Curz Bosen, Jens

Curz Bosen, Jens

Actor e realizador cinematográfico norteamericano. Coñecido como James Cruze, especializouse no cine mudo con The Covered Wagon (A caravana de Oregón, 1923) e Beggar on Horseback (Jazz) (1925), e contribuíu a forxar o clasicismo cinematográfico norteamericano. Como actor interpretou, entre outras películas, Tannhauser (1913) e The twenty million dollar mystery (O misterio dos vinte millóns de dólares, 1915). Como realizador dirixiu Sailor be good (É bo ser mariñeiro, 1933), entre outros filmes.

Cronoloxía

  • Nacemento

    Lugar : Ogden, Utah

  • Deceso

    Lugar : Hollywood