"Bo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4083.
-
-
Inflorescencia na que os pedúnculos florais nacen a distintas alturas do talo e as flores acadan o mesmo nivel. Un caso de corimbo é a inflorescencia da pereira.
-
Motivo decorativo que adopta esta forma. Emprégase principalmente na decoración de vasos.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Semellante a un corimbo.
-
MONTES
Monte da serra do Careón, situado no límite entre as parroquias de Xía e Carballo (no concello de Friol). O seu cumio acada os 755 m de altitude.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Constelación do hemisferio boreal situada entre as de Hércules e a da Serpe. É moi pequena, pero de forma ben definida, posto que sete das súas estrelas principais debuxan un arco de círculo no firmamento. Ten 36 estrelas visibles a simple vista, das que α-Coronae Borealis, de segunda magnitude, é unha dobre espectroscópica situada a 71 anos luz, cuns compoñentes de magnitudes 2,31 e 2,42.
-
CABOS
Cabo da costa do Pacífico, no estado de Jalisco, México, situado ao SO de Puerto Vallarta. Polo S pecha a baía de Banderas.
VER O DETALLE DO TERMO -
-
Acción e efecto de corroborar ou corroborarse.
-
Parte do corpo dun documento que segue á sanción, composta por una relación de claúsulas de validación que garanten o cumprimento das formalidades necesarias para dar validez legal ao documento.
-
-
-
Que corrobora.
-
Medicamento que ten a propiedade de vigorizar o organismo.
-
-
-
Fortalecer o que estaba débil ou en malas condicións físicas.
-
Asegurar a veracidade de algo, do que xa se tiña coñecemento.
-
Confirmarse nalgunha cousa.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Que corrobora.
-
PENÍNSULAS
Península de Córsega que constitúe a parte máis setentrional da illa e que remata no cabo Corso, do que recibe o nome.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Raíña de León e Castela, filla do duque Roberto de Borgoña. Casou con Hugo II, conde de Chalons-sur-Saône, e colaborou no goberno axudando os monxes de Cluny ata que enviuvou. En 1080 casou en segundas nupcias con Afonso VI. Influíu na política do seu marido, conseguiu privilexios para os monxes de Cluny e impulsou a loita contra os musulmáns.
VER O DETALLE DO TERMO -
PARROQUIA
Parroquia do concello de Mondoñedo baixo a advocación de santa María Madanela.
VER O DETALLE DO TERMO -
IGREXAS
Igrexa parroquial situada en Mondoñedo. Foi un priorado beneditino que se reformou no s XX. Consta dunha nave e dunha ábsida con cuberta de madeira. No interior destaca un retablo do s XIX procedente do mosteiro de Vilanova de Lourenzá, coas imaxes de santa María Madanela, san Xosé, santo Antón e o Neno Xesús. Na fachada principal destaca unha espadana de dous corpos e tres vans.
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Inspector médico. Licenciado en Medicina e Cirurxía e en Xornalismo. Foi deputado na lexislatura constituínte (1977-1979) no Congreso de los Diputados pola Unión de Centro Democrático (UCD). Entre outros cargos, exerceu como director da Residencia Sanitaria de Vigo e do Hospital Xeral de Galicia. Recibiu, entre outros galardóns, a Orden del Mérito Constitucional, a Medalla de Oro Constitucional e a Medalla de Oro da Federación de Baloncesto.
VER O DETALLE DO TERMO -
GALICIA
Sacerdote e investigador. Estudiou no Seminario Maior de Santiago de Compostela, onde se ordenou en 1895 e do que foi profesor. As súas investigacións centráronse nos eidos da arqueoloxía e da historia. Colaborador do Boletín de la Real Academia Gallega, publicou entre outros artigos “Los juegos y danzas en las fiestas compostelanas” (1925), “Palacios y fortalezas en la Mitra de Santiago antes de la guerra hirmandina” (1926) e “El hospital de San Lázaro de Santiago” (1928). Escribiu La guerra hirmandina: s XV (1926), Fray Rafael de Vélez y el seminario de Santiago (1927), Galicia artística en el siglo XVIII y primer terzo del siglo XIX (1932), La Guerra de Sucesión en Galicia (1935) e La pintura gallega (1950). Renunciou ao seu nomeamento como académico da Real Academia Galega.
VER O DETALLE DO TERMO -
PUNTA
Punta do extremo nororiental da Illa de Ons, na parroquia homónima do concello de Bueu, situada ao SL da punta Centolo.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Romaría que se celebra o 11 de xuño nunha ermida da parroquia de Piñor, no concello de Barbadás. Preto da ermida hai unha pedra furada, denominada Penedo Vigón, que ten sona de milagreira, indicada para curar o raquitismo, as verrugas, os tumores e as feridas, así como as doenzas da infancia. O día da romaría a nai e a madriña introducen os pequenos doentes polo furado da Pedra Vigón, pregando a san Bieito que os sande. A romaría é moi concorrida pola xente de Ourense e a súa comarca.
-
VER O DETALLE DO TERMO
aqueiro do oeste norteamericano. Coñecido en México dende o s XVII, esta palabra foilles aplicada despois aos gardiáns dos grandes rabaños en Texas. A súa figura converteuse nun símbolo do far west.
-
GALICIA
Xornalista e escritor. Empregou os pseudónimos El anfibio, El caricato habanero e El lindoro, entre outros, e publicou El látigo del anfibio (1836) e Sátiras (1838).
VER O DETALLE DO TERMO -
CABOS
Cabo que constitúe o extremo oriental da Península Ibérica, situado no sector do litoral mediterráneo denominado Costa Brava, na provincia de Girona. O seu contorno recibiu a declaración de Parque Natural.
VER O DETALLE DO TERMO