"Bo" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4083.

  • PERSOEIRO

    Actor e realizador cinematográfico norteamericano. Coñecido como James Cruze, especializouse no cine mudo con The Covered Wagon (A caravana de Oregón, 1923) e Beggar on Horseback (Jazz) (1925), e contribuíu a forxar o clasicismo cinematográfico norteamericano. Como actor interpretou, entre outras películas, Tannhauser (1913) e The twenty million dollar mystery (O misterio dos vinte millóns de dólares, 1915). Como realizador dirixiu Sailor be good (É bo ser mariñeiro, 1933), entre outros filmes.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de réptiles mariños da familia dos sastasáuridos, de ata 10 m de lonxitude e de corpo estreito, mandíbulas alongadas de dentes pequenos e numerosos, e patas curtas transformadas en aletas. Son propios de finais do Triásico e os xacementos máis importantes están localizados en EE UU.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Novelista e xornalista. Destacan as súas reportaxes Makatka z jeleniem (Tapiz cun cervo, 1961) e as novelas Pokolenie (Unha xeración, 1951), Tren (A queixa, 1961) e Powódź (A inundación, 1975).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Xénero de arbustos, da familia das ericáceas, de ata 50 cm de altura. Presenta follas perennes e elípticas de 15 mm de lonxitude e bordos revirados que se dispoñen de xeito alterno. As flores son tetrámeras e dispóñense en acios terminais e os pétalos, de cor púrpura, están soldados formando un vaso longo. En Galicia está presente a especie D. cantabrica como elemento formador das matogueiras e sebes ou debaixo dos piñeiros. Recibe a denominación popular de queiroa.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Guinea (6.000 km2; 97.986 h [1983]). A capital é Dabola (6.500 h[1983]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • En cantidade suficiente.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Provincia da República Dominicana (1.021 km2; 68.606 h [estim 1993]). A agricultura e a gandería son as principais actividades económicas, entre as que destacan o cultivo de arroz e millo e a cría de gando vacún e caprino. A capital é Dajabón (10.896 h [1982]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • REXIÓNS

    Rexión de Mauritania (22.300 km2; 83.246 h [estim 1992]). A capital é Nouadhibou (88.313 h [1988]).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor. Discípulo de Morelli, cultivou a paisaxe e a pintura de carácter folclorista na que recolleu imaxes tradicionais napolitanas. Entre as súas obras destaca Da Frisio a Santa Lucia.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • RIOS

    Río de Romanía que nace nas montañas Fāgāraş, nos Cárpatos, atravesa a chaira do Danubio e desemboca, despois dun percorrido de 250 km, en Budeşti, no río Argeş.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Judeţ de Romanía (4.054 km2; 552.865 h [estim 1999]). A capital é Târgovisţe.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintora. A súa infancia transcorreu en Curtis ata que en 1939 se trasladou á Coruña, onde comezou a debuxar e pintar da man de Dolores Díaz Baliño. As súas primeiras obras foron retratos, paisaxes e naturezas mortas realizadas coa técnica da acuarela. En 1950 fixo a súa primeira exposición e en 1952, tralo seu casamento co xornalista Celso Collazo, trasladouse a Madrid, onde estudiou no Círculo de Bellas Artes e na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando. Ampliou a súa formación coas bolsas do ministerio de Educación Nacional (1954) e da Fundació Joan March (1959) e viaxou a Italia. Influenciada pola Escuela de Madrid, centrouse na paisaxe e, en concreto, na galega, tanto rural coma mariñeira. Ademais realizou tipoloxías populares e temas aldeáns, retratos e pequenas escenas portuarias. Nas súas primeiras obras empregou a acuarela, despois traballou o óleo. A súa pintura caracterizouse pola sinxeleza, por unha linguaxe elemental, na que utilizou cores vermellas, azuis e amarelas de...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PARROQUIA

    Parroquia do concello de Cangas baixo a advocación de santa María.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Capela situada en Darbo. Trátase dunha construción románica de principios do s XIII, formada por unha soa nave e unha ábsida rectangular á que se accede por medio dun arco triunfal de medio punto. Na ábsida destacan dúas cruces antefixas: unha cruz latina con círculo central e sostida por un Agnus Dei, e outra de Santo Andrés ou de entrelazo. No hastial do testeiro da nave consérvase outra cruz antefixa da época románica. Na nave destaca unha fiestra abucinada que se abre no muro norte da nave. No exterior destacan a portada occidental encalada, na que se atopa un tímpano que presenta unha cruz potenzada inscrita nun círculo e tallada con relevo a bisel, e os canzorros de proa que sosteñen os beirís.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Construción situada en Darbo da que se conservan algúns restos en estado ruinoso. Pertenceu ao señorío compostelán e menciónase na Historia Compostelana como refuxio dos inimigos, entre outros, de dona Urraca, Paio Gudesteiz e Rabinado Núñez.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Matemático francés. Catedrático de Xeometría Superior na Université de la Sorbonne. Publicou memorias sobre o estudo das superficies ortogonais, ecuacións diferenciais de segunda orde en derivadas parciais, aproximación de funcións, funcións descontinuas, etc. A súa obra Leçon sur la théorie générale des surfaces et les applications géométriques du calcul infinitésimal (Lección sobre a teoría xeral das superficies e as aplicacións xeométricas do cálculo infinitesimal, 1887-1896) constitúe unha síntese de traballos realizados nos campos da xeometría e do cálculo durante o s XIX. Desenvolveu tamén unha nova teoría sobre as superficies alxébricas.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Artista plástica alemana. Formouse na Escola de Belas Artes de Hamburgo. Viviu en Nova York (1966-1968), onde se relacionou cos minimalistas e con Sol Lewitt. En 1967 realizou a súa primeira exposición individual e, a partir de 1968, comezou a crear calendarios expostos en columnas. Entre outras mostras participou na Documenta de Kassel (1972-1982). Dende 1973 reescribe obras literarias, entre outras A Eneida.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Saxofonista e clarinetista de jazz norteamericano. Coñecido como Joe, en 1923 tocou na Martel Family Band e, posteriormente, en St. Louis e nos river-boats con Ch. Creath e mais F. Marable. Nos anos corenta, estableceuse na Costa Oeste e traballou con K. Ory e W. Manone; nos cincuenta traballou con T. Buckner e dirixiu os Dixie Flyers; e na década dos sesenta ingresou nos All Stars de L. Armstrong, logo de traballar nun river-boat teatral en Disneyland. Entre os seus éxitos sobresae Yellow Dog Blues (1958).

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Pintor e litógrafo estadounidense. Estudiou no Art Institute of Chicago e na Art Students League de Nova York. A súa obra evolucionou dende o paisaxismo onírico e visionario ata composicións cubistas. Traballou para a fábrica de tapices dos Gobelinos en París. Pertenceu ao grupo The Eight e presidiu a Society of Independent Artists que organizou a mostra Armory Show (1913).

    VER O DETALLE DO TERMO