"CIO" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 4772.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relación que dá o valor da aceleración da gravidade g (en cm/s2) en función da latitude ø e da altitude H (en cm). A fórmula é: g= 980,616- 2, 5928 cos 2ø + 0,0069 cos2 2ø - 3,086·10-6 H.
-
ENTRADA LARGA
Ecuación diferencial en derivadas parciais que ten por expresión
FORMULA
onde K é un escalar. Aparece á hora de buscar solucións das ecuacións dadas.
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Función termodinámica F definida pola ecuación F = U - TS, onde U é a enerxía interna, T a temperatura absoluta e S a entropía. Denomínase tamén enerxía libre de Helmholtz e, cando un sistema sofre unha transformación isotérmica reversible, a correspondente diminución da función de Helmholtz é igual ao traballo total efectuado polo sistema.
-
-
helvético.
-
Individuo do pobo helvecio.
-
Pobo celta instalado no s I a C entre Suíza e Alemaña. En 58 a C tentaron establecerse na Galia occidental, pero César obrigounos a recuar, e fundou colonias que serviron como marcas militares. Despois da división administrativa de Augusto, esta rexión foi incorporada á Galia Bélxica. Cara a 260, a presión dos pobos xermánicos obrigounos a refuxiarse nas montañas.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Técnica de detección de anticorpos sanguíneos, xa sexa da mesma especie, isohemoaglutinación, ou de especies diferentes, heteroaglutinación.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Incremento do valor do hematócrito do sangue a causa da diminución do volume de plasma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Diminución do valor do hematócrito do sangue a causa dun aumento de volume do plasma.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Ecuación que expresa a variación do valor do pH nun proceso de neutralización en función da constante de acidez K<J>A</J> e da relación C<J>S</J> /C<J>A</J> entre as concentracións de sal e ácido, segundo a fórmula pH = pK<J>A</J> + log (C<J>S</J> /C<J>A</J>). Esta ecuación é só aplicable para os valores de pH entre 4 e 10.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Alteración que afecta un órgano, xeralmente os pulmóns, dunha maneira tal que este adopta un aspecto e unha consistencia parecida á do fígado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Fundación sen ánimo de lucro constituída o 23 de xuño de 1988 cos obxectivos de fomentar a actividade deportiva en Galicia entre os nenos e mozos galegos e axudar ao deporte de elite e competición.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Acción e efecto de herborizar.
-
VER O DETALLE DO TERMO
hertz.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Grupo editorial fundado na Coruña en 1985 e presidido por Francisco Rodríguez Iglesias. Está formado por Hércules de Edicións en Galicia, Hércules Astur de Ediciones en Asturias, Publicaciones Comunitarias en Andalucía e mais a Fundación Rodríguez Iglesias, establecida en 1997. O seu labor fundamental céntrase na difusión do Proxecto Galicia, conformado por 50 tomos que atenden as áreas de historia, xeografía, cartografía, antropoloxía, literatura, arte e natureza.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Funcións en O definidas por , onde H n(x) = e-x2 Hn(x) é un polinomio de Hermite ↑ .
-
GALICIA
Mestre. Durante a Segunda República foi mestre en Tamallancos e foi un dos principais dinamizadores da ATEO e da súa revista Escuela del Trabajo. Destacou polas súas preocupacións filolóxicas e publicou artigos en La Zarpa (desde 1930), co alcume de Doctor Íñigo, e os folletos La investigación filológica, Las Jergas gallegas e Vocabulario típico panameño, no exilio en Panamá (desde 1941) . Foi un dos represaliados da revolución de outubro (1934) e pasou uns meses no cárcere. Durante o seu exilio en Venezuela foi profesor no Instituto de Cojedes, onde publicou o libro Historia de San Carlos de Cojedes. No terreo pedagóxico, centrou o seu interese nas cuestións didácticas e metodolóxicas dos militantes da ATEO. Dinamizou a formación do profesorado a través de Centros de Colaboración Pedagóxica, antes de que o propio ministerio os crease, e publicou series de artigos didácticos titulados “Por la Revolución didáctica” en Escuela del Trabajo,...
VER O DETALLE DO TERMO -
VER O DETALLE DO TERMO
Proceso de condensación da cromatina en heterocromatina, que implica a perda da actividade dos xenes implicados.
-
-
-
Conxunto de fenómenos biolóxicos provocados polo inverno na maior parte dos homotermos e nalgúns poiquilotermos e que lles serve para resistir o medio máis desfavorable illándoos. O ritmo vital mingua, a temperatura corporal é un ou dous graos centígrados máis alta ca a ambiental, a frecuencia cardíaca e a respiratoria son moi febles e o animal non come nin se move e dorme.
-
Período de inactividade, inercia ou improdutividade.
-
-
Procedemento aplicado aos aceites comestibles que consiste nun arrefriamento a baixas temperaturas e unha posterior decantación do aceite líquido que flota, para separalo das estearinas insolubilizadas. Conséguese así un aceite límpido e transparente que non se enturba co frío.
-
Diminución dos procesos metabólicos celulares mediante certo tipo de drogas e refrixeración orgánica por medios físicos.
-
-
-
Acción e efecto de hibridar. Ten unha grande importancia económica e biolóxica, posto que aumenta a variabilidade xenética e permite cambios adaptativos e de comportamento, entre outros.
-
Fenómeno que se produce cando dous ou máis orbitais de niveis enerxéticos próximos, e que teñen os mesmos elementos de simetría, se combinan para dar o mesmo número de orbitais híbridos, equivalentes, e de niveis enerxéticos máis baixos. Os orbitais poden hibridarse en diversas proporcións segundo o enlace formado, para chegar a unha configuración de menor enerxía, e a xeometría dunha molécula vén determinada pola hibridación dos enlaces que a forman. Cando un átomo de carbono só ten un dos seus orbitais p hibridado co orbital s, dise que presenta hibridación sp, que dá lugar a unha molécula lineal. Estes átomos de carbono sp atópanse en compostos con triple enlace e con dobres enlaces acumulados. Cando un átomo de carbono ten dous orbitais p hibridados co orbital s, dise que presenta hibridación sp 2 ; ten tres orbitais sp 2 equivalentes coplanarios formando ángulos de 120°, e atópanse en moléculas...
-
Fusión da membrana de diversas células que dá lugar a unha gran célula dotada de tantos núcleos como células orixinais tiña.
-
-
Técnica que consiste en separar as dúas cadeas do ADN bicuaternario e a asocialas posteriormente con cadeas do ADN ou de ARN doutras especies ou individuos, ou ben do mesmo. Emprégase esta técnica nos estudios de taxonomía xenética e de expresión xenética dos cromosomas.
-
Técnica de inserción de xenes dentro do cromosoma dun microorganismo para que sintetice moléculas ou realice funcións que orixinalmente non lle son propias, como a síntese de insulina ou a fixación de nitróxeno por parte de Escherichia coli.
-
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Antropónimo masculino que procede do grego Hydatios a través do latín Hydatius, derivado de hydatís ‘pedra preciosa’.