"RC" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 2791.
-
GALICIA
Pintora, discípula de Josep María Fenollera. Innovou na súa obra con esquemas impresionistas e modernistas, como reacción á pintura tradicional de liña oficial, aínda que posteriormente se dedicou a escenas costumistas. Empregou unha paleta de grises, que cara á última época se caracterizou por unha maior luminosidade. Da súa obra destaca A bordadora (1907) e a Cea do campaneiro (1923). Foi profesora da Real Sociedade Económica de Amigos del País. Recibiu a medalla de Alfonso X el Sabio.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Boletín publicado en Santurtzi a partir de 1987. De carácter informativo, foi promovido pola Casa de Galicia nesa cidade. Incluíu notas sobre as actividades que desenvolvía esta asociación de emigrantes en Euskadi. En 1989 cambiou a súa cabeceira por Nova Andaina.
-
PERSOEIRO
Mestre. Desde 1922 realizou boa parte do seu exercicio profesional en distintos lugares da Mariña e destacou pola súa preocupación por dotar de base científica o seu labor pedagóxico, orientado por criterios decrolyanos e freinetianos. Promoveu a creación da publicación El Pequeño Escolar, que preparaban os mestres da Mariña Oriental durante o curso 1935-1936. No inicio da sublevación militar foi detido polas súas convicións republicanas, estivo encadeado cinco anos e dedicouse logo a distintos traballos, entre eles a docencia privada na cidade de Lugo. Escribiu Uno de tantos: cinco años a la sombra (1986). Foi o personaxe que inspirou o conto de Manuel Rivas “A lingua das bolboretas”, publicado na obra Que me queres amor? e levado ao cine en 1999.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Comarca situada no SO da provincia da Coruña e no O da Comunidade Autónoma de Galicia. Limita polo N coa comarca de Santiago (Brión), polo S coa comarca pontevedresa de Caldas (Pontecesures e Valga) e co esteiro do Ulla, polo L, novamente coa comarca de Santiago (Teo) e polo O coas comarcas de Barbanza (Rianxo) e Noia (Lousame). Abrangue unha superficie de 177,3 km2, en que acolle unha poboación de 17.168 h (2001) distribuída nos concellos de Dodro (36,1 km2; 3.210 h), Padrón (48,4 km2; 8.841 h) e Rois (92,8 km2; 5.117 h). Padrón mantén o seu carácter de centro comercial e administrativo de irradiación comarcal. Os tres concellos comparten os servizos públicos máis especializados e tamén os fluxos socioeconómicos con Santiago de Compostela debido á súa proximidade a capital galega.
VER O DETALLE DO TERMO
Xeografía física
Desde o punto de vista xeomorfolóxico, a comarca do Sar enclávase no val homónimo, configurado a partir da Depresión Meridiana.... -
VER O DETALLE DO TERMO
Ironía mordaz que pretende ofender e humillar.
-
-
Que implica sarcasmo.
-
Que utiliza moito o sarcasmo ao falar ou escribir.
-
-
CIDADES
Cidade do departamento de Val-d’Oise, Francia (57.871 h [1999]). Suburbio do N de París, no L do bosque de Montmorency, ten industrias farmacéuticas e de plásticos.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Apéndice carnoso no pescozo da cabra e outros animais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de bacterias Gram-positivas que se caracterizan por ter forma de coco e carecer de esporas. Existen formas aerobias e anaerobias; algúns troncos son móbiles e preséntanse en grupos de 8 elementos (colonias pigmentadas). Son frecuentes como contaminantes. As formas anaerobias habitan no solo e as aerobias na pel. Inclúe especies saprófitas e parasitas facultativas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Forma prefixada de orixe grega que se emprega na formación de palabras co significado de ‘carne’.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Mesocarpo carnoso.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Tumoración do testículo e do epidídimo, independentemente da súa natureza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Substancia tóxica que segregan os protozoos sarcosporídeos parasitos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Formación quística que pode presentarse no tecido muscular dalgúns animais, como por exemplo o porco, os ruminantes e o cabalo, a consecuencia da parasitación de sarcosporídeos.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Goma resina exsudada por Astragalus sarcocolla, arbusto de Persia e Arabia. Empregábase antigamente polos médicos destes países para “facer crecer” a carne das úlceras, chagas e feridas aplicándoa directamente sobre a ferida.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de plantas perennes, da familia das quenopodiáceas, formada por plantas de talos carnosos e flores hermafroditas dispostas en fascículos de tres. En Galicia está presente a especie S. perennis, que crece en praias e marismas, e florece entre xullo e agosto.
-
-
Relativo ou pertencente aos sarcodinos.
-
Protozoo do subfilo dos sarcodinos.
-
Subfilo de protozoos sarcomastigóforos, formado por individuos unicelulares que se desprazan mediante pseudópodos. Inclúe a superclase dos rizópodos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos da familia das hidnáceas, ao que pertence a lingua de ovella moura.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Arca sepulcral feita para conter un cadáver e utilizada en íntima relación co culto dos mortos e cos ritos funerarios da inhumación. Desde a prehistoria fabricáronse de diferentes materiais, formas e decoracións. A maioría dos que se conservan son de pedra ou terra cocida e domina a forma prismática rectangular. En Exipto tamén eran antropomorfos e adoitaban levar inscricións xeroglíficas, motivos arquitectónicos e xeométricos. En Creta, en época minoica, eran de forma de paralelepípeda e ían decorados con motivos naturalistas. En Chipre (s V a C) eran de pedra esculpida, con patas e historiados. Os fenicios difundiron o tipo de sarcófago antropoide que imitaba a forma do cadáver estendido e reproducía a máscara na tapa. Entre os sarcófagos romanos dominou o tipo prismático de mármore con relevos, que acumulaba tanto a tradición grega como a etrusca e iconograficamente reflectía o repertorio habitual do helenismo, a miúdo acompañando o retrato do defunto. Os sarcófagos do cristianismo primitivo...