vitalista, conforman o universo en que se move o home. O mar, o elemento xerador de vida, contraponse ao home, o ser destrutor nunha dialéctica marcada, segundo os estudosos da obra de Graña, polo cosmos-home-tempo-morte-destrución-caos-renacencia. A procura do reequilibrio no universo a través dunha xustiza natural e global é a grande esperanza do poeta, que asemade denuncia as inxustizas da miseria, a fame e a emigración.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos bens que o pai dá ao fillo para que os administre, peculio profecticio, ou aos bens que adquire o fillo co diñeiro do seu pai, bens profecticios. No dereito romano opúñanse aos bens adventicios e constituían o peculio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de proficiente.

    2. Proveito que se consegue de a algo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Calidade de prominente.

    2. Parte dun corpo ou dunha superficie que avulta ou sobresae.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de pronunciar.

    2. Maneira de pronunciar un son.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • pronunciable.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que se pode pronunciar con facilidade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. de pronunciar ou pronunciarse.

    2. Que é moi marcado ou acentuado.

    3. Que se manifesta ou percibe con claridade.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de pronunciarse sobre algo.

      1. Acción de pronunciar unha sentenza ou unha decisión.

      2. Resolución das varias que comprende unha sentenza ou decisión xudicial.

    2. Acción que un grupo militar executa contra un goberno para derrocalo ou para alterar o sentido da súa política. É de menos volume ca a rebelión e a guerra civil, adoita producir poucas vítimas e ten que triunfar ou fracasar nun espazo moi breve de tempo. Os pronunciamentos comandados por xenerais ou xefes importantes benefícianse do funcionamento da estrutura da institución militar. En España considérase que o primeiro pronunciamento foi o de F. Espoz y Mina en 1814. Posteriormente, ao longo do s XIX, tiveron lugar outros, entre os que destaca o de Sagunt de 1874, en Galicia destacaron os de J. Porlier (1815) e Acevedo (1820) e o Levantamento de 1846 que rematou cos fusilamentos de Carral.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Articular un son ou unha secuencia de sons dunha lingua.

      1. Expresar algo de forma oral.

      2. Facer pública unha sentenza ou resolución.

    2. Facer algo máis intenso ou acusado.

    3. Manifestar alguén a súa opinión

    4. Facerse máis intenso algo.

    5. Iniciar un pronunciamento.

    VER O DETALLE DO TERMO