"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Compositor. O primeiro período da súa produción comprende cuartetos de corda, lieder, seis sinfonías e o quinteto Die Forelle (A troita, 1819). A segunda época vai de 1820 a 1825, con óperas como Alfonso und Estrella (1822). No campo do lied destaca o ciclo Die Schöne Müllerin (A bela muiñeira, 1823). Máis importantes son a Wanderer-Fantasie para piano (1822), os cuartetos de corda en la e re menor, este último chamado Der Tod und das Mädchen (A morte e a doncela, 1824), sonatas para piano e a sinfonía chamada A inacabada (1822). Os tres últimos anos (1826-1828) foron ricos en obras cada vez mais subxectivas, coma o ciclo Die Winterreise (Viaxe de inverno, 1827) e Schwanengesang (O canto do cisne, 1828). Nesta última etapa compuxo obras pianísticas, como Fantasía en fa menor a catro mans (1828), e as tres sonatas póstumas (1828), así como Misa Alemá (1827) e Misa en mi bemol...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Economista. Teórico do cooperativismo, publicou Vorschuss-und Kreditvereine als Volksbanken (1855), Die arbeitenden Klessen und das Assoziationswesen en Deutchland (1858) e Die Entwicklung des Genossenschaftswesens (1870).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Político. Dirixente do Moviment Republicain Populaire (MRP), foi deputado, ministro de Finanzas (1946), presidente do consello (1947-1948), ministro de Asuntos Exteriores (1948-1953) e de Xustiza (1955-1956). Partidario da Unión Europea, propuxo o denominado Plan Schuman (1950), que levou á creación da Comunidade Europea do Carbón e do Aceiro (CECA).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. O primeiro período da súa produción (1829-1839) está formado por numerosos lieder e por vinte e seis obras para piano, como Carnaval (1835) e Kreisleriana (1838). Na segunda etapa (1840-1851) intentou conseguir sen éxito a creación dunha ópera alemá romántica, aínda que conseguiu triunfar coa composición de catro ciclos de cancións, como Dichterliebe (O amor do poeta, 1840), e as súas catro sinfonías (1841-1851). O derradeiro período creador (1850-1854) comprende o Concerto para violonchelo e orquestra (1850), a Misa Latina (1852), o Réquiem latino (1852) e catro aberturas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fotógrafo e coleccionista de arte alemán. Administrador da galegía de arte Gallery Schümann&Kicken e profesor de fotografía en Aachen, reuniu, xunto coa súa muller, unha das máis importantes e premiadas coleccións de arte contemporánea estadounidense e alemá das décadas de 1980 e 1990. A partir dela organizou mostras como Temporaray Translation(s) (1994) ou Köln bis Hamburg (1997-1998).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Célula que forma a vaíña de mielina das fibras nerviosas do sistema nervioso periférico dos vertebrados.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Naturalista alemán. Foi profesor en Berlín, Lovaina e Liexa. Creador da teoría celular, expuxo a súa idea da célula como elemento primordial na constitución de animais e vexetais, nunha serie de Mikroskopische Untersuchungen. Investigou tamén sobre os nervios (célula de Schwann), a fisioloxía da dixestión e o movemento muscular.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático alemán. Fixo investigacións en xeometría diferencial, teoría de funcións, funcións elípticas, cálculo de variacións ou variables complexas. Estableceu a desigualdade que leva o seu nome.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Compositor. Coñecido como Jean Paul Egide Martini, estreou óperas como L’amoureux de quinze ans (1771), Henry IV (1774), Sapho (1794) e Annette et Lubin (1800), e compuxo a música da canción Plaisir d’amour.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Físico estadounidense. Estudou e doutorouse en Columbia (1939) e traballou posteriormente con R. J. Oppenheimer e foi profesor en Harvard (1945). Formulou a electrodinámica cuántica e introduciu a teoría cuántica de campos, polo que compartiu con R. P. Feynman e S. Tomonaga o Premio Nobel de Física de 1965.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor armenio. Nacionalizado italiano, estudou os pintores antigos, especialmente Il Caravaggio. Participou na escola de Montparnesse (1926), e cultivou un realismo fotográfico de cores vivas e un debuxo rigoroso. Escribiu La mia avventura (1963).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de plantas herbáceas, da familia das cariofiláceas, perennes ou anuais, de talos ramificados e follas opostas e sen estípulas. Presentan inflorescencias en glomerulos, e as flores non teñen pétalos. En Galicia atópase a especie S. annus, que medra en terras secas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor neerlandés. Discípulo de Jacob Cornelisz, foi influído por Gossaert. Viaxou por Alemaña, Venecia e Terra Santa (1519-1522). Con Adrián VI, foi conservador das antigüidades de Roma (1522-1524). Representou a escola romanista holandesa influída pola arte italiana do s XVI, especialmente veneciana. Destacan os seus retratos con fondos de paisaxe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Nome co que se coñece a London Metropolitan Police, corpo policial inglés. Fundado en 1829, o seu ámbito de actuación está circunscrito a Londres e aos seus arrabaldes. O nome provén do lugar onde estaban situados os seus cuarteis xerais, Great Scotland Yard, en Whitehall Place.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Actor cinematográfico. Coñecido como Randolph Crane, converteuse en prototipo do heroe do Oeste. Destacan os filmes Jesse James (1939), Western Union (1941), Colt 45 (1950), Comanche Station (1960), Guns in the Afternoon (1961) e Ride the High Country (1962).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Aleksadr Nikolajevič Skr’abin.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Escritor e tradutor. Especializado na tradución ao portugués de obras significativas de diferentes literaturas, escribiu en portugués (1959-1982), catalán e esperanto. Publicou Els exèrcits de Paluzie (1982), Coneixes Blaise Cendrars? (1984), Paisatge amb figures (1986), a compilación de contos Fer senyors a la Plaça Roja (1986). É autor tamén do Dicionario portugués-catalán (1985) e o Dicionario catalán-portugués (1989) e de varias antoloxías literarias.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Senado da república de Irlanda. Composto por 60 membros, forma, co Dáil Éireann, cámara de representantes, o Oireachtas ou parlamento.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antigo mosteiro masculino situado en Coristanco. Foi posesión da Igrexa de Santiago e en 1515 anexionouse a San Paio de Antealtares e converteuse en priorado feminino.

    VER O DETALLE DO TERMO