"Est" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 2747.

  • Sala onde se celebraba a iniciación aos misterios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Percepción de obxectos máis alá do alcance normal dos sentidos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pieter Mulier.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Borrasca local intensa que vai asociada a un cúmulo ou a un nimbo groso e denso, onde existen correntes ascendentes de aire moi fortes. Vai acompañada normalmente de tronos e lampos, e a chuvia é intensa nun espazo curto de tempo. Son máis frecuentes en latitudes baixas. A tempestade térmica prodúcese pola convección térmica ocasionada polo quecemento do solo e a capa inferior do aire polo Sol. Nas tempestades orográficas o aire é forzado a evaporarse para remontar unha cadea de montañas. Nas tempestades frontais a masa de aire cálido é forzada a elevarse sobre unha capa de aire frío.

    2. Axitación violenta da orde ou da harmonía dunha situación.

    3. Perturbación do campo magnético terrestre que se observa un ou dous días despois das grandes erupcións cromosféricas. Comeza cun aumento da intensidade da compoñente horizontal do campo xeomagnético, que chega ata un valor de 30 a 40 veces superior ao normal, despois volve baixar de maneira que acada o valor anterior nun tempo de 2 a 8 horas, continúa baixando, ata un valor de 50 a 100 veces por debaixo do normal e, finalmente, nun intervalo de 1 ou 2 días, restablécese a situación non perturbada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PICOS

    Pico do macizo de Maladeta situado ao SL do Aneto, nos Pireneos. Acada os 3.290 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que sofre con frecuencia os efectos dunha tempestade.

    2. Que ameaza con producirse unha tempestade.

    3. Que está dominado pola axitación, tensión ou violencia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Teólogo e bispo de Mopsuestia. Foi un dos máis grandes representantes da escola esexética de Antioquía. Acusado postumamente de nestorianismo por Xustiniano e polo Concilio de Constantinopla (553), as súas obras teolóxicas foron queimadas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Reformador monástico bizantino. Abade de Sakkudion (780?), opúxose ao matrimonio adúltero de Constantino VI e, en 796, foi expulsado a Tesalónica. En 797, ao volver, trasladou a comunidade a Studios. Exiliado novamente (809-811), apelou en van ao Papa León III. A oposición á iconoclastia de León V valeulle un novo exilio en 815. A súa festividade celébrase o 11 de novembro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sensibilidade ás variacións de temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución da sensibilidade ás variacións de temperatura.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente á Terra, en oposición a celeste.

    2. Relativo ou pertencente á superficie sólida da Terra, en oposición a marítimo.

    3. Que habita na terra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • TERRITORIOS

    Territorio de Canadá, situado entre a baía de Hudson, ao L, e o territorio do Yukon, ao O, que comprende máis de 1/3 da superficie total do país (1.224.920 km2; 37.360 h [2001]). A súa capital é Yellowknife (16.541 h [2001]). Esténdese ao N ata máis alá do Círculo Polar Ártico, e comprende numerosas illas, entre as que está a de Baffin. Un grande altiplano interior cobre unha boa parte dos distritos de Franklin e Keewatin, mentres que na parte occidental se abre o val do Mackenzie, entre as montañas de Horn e Franklin, prolongada pola gran depresión entre o Gran Lago dos Osos e do Escravo. Preto destes lagos e do Athabaska están as principais minas de uranio e de radio do mundo. A poboación esquimó, que vive nos distritos de Keewatin e Franklin, dedícase sobre todo á caza e á pesca, mentres que os indios practican a caza e o comercio de peletaría, sometidos por outra banda a regulación gobernamental.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Exame que consta de varias preguntas cuxas respostas deben ser seleccionadas de entre varias contestacións propostas.

    2. Proba mediante a que se mestura a conduta e a capacidade psíquica dun individuo ou dun conxunto de individuos e que pode prever, relativamente, o comportamento futuro. Considéranse como condicións indispensables dun test a validez, a fidelidade e a sensibilidade. Entre as numerosas clases de tests distínguense os verbais, os de execución e os de materiais, segundo as técnicas de aplicación; os individuais e os colectivos, segundo o seu suxeito ou destinatario e os de intelixencia, os da personalidade, os de aptitudes, os de coñecementos e rendemento, os de desenvolvemento e os clínicos, segundo o obxecto de estudo.

    3. Proba, reacción ou ensaio que se realiza para obter información sobre unha enfermidade, analizar un produto ou probar determinadas hipóteses.

    4. contraste de hipótese.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Lei aprobada polo Parliament inglés en 1673 que establecía que todo funcionario público tiña que xurar fidelidade ao rei como xefe da Igrexa de Inglaterra (segundo a lei de Supremacía de 1535) e comungar segundo o rito anglicano. Foi abolida en 1829.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Parte da cabeza que se atopa entre os ollos e o cabelo.

    2. Cabeza das persoas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e eclesiástico italiano. Ordenado sacerdote (1807), foi deputado no parlamento do Piamonte en 1848. O seu pensamento filosófico presentou tres etapas: unha de sensibilidade (Della filosofia dell’affetto, 1829-1834) outra escéptica e subxectivista (Filosofia della mente, 1836), e unha última kantiana (Della critica della Ragion pura di Kant, 1843 e 1846-1849).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Pequeno outeiro de Roma, situado á esquerda do río Tíber e preto da porta de San Paulo, que se foi formando, xa en época romana, polo amoreamento de testos ou anacos de obxectos de barro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aplícase aos animais, especialmente aos moluscos, que teñen cuncha.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Golpe que se dá na testa ou que se recibe nela.

    2. Linde dunha leira que non se labra.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PRAIA

    Pequena praia de area xunto a Punta Testada, situada no concello de Cangas.

    CARACTERÍSTICAS XERAIS LONXITUDE PRAIA: 80 metros ANCHURA MEDIA: 1 metros GRAO OCUPACIÓN: Baixo GRAO URBANIZACIÓN: Semiurbana PASEO MARÍTIMO: Non
    TIPO DE PRAIA COMPOSICIÓN: Area TIPO AREA: Branca CONDICIÓNS BAÑO: Augas tranquilas ZONA DE FONDEO: Non NUDISTA: Non
    ASPECTOS MEDIOAMBIENTAIS PRESENZA VEXETACIÓN: Si ZONA PROTEXIDA: Non BANDEIRA AZUL: Non
    SEGURIDADE EQUIPO DE VIXILANCIA: Non SINALIZACIÓN DE PERIGO: Non POLICÍA LOCAL: Non POSTO CRUZ VERMELLA: Non EQUIPO SALVAMENTO: Non
    HOSPITAL MÁIS PRETO NOME: Hospital de Montecelo DIRECCIÓN: Praza de Montecelo, s/n. Pontevedra TELÉFONO: 986 80 00 00 DISTANCIA APROXIMADA...

    VER O DETALLE DO TERMO