negreiro -ra

negreiro -ra

(< negro)

    1. adx

      Relativo ou pertencente ao comercio de escravos negros.

    2. adx e s [HIST]

      Que ou quen se dedicaba ao comercio de homes de raza negra. Esta denominación correspondeu aos traficantes musulmáns e europeos que, entre os ss XVI e XIX, abastecían as plantacións americanas de man de obra africana. Desapareceron coa abolición do tráfico de escravos no s XIX.

  1. adx e s

    Que ou quen trata aos seus subordinados de maneira despótica, como se fosen escravos.

    Ex: Os xefes negreiros aínda son moitos. No anterior traballo tiven un xefe que era un verdadeiro negreiro.