"GR" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 3341.

  • ariedade de uva tinta que se cultiva en certas partes de Galicia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no límite das parroquias de Renche e San Cristivo do Real (Samos). O seu cumio acada os 800 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Termo do latín dos chafoutas ou xerga dos albaneis que corresponde á voz ‘tinta’.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia baixo a advocación de san Xián que dá nome ao concello de Negreira, onde se atopa a capital municipal, no lugar homónimo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Concello da comarca da Barcala, situado ao O da provincia da Coruña e da Comunidade Autónoma de Galicia ( 42° 54’ 30’’ de latitude N e a 8° 45’ de lonxitude O). Limita ao N cos concellos de Santa Comba (comarca de Xallas) e A Baña (comarca da Barcala), ao S cos de Brión (comarca de Santiago), Noia (comarca de Noia) e Outes (comarca de Noia), ao L cos de Ames (comarca de Santiago) e Brión (comarca de Santiago) e ao O co de Mazaricos (comarca de Xallas). Abrangue unha superficie de 115,1 km 2 , cunha poboación de 6.453 h (2007), distribuídos nas parroquias de Alvite, Aro, Arzón, Broño, Bugallido, Campelo, Campolongo, Covas, Gonte, Landeira, Liñaio, Logrosa, Lueiro, Negreira, A Pena, Portor, Xallas e Zas. A súa capital é a vila de Negreira, situada na parroquia homónima. Está adscrito á arquidiocese de Santiago e ao partido xudicial de Negreira.
    Xeografía física
    O val do Barcala, onde se asenta o concello de Negreira, está situado nunha zona de diversos...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Demarcación administrativa de xustiza que abrangue os concellos da Baña, Brión, Negreira e Santa Comba.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Negreira ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Negreira.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Relativo ou pertencente ao comercio de escravos negros.

      2. Que ou quen se dedicaba ao comercio de homes de raza negra. Esta denominación correspondeu aos traficantes musulmáns e europeos que, entre os ss XVI e XIX, abastecían as plantacións americanas de man de obra africana. Desapareceron coa abolición do tráfico de escravos no s XIX.

    1. Que ou quen trata aos seus subordinados de maneira despótica, como se fosen escravos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Silleda baixo a advocación de san Martiño.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Apelido de orixe galega que pasou a Andalucía e Portugal.

    2. Liñaxe que trae como armas, en escudo cuartelado, faixado de seis pezas, tres de ouro e tres de azul no primeiro e cuarto cuartel, e axadrezado de seis pezas, tres de ouro e tres de azul no segundo e terceiro cuartel.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Silleda. Ten planta de cruz latina cunha nave cuberta con bóveda de cuarto de esfera e dúas ábsidas laterais. A fachada conta cunha torre campanario de dous corpos, con forma de capitel que remata nunha cúpula semiesférica e con balconadas laterais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Enxeñeiro italiano. Dirixiu traballos hidrográficos e a construción de estradas, pontes e canles no antigo imperio de Austria, en Suíza e en Italia. En 1855 foi a Exipto para encargarse da parte técnica do canal de Suez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Rodeiro baixo a advocación de san Cibrao.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • MONTES

    Monte situado no extremo S da parroquia de Río Caldo (Lobios), no límite con Portugal. O seu cumio acada os 1.176 m de altitude.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Cantante e actor cinematográfico mexicano. Coñecido como Jorge Negrete, foi o fundador da Asociación Nacional de Actores. Desde 1941, con Ay, Jalisco, no te rajes!, realizou unha serie de películas musicais que o converteron na máxima figura da música ranchera no cine, das que destacan Así se quiere en Jallisco (1942), Gran Casino (1948), Teatro Apolo (1950) e Dos tipos de cuidado (1953).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Jorge Alberto Negrete Moreno.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político e diplomático, conde de Campo Alange. Grande de España, durante o reinado de Carlos IV foi secretario da Guerra, conselleiro de Estado e embaixador en Viena (1796-1798 e 1800-1802) e en Lisboa (1802-1806). Ao servizo de Xosé I foi ministro de Estado e embaixador en París (1811-1814).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Que está ennegrecendo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Mostrar a súa cor negra.

    2. Tornarse negro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poetisa italiana. A temática social e a poesía de denuncia encheu a súa primeira obra, Fatalità (1892), á que seguiron as novelas Le solitarie (1917), Libro di Mara (1919), Stella mattutina (1921), de carácter autobiográfico, e Il dono (1936).

    VER O DETALLE DO TERMO