"eo" (Contén)
Mostrando 20 resultados de 3592.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Abadexo de pequeno tamaño.
-
-
Temperatura en que ocorreu un proceso xeolóxico do pasado, por exemplo, a temperatura dun metamorfismo rexional ou dunha cristalización.
-
Temperatura media do clima ou do mar nun momento determinado da historia xeolóxica. Para determinala, hai que basearse na relación de isótopos de osíxeno O 18 /O 16 , que están contidos en determinados compostos como os carbonatos. Esta relación depende da temperatura de formación.
-
-
-
Relativo ou pertencente aos paleoterios.
-
Placentario fósil da familia dos paleoterios.
-
Familia de placentarios, da orde dos perisodáctilos, que forman unha liña paralela á dos équidos. Presentan os molares semellantes aos dos rinocerontes e o cúbito e o radio separados. Son fósiles do Eoceno europeo.
-
-
-
Relativo ou pertencente ao reino paleotropical.
-
Reino bioxeográfico que comprende as rexións cálidas do Vello Mundo. Ten unha flora moi rica, con algunhas familias endémicas e moitas outras en común co reino neotropical. Nas súas zonas ecuatoriais, con chuvias abundantes durante todo o ano, prospera a pluvisilva, de gran riqueza florística e estrutural. Nas zonas tropicais cunha estación seca hai bosques xerófilos de árbores caducifolias ou esclerófilas, e sabanas. Nas montañas hai prados e no litoral son típicos os mangleirais.
-
-
VER O DETALLE DO TERMO
Subsistema ou subperíodo inferior do Terciario, que comprende desde os -65 ata os -24,6 millóns de anos. Está composto polas series ou épocas do Paleoceno, Eoceno e Oligoceno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Paleóxeno.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da xeoloxía que estuda as condicións xeográficas da superficie terrestre ao longo das eras xeolóxicas. Analiza e describe a distribución das terras e dos mares, os sistemas montañosos, as redes hidrográficas, os lagos, a expansión glaciaria, os volcáns, os climas, o reparto das masas vexetais e a fauna. Ocúpase tamén dunha serie de fenómenos, como o desprazamento dos polos ou variación das radiacións solares, que en certa maneira puideron influír na xeografía do pasado. Aínda que o seu dominio comeza coa formación dos primeiros continentes e océanos, comprende esencialmente as eras Primaria, Secundaria, Terciaria e parte da era Cuaternaria. Os métodos de investigación desta ciencia baséanse nas ciencias máis afíns, é dicir, a xeoloxía (estratigrafía, litoloxía ou tectónica), a paleontoloxía (fósiles) e as ciencias da natureza en xeral.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especializada en paleoxeoloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Rama da xeoloxía que estuda a historia xeolóxica, ou as características fisiográficas dun período xeolóxico anterior a un tempo determinado.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Primeira era do Fanerozoico, que se sitúa entre o Precámbrico e o Mesozoico. Está comprendido entre os -590 e os -248 millóns de anos. En Europa adoita dividirse en Paleozoico Inferior (que comprende os períodos Cámbrico, Ordovícico e Silúrico) e Paleozoico Superior (que comprende os períodos Devónico, Carbonífero e Permiano). Os materiais rochosos do Paleozoico son de todo tipo, e abundan os xistos, as cuarcitas e as calcarias. OBS: Tamén se denomina Era Primaria ou Era dos Trilobites.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ao Paleozoico.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Persoa especializada en paleozooloxía.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Parte da paleontoloxía que estuda os animais fósiles.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Xénero de fungos basidiomicetos, da orde dos agaricais, que presentan un sombreiro acampanado, de cor parda ou gris, coa cutícula moi lisa, láminas pequenas pardas ou negras, e o pé delgado e grisáceo. Algunhas especies deste xénero teñen efectos alucinóxenos como P. sphintrinus.
-
VER O DETALLE DO TERMO
Relativo ou pertencente ás festas panateneas.
-
VER O DETALLE DO TERMO
colecistoquinina.
-
-
Relativo ou pertencente ás pandanáceas.
-
Planta da familia das pandanáceas.
-
Familia de plantas leñosas arborescente ou lianoides, da orde das pandanais, que presentan frecuentemente raíces aéreas ou paliformes, follas trísticas, lanceoladas e en forma de serra, flores unisexuais, dispostas en espádice, e froitos sincárpicos carnosos. Comprende case 300 especies de distribución paleotropical.
-
-
PERSOEIRO
Poeta. Fillo de Leopoldo Panero e irmán de Juan Luis Panero Blanch, ingresou no Partido Comunista na clandestinidade, polo que foi levado a prisión. Coñecido como o último “poeta maldito” das letras hispánicas, a súa obra caracterízase pola ruptura coas convencións literarias e ideolóxicas, dentro das correntes tremendistas e ultraístas, con composicións marcadas pola melancolía e o rexeitamento existencial. Iniciouse no mundo poético con Por el camino de Swan (1968), ao que seguiron Poemas del manicomio de Mondragón (1987), en que aparecen reflitidas algunhas das súas experiencias nun centro psiquiátrico; Tensó (1997) e Erección del labio sobre la página (2001); ademais dos libros de narrativa En lugar del hijo (1976) e Palabras de un asesino (1992), e o ensaio Prueba de vida. Autobiografía de la muerte (2002).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Poeta. Formado no ámbito da revista Garcilaso, nos seus primeiros libros partiu da experiencia e dos postulados teóricos do garcilasismo. Xa na época de madurez profundizou no dadaísmo e no surrealismo. Da súa obra destacan La estancia vacía (1944), Escrito a cada instante (1949, Premio Nacional de Literatura), Canto personal (1953), unha réplica ao Canto general de Neruda; e Cándida (1960). Gran parte da súa obra recolleuse no volume póstumo Poesías (1963).
VER O DETALLE DO TERMO -
PERSOEIRO
Economista e político italiano. Simpatizante do Partito Nazionale Fascista, defendeu o intervencionismo económico. Das súas obras destacan Erotemi di economia (1925 e, Principi di economia pura (1889).
VER O DETALLE DO TERMO