paleotropical
paleotropical
(< paleo- + tropical)
-
adx
Relativo ou pertencente ao reino paleotropical.
-
reino paleotropical
[BIOL/XEOG]
Reino bioxeográfico que comprende as rexións cálidas do Vello Mundo. Ten unha flora moi rica, con algunhas familias endémicas e moitas outras en común co reino neotropical. Nas súas zonas ecuatoriais, con chuvias abundantes durante todo o ano, prospera a pluvisilva, de gran riqueza florística e estrutural. Nas zonas tropicais cunha estación seca hai bosques xerófilos de árbores caducifolias ou esclerófilas, e sabanas. Nas montañas hai prados e no litoral son típicos os mangleirais.