"An" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 28709.

  • PERSOEIRO

    Relixioso franciscano. Logo de percorrer toda a Península Ibérica, emigrou a Nueva España en1533 e estableceuse en Puebla de Labrador. Construía carros e carretas e foi domador de cabalos e nos últimos anos da súa vida tomou o hábito franciscano. O Papa Pío VI beatificouno en 1789. É patrón dos transportistas e condutores de vehículos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Rei de Portugal (1557-1578), fillo do infante Xoán e de Xoana de Austria. Sucedeu ao seu avó Xoán III cando tiña tres anos de idade, e durante a súa menoridade gobernou a súa avoa Catarina (1557-1562) e o cardeal Enrique (1562-1568). Declarado maior de idade aos 14 anos (1568), encomendoulle as tarefas de goberno a Martim Gonçalves de Càmara e Matinho Pereira. Movido por afáns expansionistas de cruzada contra os musulmáns, desembarcou en Marrocos (1578), pero o exército portugués foi desfeito en Qsar el Kebir.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Baía situada no NO de México, na costa occidental da península de Baixa California, no Océano Pacífico.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Mártir. Noméase na Depositio Martyrum (calendario romano do 354), que sinala tamén o lugar do sepulcro ad catacumbus (catacumbas de San Sebastián). Unha lenda do s V faino militar e atribúelle diversos martirios, sobre todo o de ser aseteado. A partir da peste do 680 é considerado protector, xunto con san Roque, contra a peste. Represéntase como un mozo imberbe, espido, só cuberto cun pano de pureza, coas mans atadas ao tronco dunha árbore   e ofrecedo o seu torso ás setas dos seus verdugos, as cales son o seu atributo persoal; ás veces viste armadura de mallas ou traxe militar dos romanos. A súa festividade celébrase o 20 de xaneiro.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo procedente do latín Sebastianus, derivado do grego sebastós, ‘digno de respecto, venerable’, que á súa vez procede de sébas, ‘veneración, reverencia’. Sebastós era un dos títulos que se lle daba ao emperador e aos membros da súa familia. Presenta as variantes Sebaschán e Bastián.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Fenómeno histórico mesianista que xurdiu en Portugal na segunda metade do s XVI, a raíz da crenza popular portuguesa de que o Rei Sebastián I de Portugal non morrera na Batalla de Qsar el Kebir (1578). O pobo portugués, baixo a dominación castelá, fundamentou as súas esperanzas de independencia no retorno do rei que, mitificado, converteuse no futuro liberador de Portugal. Presente na literatura portuguesa e divulgado polo poeta Bandarra, no s XVII, o Pai António Vieira adheriuse a este movemento, desenvolvendo na súa obra a idea do Quinto Imperio. No s XIX, no Frei Luís de Sousa de Almeida Garrett, trátase esta idea, así como no filme O Quinto Império, ontem como hoje (2004), de Manoel Cândido Pinto de Oliveira.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente ao sebastianismo.

    2. Partidario ou seguidor do sebastianismo.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Sebastiano Luciani.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Coñecido como Sebastiano del Piombo, foi discípulo de Giorgione. Participou na decoración do Fondaco dei Tedeschi en Venecia. En 1511 trasladouse a Roma, onde traballou dentro da órbita de Raffaello como nos frescos mitolóxicos da Farnesina, e, a partir de 516, colaborou a miúdo con Michelangelo. As súas obras amosan o propósito de unificar a melancolía e a cor venecianas (Pietá) co dramatismo espiritual e a monumentalidade de Michelangelo. Destacan La Risurrezione di Lazzaro (1517-1519), Nativitá della Virgine e o retrato de Andrea Doria.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que está moi seco.

    2. Terreo de cultivo moi seco que só se rega con auga de chuvia.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Que seca, absorbe líquidos ou serve para secar.

    2. papel secante.

    3. Emulsión de aceite, xeralmente de liñaza ou esencia de trementina, cun sal metálico (chumbo, manganeso, zinc, cobalto) que ten a propiedade de acelerar a oxidación dos aceites empregados en pintura.

    VER O DETALLE DO TERMO
      1. Aplícase ao par de liñas ou de superficies que se cortan.

      2. Aplícase á recta que corta unha circunferencia en dous puntos.

      3. Aplícase á recta que corta unha curva nun punto sen ser tanxente.

      4. Aplícase ao plano que corta unha superficie esférica segundo unha circunferencia.

      5. Aplícase ao plano que corta unha superficie ou unha curva sen ser tanxentes.

    1. Función sec: O q {(2k + 1) ð, k? M} D O definida por asignación x D 1/cos x, onde cos é a función coseno.

    2. Inversa de coseno dun ángulo: sec á =1/cos á.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Revista publicada en La Habana a partir de novembro de 1942. Cesou en xaneiro de 1944. Subtitulada “Órgano estudantil del Plantel Concepción Arenal” e sucesora de La Voz del alumno, do Centro Galego de La Habana, foi dirixida por Xosé Antonio García Antón. Reapareceu en 1949 baixo a dirección de Ariel de los Ríos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Astrónomo italiano. Sacerdote xesuíta, foi director do observatorio astronómico do colexio de Roma (1849). Analizou cun espectroscopio a luz das estrelas, elaborou un catálogo coas características espectrais de 538 estrelas e clasificounas en catro tipos distintos. Dedicouse tamén aos estudos solares e da cromosfera. Descubriu unhas formacións rectilíneas no planeta Marte, que denominou canais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Fisiólogo ruso. Foi o primeiro en facer experimentos fisiolóxicos co cerebro e afirmou que os reflexos poden ser innatos ou adquiridos e que a aprendizaxe é de natureza asociativa; o pensamento, por outra banda, é para el un reflexo inhibido.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Gramático e lexicógrafo. Doutor en Filoloxía Románica e catedrático de instituto, ingresou como académico numerario da Real Academia Española en 1980. Director (1981-1993) do Seminario de Lexicografía asumiu a dirección do Dicionario histórico de la lengua española en substitución de R. Lapesa. Das súas obras destacan Metodología de lengua y literatura españolas en el bachillerato (1961), Dicionario de dudas y dificultades de la lengua española (1961), Arniches y el habla de Madrid (1970, Premio Rivadeneira da Real Academia Española), Gramática esencial del español (1972), Dicionario breve de dudas de la lengua española (1979), Las palabras en el tiempo: los dicionarios históricos (1980), Estudios de lexicografía española (1987) e Dicionario del español actual (1999). Recibiu o Premio de Cultura de la Comunidad de Madrid (1999) e a Gran Cruz de la Orden Civil de Alfonso X el Sabio.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Historiador. Catedrático de Historia Xeral de España na Universitat de Barcelona e de Historia Contemporánea de España na Universidad Complutense de Madrid, investigou temas de historia de España dos ss XVII e XIX. Publicou Alfonso XIII y la crisis de la Restauración, La España de Alfonso XIII: el estado y la política, 1902-1931 (1995), en colaboración con J. Tusell. Foi membro numerario da Real Academia de la Historia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Organización política francesa constituída en 1905 para unificar as diversas correntes socialistas. Destacaron o Parti Socialiste de France de J. Guesde e E. Vaillant e o Parti Socialiste Français, dirixido por J. Jaurès. De definición marxista nos seus inicios, axiña se impuxo o reformismo humanitario e universalista de Jaurès. Asasinado este, o partido participou en gobernos de guerra, o que determinou que en 1920 a maioría da organización se escindise e fose creado o Parti Communiste. En 1934 aliouse con radicais e comunistas na Fronte Popular (1936-38), que levou á presidencia a León Blum. Co réxime de Vichy, o partido separouse ata 1968, cando se abriu un período de discusión entre as correntes socialistas, que levou á constitución do Parti Socialiste (1971).

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Relativo ou pertencente aos sécuanos.

    2. Individuo do pobo sécuano.

    3. Pobo da Galia, de orixe céltica, instalado entre Xura occidental e o río Saona, que tiña por capital Besançon. Aínda que se opuxeron a Xulio César, foron sometidos polos romanos (51 a C), despois o seu territorio uniuse ao lionés e converteuse na provincia Maxima Sequanorum durante o Baixo Imperio.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Aplícase á substancia que é empregada como antiincrustante por mor da súa capacidade para impedir a precipitación das sales cálcicas ou magnésicas.

    2. Reactivo pertencente a unha grande variedade de tipos funcionais, que teñen a propiedade de formar complexos definidos e solubles, de grande estabilidade, con diversos catións metálicos, secuestrándoos do contorno que os contén. Os axentes secuestrantes son reactivos quelantes e teñen aplicación en análise química (EDTA; oxina). Os axentes secuestrantes teñen un gran número de aplicacións industriais, entre as que hai que mencionar a suavización de augas duras, como tamén a prevención da oxidación de diferentes materiais.

    VER O DETALLE DO TERMO