"CIO" (Contén)

Mostrando 20 resultados de 4772.

  • Capa de hifas procedentes da medula e que forma a base sobre a que se erixe o himenio dos apotecios.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Diminución da entrada habitual de aire da respiración normal.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de hixienizar.

    2. Conxunto de procesos tecnolóxicos de conservación que se efectúan no leite natural co fin de destruír os posibles xermes patóxenos e unha parte dos non patóxenos sen modificar outras características e calidades.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Ecuación que determina a variación da constante de equilibrio químico K en función da temperatura. Vén expresada por (∂[ lnK ]/∂T)p = ΔH0/RT2, ΔH0 , sendo a variación de entalpia na reacción en condicións normais, R a constante dos gases e T a temperatura absoluta.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción na que os hidróxidos de amonio cuaternarios, nos que un dos substituíntes do nitróxeno ten polo menos un átomo de hidróxeno na posición β, se descompoñen, ao quentalos, e dan unha olefina e unha amina terciaria.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Reacción de transposición que constitúe a etapa clave da conversión dunha amida noutra cun átomo de carbono menos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Proceso evolutivo seguido por un conxunto de formas sucesivas de primates que van adquirindo progresivamente os trazos anatómicos que son exclusivos da nosa especie. Trata, polo tanto, dun proceso no que actualmente se atopa representada unha única especie, Homo sapiens, pero que no decurso do tempo se diversificou dando formas que se extinguiron e outras que foron cambiando polos mecanismos biolóxicos da evolución. Entre os sucesos evolutivos que conduciron á aparición do home, Darwin enumera catro feitos clave, como son a terrestralización, o bipedismo, a encefalización e a civilización ou culturización, habendo discrepancia entre os autores respecto á orde dos acontecementos. Actualmente está xeralmente aceptado que a liña evolutiva que conduce aos australopitecinos orixinouse no Oligoceno (entre 32 e 28 millóns de anos) a partires dunha especie de primate fósil (Aegyptopithecus), que é considerado o antecesor de todos os catarrinos (cercopitécidos, hilobátidos, pónxidos e homínidos),...

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de homologar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción e efecto de homopolimerizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de homoxeneizar.

    2. Tratamento aplicado ao leite para evitar a separación da nata. Consiste en reducir e uniformizar relativamente a dimensión dos glóbulos de graxa, mediante o paso a presión do leite por orificios pequenos, ou por outros procedementos, co fin de conseguir unha emulsión máis estable.

    3. Operación farmacéutica que ten por obxecto obter unha mestura homoxénea a partir de dúas substancias ou máis, miscibles ou non.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Antropónimo masculino que procede do xentilicio latino Horatius, probablemente derivado do etrusco Huras. A lenda romana fala de varios personaxes con este nome, algúns míticos. Horacio Cocles o Chosco (s VI a C) foi un heroe lendario da estirpe romana Horacia que, segundo a tradición, protexeu a ponte Sublicia de Bigas para impedir que o exército etrusco, comandado polo Rei Porsenna, entrase e cruzase o Tíber; finalmente, foi destruída e Horacio perdeu un ollo na batalla, da aí o alcume. Os tres Horacios foron os heroes, que, representando a Roma, pelexaron contra os tres Curiacios, campións de Alba Longa, durante o reinado de Tulio Hostilio (s VII a C), para decidir o destino das cidades que representaban; feridos os tres Curiacios e mortos dous Horacios, o terceiro, facendo que fuxía, matou os Curiacios a eito. Esta vitoria romana inspirou diversas obras artísticas, literarias e musicais.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Poeta latino, fillo dun liberto da gens Horatia. En Atenas, Bruto nomeouno tribunus militium do seu exército pero, na batalla de Filipos (42 a C), evidenciouse a súa falta de aptitude para a arte militar e regresou a Roma. Tras ver confiscadas polo triunvirato as propiedades de seu pai, púxose a traballar como scriba quaestorius. Cara ao 38 a C entrou no círculo artístico de Mecenas, por medio do seu amigo Virxilio, e logo no do emperador Augusto. A súa poesía divídese en catro xéneros: epodos, sátiras, odas e epístolas. Os Epodos (Epodoi, 40-31 a C) son dezasete poemas de metro iámbico, inspirados especialmente na obra de Arquíloco e na poesía grega helenística; abarcan desde os poemas amorosos ás invectivas ou ás referencias políticas, sociais e literarias. As Sátiras (Saturae, 37 a C?) son dezaoito poemas, invectivas persoais e retratos irónicos do seu tempo divididos en dous libros, en hexámetros, con amplos recursos estilísticos,...

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción de horripilar ou horripilarse.

    2. Contracción brusca e repentina dos músculos erectores do pelo, xeralmente con fins defensivos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • PERSOEIRO

    Debuxante e ilustrador. Coñecido como Nachortas, colaborou en diversos cómics e xornais, como Das Capital, Can Sen Dono e Diario 16 de Galicia, e nas editoriais Galaxia, Edicións Xerais de Galicia e Do Cumio. Tamén participou na elaboración de carteis para distintos eventos, como a Semana del Humor en Lepe (Huelva, 1990) e a Muestra Internacional del Humor (Cuba, 1992). A súa obra está exposta no Museo do Humor de Fene.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Institución asistencial de carácter benéfico destinada ao asilo de persoas desvalidas ou a nenos abandonados ou orfos.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de hospitalizar.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Transformación de restos vexetais en hulla.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de humanizar ou humanizarse.

    2. Acción humana que altera unha paisaxe ou un ecosistema, correntemente no sentido de degradalo.

    VER O DETALLE DO TERMO
    1. Acción e efecto de humectar ou humectarse.

    2. Operación de conferir ao aire, a un tecido ou a outro elemento, un grao de humidade determinada.

    VER O DETALLE DO TERMO
  • Acción de humidificar.

    VER O DETALLE DO TERMO