paleotemperatura
paleotemperatura
(
-
s
f
[XEOL]
Temperatura en que ocorreu un proceso xeolóxico do pasado, por exemplo, a temperatura dun metamorfismo rexional ou dunha cristalización.
-
s
f
[ESTRATIG]
Temperatura media do clima ou do mar nun momento determinado da historia xeolóxica. Para determinala, hai que basearse na relación de isótopos de osíxeno O 18 /O 16 , que están contidos en determinados compostos como os carbonatos. Esta relación depende da temperatura de formación.