"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • GALICIA

    Xornalista. Licenciado en Dereito pola Universidad de Oviedo, especializouse en xornalismo deportivo e desenvolveu boa parte da súa traxectoria profesional en Asturias, nos xornais Región, La Voz de Asturias ou La Nueva España. Colaborador de publicacións como El Noticiero Universal, La Voz de Galicia, La Voz de Madrid e Marca, e do espazo radiofónico Cabalgata Fin de Semana, foi redactor xefe de Informaciones (1965) e un dos fundadores e redactor xefe de AS (1967), do que foi subdirector (1975) ata a súa xubilación (1992).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • GALICIA

    Relixioso. Profesou no convento beneditino de Samos, onde foi abade e xeneral da orde (1721), ademais de bispo de Jaca (1728) e Mondoñedo (1728-1751). Foi o primeiro en realizar a ofrenda ao apóstolo Santiago con Oración panegírica que en la solemme oferta que en nombre del serenísimo Príncipe de Asturias nuestro señor, tributó y dijo en su templo al Apóstol Santiago el Mayor... (1734). Escribiu tamén Manifesto canónico, legal y apologético... (1742).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • IGREXAS

    Igrexa parroquial situada en Sarria. Construída durante o s XIV, mestura elementos románicos e góticos. Feita con sillaría, ten planta rectangular e ábsida redondeada, precedida dun tramo recto. Destaca a portada norte, cun tímpano monolítico de estilo románico e decoración nas bases, fustes e capiteis das columnas. A portada principal, de trazado gótico, presenta arco e arquivoltas apuntadas. Os laterais da fachada rematan con pináculos e na parte central destaca o campanario de dobre van. No interior conserva un retablo de estilo románico tardío.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Convento situado en Sarria. Construírono durante o s XIII dous ermitáns chegados de Italia en peregrinación a Santiago de Compostela. Das orixinais estruturas románicas só se conservan algunhas na zona da ábsida e na porta de acceso ao claustro e destacan fundamentalmente as partes góticas. Nas esquinas da fachada, plateresca e con elementos manuelinos, conserva o escudo de armas dos protectores do convento: os Osorio, os Enríquez e os Castro. A igrexa é de estilo oxival de transición cara ao Renacemento. Desde o s XVI foron reducidos á orde agostiña por Pío V e desde 1896 convertéronse nun convento da orde mercedaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Sarria ou aos seus habitantes.

    2. Natural ou habitante de Sarria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PUNTA

    Punta da ribeira esquerda da ría de Corme e Laxe situada na parroquia de Cesullas (Cabana de Bergantiños).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • FILOSOFOS

    Filósofo e escritor. As súas teorías partiron do existencialismo ateo, que se manifestou plenamente na súa obra L’être et le néant. Essai d’ontologie phénoménologique (1943) e centrou os seus estudos na comprensión fenomenolóxica da consciencia, que entendeu como unha dimensión do real caracterizada ou dotada dunha esencial liberdade. Desta primeira época foron os ensaios filosóficos L’imagination (1936), L’imaginaire. Psychologie phénoménologique de l’imagination (1940), Les mouches (1943) ou L’existencialisme est un humanisme (1946), a novela La nauseé (1938) e a narración Le mur (1939). Compartiu vida e pensamento con Simon de Beauvoir e participou na Resistencia, espírito que mantivo vivo como unha continua revolución social e, expresión desta dobre vertente filosófico-política foron Situation (1947-1965), as novelas Les chemins de la liberté (1943, 1945 e 1949), e as obras teatrais Nékrassov (1955),...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sasánidas.

    2. Membro dunha dinastía persa, orixinaria de Fārs, que substituíu á dos arsácidas no Imperio Persa desde o 224 ata o 651. Ardašĩr, fillo dun sacerdote de Persépolis, foi proclamado rei en Ctesifonte e en 226 era xa señor de todo o imperio, que centralizou, fundamentado no mazdeísmo e unificou o persa medio, que converteu en lingua oficial. O seu fillo Sapor I (242-272) estendeu o seu poder sobre Armenia e Mesopotamia e, en loita contra os romanos, venceu e fixo prisioneiro ao Emperador Valeriano (260). A crise interna que seguiu á súa morte facilitou unha expedición romana ata a mesma Ctesifonte e o restablecemento de Tirídates no trono de Armenia. Sapor II (310-379) reconquistou Ctesifonte e restableceu o seu poder sobre Armenia e, finalmente, venceu a Xián o Apóstata, que morreu na batalla (363). As loitas de Cosroes I de Persia contra Xustiniano ensancharon o dominio persa ata a Antioquía de Siria e as conquistas de Siria, Palestina, Asia Menor e Exipto, baixo Cosroes...

    3. Arte desenvolvida durante o reinado da dinastía sasánida. Iniciada con Ardashĩr I (226-242), esforzouse por retomar a antiga monumentalidade dos aqueménidas e desenvolveu novas técnicas introducidas na construción de arcos e voltas. Destacan a cúpula do palacio de Ardashĩr en Fĩrũzãbãd, os palacios de Dãmghãn, Baz-e e Kuh-e Khwadje, así como os de Djerre, Kãzerũn, Yazdikhwadt, Sarvestan, Kal-e Dukhatar e Qaṣr-e Shĩrĩn. En escultura, destacan os baixorrelevos de Naqsh-e-Radjab e Naqsh-e-Rostam. Ao remate da época sasánida (s VII) atopouse unha gran profusión de vitorias aladas, de forte reminiscencia romana. Dentro do espírito clásico destaca o cabalo de Shāpūr. Destacan tamén as artes téxtiles, cuxos temas decorativos pasaron á arte románica.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Canadá, principal tributario do lago de Winnipeg, está formado polo North Saskatchewan e o South Saskatchewan, orixinados os dous nas Montañas Rochosas. Das fontes do segundo ao lago de Winnipeg hai un traxecto de 1.928 km. Considérase como o curso superior do Nelson, emisario do Winnipeg.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia do O de Canadá, que limita ao L coa provincia de Manitoba, ao O coa de Alberta, ao N co Territorio do Noroeste e ao S con EE UU (652.330 km2; 978.933 h [2001]). A súa capital é Regina. A parte setentrional, integrada no escudo canadense, é unha rexión de bosque de coníferas, con abundancia de ríos e lagos. Os recursos principais son os minerais, a madeira e as peles. A zona meridional, área de pradaría, forma parte do grande altiplano de rochas cretáceas. Os solos son ricos e fértiles, aproveitados para o cultivo de trigo, centeo, colza, cebada, liño, forraxe e xirasol. Ten petróleo, gas natural, carbón, potasio e uranio. A industria desenvólvese nos principais centros urbanos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta ucraíno. Considerado o fundador do renacemento literario da Galitsia ucraína, ao empregar por primeira vez a súa lingua popular. Traduciu ao ucraíno o Novo Testamento e bastantes salmos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • DEPARTAMENTOS

    Departamento da Costa de Marfil (1.880 km2; 108.090 h [1988]). A súa capital é Sassandra (8.401 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Príncipe dos demos, denominado tamén Belial, Beelzebub, Lucifer ou Satán.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente a Satanás ou ao satanismo.

    2. Que é extremadamente perverso.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Actitude de rebelión contra Deus e de gusto polas cousas prohibidas ou pecaminosas, mantida sobre todo por escritores románticos, que vai desde unha inversión desafiante dos valores da fe e da moral ata o culto de Satanás (misa negra). Idealizado no bandido xeneroso ou no delincuente sublime levados á perfección por G. G. N. Byron e por P. B. Shelley, o satanismo derivou en blasfemia e obscenidade na obra do marqués de Sade e dalgúns libertinos franceses (ss XVII-XVIII). Tamén apareceu na obra de Dostojevski e en André Gide. Existe tamén un paralelo artístico no canibalismo de E. Delacroix, ilustrador do Fausto de Goethe e dos poemas satánicos de Byron.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Xurista e político. Fundou e foi o primeiro presidente de Alianza Liberal. Foi senador (1977-1979) e deputado (1979-1982). Escribiu Qué es la monarquía (1976) e Cuando la transición se hizo posible: el Contubernio de Múnich (1993).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao planeta Saturno.

    2. Persoa nacida baixo a influencia do planeta Saturno.

    VER O DETALLE DO TERMO